Xoán III Ducas Vatatzés
Xoán III Ducas Vatatzés, nado en 1193 e finado o 3 de novembro de 1254, foi un emperador bizantino, no exilio no Imperio de Nicea, de 1222 a 1254.
Xoán III Ducas Vatatzés | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | c. 1192 |
Lugar de nacemento | Didymoteicho |
Falecemento | 3 de novembro de 1254 e 1254 |
Lugar de falecemento | Kemalpaşa |
Nacionalidade | Imperio Bizantino |
Relixión | Cristianismo ortodoxo |
Ocupación | monarca |
Pai | Basílio Vatatzes |
Nai | NN Angelina |
Cónxuxe | Irene Lascarina e Ana de Hohenstaufen |
Fillos | Teodoro II Láscaris |
Irmáns | Isaac Doukas Vatatzes |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Aínda que sufría epilepsia, logrou distinguirse tanto como soldado que en 1222 foi elixido para suceder ao seu sogro Teodoro I Láscaris. Casou coa filla de Láscaris, Irene Láscaris (Eirene Laskarina) en 1212. Tiveron un fillo, Teodoro, pero tras un accidente de cabalo de Irene, esta non puido volver ter fillos; entón, retirouse a un convento, tomando o nome de irmá Uxía, e alí morreu en 1239. Xoán volveu a casar con Constanza (Ana) de Sicilia, filla ilexítima de Frederico II Hohenstaufen, emperador do Sacro Imperio, pero non tiveron descendencia.
Reorganizou os restos do Imperio bizantino (Imperio de Nicea) e grazas ás súas capacidades administrativas, fixo del un dos estados máis ricos e fortes do Mediterráneo oriental. Tras asegurarse a fronteira oriental cun acordo cos turcos selxúcidas, dedicouse a intentar recuperar as posesións europeas dos seus predecesores. Mentres a súa frota atacaba aos latinos no mar Exeo e estendía o seu reino a Rodas, o seu exército, reforzado con mercenarios occidentais, derrotaba ás forzas do emperador latino.
Aínda que non tivo éxito no asedio de Constantinopla, que levou a cabo de común acordo cos búlgaros en 1235, logrou a supremacía sobre os despotados de Tesalónica e Epiro. A definitiva reconquista de Constantinopla, algúns anos despois da súa morte, débese en gran medida aos seus esforzos previos.
Imperio Bizantino | ||
---|---|---|
Segue a: Teodoro I Láscaris |
Xoán III Ducas Vatatzés | Precede a: Teodoro II Láscaris |
Dinastía Láscaris |