Miguel II Comneno Ducas

Miguel II Comneno Ducas (en grego: Μιχαήλ Β΄ Κομνηνός Δούκας, Mikhaēl II Komnēnós Dúkas), a miúdo chamado Miguel Anxo en fontes narrativas, foi o gobernante de Epiro desde 1230 até a súa morte en 1266/1268.

Miguel II Comneno Ducas
Nacemento1205
Falecemento1268
Lugar de falecementoDespotado de Epiro
SoterradoArta
NacionalidadeImperio Bizantino
Ocupaciónpolítico
PaiMiguel I Comneno Ducas
CónxuxeTeodora Petralifaina
FillosNicéforo I Comneno Ducas, Ana Comnena Ducaina, João I Ducas, João Ducas, Demétrio Ducas Comneno Coutrole e Helena Anxelina Ducaina
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Miguel era o fillo ilexítimo de Miguel I Comneno Ducas de Epiro e fora ao exilio despois do asasinato do seu pai en 1215. Logo da derrota e captura do seu tío Teodoro Comneno Ducas por Iván Asen II de Bulgaria na batalla de Klokotnitsa regresou a Epiro e converteuse no gobernante da rexión. Non está totalmente claro se recoñeceu a suprema autoridade do seu tío Manuel Comneno Ducas de Tesalónica ou de Iván Asen II de Bulgaria. Miguel II conseguiu o apoio dos notábeis locais ao casar con Teodora Petralifina, e estableceu unha estreita relación co Imperio de Nicea. En 1241 Miguel sucedeu ao seu tío Manuel como gobernante de Tesalia. En 1238, Miguel foi visitado polo patriarca niceno Xermano II e en 1249 recibiu o título de déspota polo emperador Xoán III Ducas Vatatzés.

As relacións de Miguel II con Nicea aseguraron a súa neutralidade durante o conflito no cal Xoán III Ducas Vatatzés conquistou Tesalónica e penetrou no norte de Grecia en 1244. Con todo, cando se viu obrigado a entregar Dirraquio e Serbia aos nicenos en 1256, Miguel decidiu expandir o seu estado a expensas de Nicea. Con todo, mentres avanzaba cara a Tesalónica, o rei Manfredo de Sicilia tomou Dirraquio e os seus arredores. Resolto a tomar Tesalónica, Miguel chegou a un acordo con Manfredo e envioulle á súa filla como esposa, cedendo as cidades perdidas e a illa de Corfú como dote. Tamén asinou unha alianza co príncipe Guillerme II de Villehardouin de Acaia.

As tropas dos tres aliados invadiron as posesións nicenas en Macedonia e en 1259 preparáronse para loitar contra o exército niceno liderado por Xoán Paleólogo, irmán do emperador Miguel VIII Paleólogo, na planicie de Pelagonia. Con todo, a operación aliada viuse afectada pola desconfianza mutua e o fillo ilexítimo de Miguel, Xoán Ducas, pasouse ao inimigo, mentres que o propio Miguel abandonou os seus aliados. Os nicenos causaron unha esmagadora derrota sobre o príncipe Guillerme de Acaia, que foi capturado na batalla. Mentres Miguel fuxiu ás Illas Xónicas, os nicenos ocuparon Epiro, pero se atoparon con tanta resistencia que se viron obrigados a retirarse. Miguel recuperou os seus dominios coa grande axuda de Manfredo. Logo doutra vitoria bizantina en 1264 viuse obrigado a aceptar a soberanía nominal de Miguel VIII Paleólogo e fortalecer os lazos de matrimonios dinásticos. Cando Miguel II morreu en 1268 ou pouco antes, os seus dominios foron divididos entre os seus fillos Nicéforo I Comneno Ducas de Epiro e Xoán I Ducas de Tesalia.

Matrimonio e descendencia editar

Polo seu matrimonio con Teodora Petralifina (Santa Teodora de Arta), Miguel II tivo varios fillos, entre eles:

Cunha amante, Miguel II tivo polo menos outros dous fillos:

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • The Oxford Dictionary of Byzantium, Oxford University Press, 1991.
  • John V.A. Fine Jr., The Late Medieval Balkans, Ann Arbor, 1987.
  • D.I. Polemis, The Doukai, Londres, 1968.