Sintra
Coordenadas: 38°47′57″N 9°23′18″O / 38.79917, -9.38833
Sintra é un concello e vila portuguesa sede do mesmo situado na provincia de Lisboa. Malia ser a capital, a vila de Sintra non é a freguesía máis poboada, pois o concello sintrense abrangue espazos intensamente urbanizados con espazos de carácter rural. O concello de Sintra conta cun total de 11 freguesías (20 antes da reforma administrativa do ano 2013). Sintra é un dos centros turísticos máis destacados de Portugal á vez que un espazo urbano suburbio da cidade de Lisboa, da cal dista 25 km.
Sintra | |||
---|---|---|---|
Palacio da Pena, en Sintra. | |||
Localización | |||
País | Flag of Portugal.svg Portugal | ||
Rexión | Lisboa | ||
Subrexión | Grande Lisboa | ||
Distrito | Lisboa | ||
Xeografía | |||
Superficie | 319,23 km² km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 380 934 hab. (2013) | ||
Densidade | 1 193,29 hab/km² | ||
Xentilicio | Sintrense | ||
Outros datos | |||
Código postal | 2714-501 Sintra | ||
Alcalde | Basílio Horta (PS) | ||
cm-sintra.pt |
DemografíaEditar
A poboación era, no ano 2013 de 380.934 habitantes[1]. Esta non se establece de xeito uniforme polo territorio sintrense, senón que dentro dos seus límites son diferenciados espazos puramente rurais (norte e oeste do concello) e espazos totalmente urbanizados (sur e leste). Catro das once freguesías (Casal de Cambra, Colares, UF Almargem do Bispo-Pêro Pinheiro-Montelavar e UF S. Joao das Lampas-Terrugem) suman en total menos do 15% da poboación pese a ocuparen o groso da extensión do municipio.
Patrimonio da HumanidadeEditar
Paisaxe cultural de Sintra | |
---|---|
Palacio da Pena | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Portugal |
Localización | 38°47′50″N 9°23′26″O / 38.79722, -9.39056 |
Tipo | Cultural |
Criterios | II, IV, V |
Inscrición | 1995 (19ª sesión) |
Rexión da UNESCO | Europa e América do Norte |
Identificador | 723 |
Na vila de Sintra, situada aos pés da serra do mesmo nome, atópase un importante recinto histórico que, xunto co palacio da Pena e o castelo dos Mouros, forman un Patrimonio da Humanidade da UNESCO.
FreguesíasEditar
As freguesías de Sintra son as seguintes:
Galería de imaxesEditar
Cabo da Roca, (Sintra)
NotasEditar
- ↑ Instituto Nacional de Estatística. "População residente (N.º) por Local de residência (NUTS - 2013), Sexo e Grupo etário; Anual - INE, Estimativas Anuais da População Residente". Consultado o 11-10-2015.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sintra |
Ligazóns externasEditar
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |