Bissau
Coordenadas: 11°51′33″N 15°35′44″O / 11.859166666667, -15.595555555556
Bissau é a maior cidade e e capital da Guinea-Bissau. É tamén a capital do sector autónomo de Bissau. Posúe unha poboación estimada en 197.610 habitantes (datos de 1991) e unha área de 77 km².
Bissau | |
---|---|
![]() | |
Centro da cidade | |
Localización | |
País | ![]() |
Rexión | Sector Autónomo de Bissau |
Xeografía | |
Altitude | 0 msnm |
Superficie | 77,5 km² |
Demografía | |
Poboación | 395.954 hab. (2010) |
Densidade | 5.1000 hab/km² |
Localización e característicasEditar
A cidade localízase no estuario do Río Geba, na costa atlántica africana. É a maior cidade do país, co maior porto, así como centro administrativo e militar da rexión. Cacahuete, madeira, coco, aceite de palmeira e caucho son os produtos principais en Bissau. Fundada en 1678 polos portugueses, tornou un porto fortificado e centro de comercio. En 1942 converteuse en capital da Guinea Portuguesa, pero foi substituída por Madina do Boé entre 1973-1974.
Lugares e eventos de intereseEditar
A cidade é coñecida polo seu entroido anual. Outras atraccións inclúen a Fortaleza d'Amura, que contén o mausoleo de Amílcar Cabral, líder nacionalista que axudou a fundar o Partido Africano pola Independencia da Guinea e Cabo Verde (PAIGC), o Memorial Pidjiguiti polos pescadores mortos na folga das Docas o 3 de agosto de 1959 e varias praias de grande beleza. Varios dos seus edificios foron arruinados durante a guerra civil, incluíndo o Palacio Presidencial e o Centro de Cultura Francesa.
O aeroporto que serve Bissau é o Aeroporto Internacional Osvaldo Vieira.