Mafra
Mafra é unha vila portuguesa no distrito de Lisboa, rexión de Lisboa e subrexión de Grande Lisboa, con preto de 77 000 habitantes.
Mafra | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Palacio de Mafra. | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Rexión | Lisboa | ||
Subrexión | Grande Lisboa | ||
Distrito | Lisboa | ||
Xeografía | |||
Superficie | 291.42 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 77785 hab. (2011) | ||
Densidade | 262,94 hab/km² | ||
Xentilicio | Mafrense | ||
Outros datos | |||
Código postal | 2640 | ||
Alcalde | Hélder Sousa e Silva (PSD) | ||
www.cm-mafra.pt |
SituaciónEditar
É a sede dun municipio con 291,42 km² de superficie e 54 358 habitantes (2001), subdividido en 17 freguesías.
O municipio está limitado ao norte polo municipio de Torres Vedras, ao nordés por Sobral de Monte Agraço, ao leste por Arruda dos Vinhos, ao sueste por Loures, ao sur por Sintra e ao oeste ten unha costa no océano Atlántico.
PatrimonioEditar
Mafra é coñecido polo seu patrimonio histórico, especialmente o convento-palacio construído por Xoán V no século XVIII (obra importante do barroco portugués).
Tamén pola igrexa de Santo André, que foi construída entre os séculos XIII e XIV. O municipio de Mafra tamén é coñecido polo típico pobo de José Franco, situado en Sobreiro, que foi construído no século XX e o Forte de Zambujal que se atopa na cidade de Carvoeira.