Abrir o menú principal

Miguel VIII Paleólogo, nado en 1225 e finado o 11 de decembro de 1282, foi o fundador da dinastía dos Paleólogo que reinou no Imperio bizantino ata a caída de Constantinopla en 1453. Restaurou o debilitado Imperio en 1261 e gobernouno ata a súa morte.

Miguel VIII Paleólogo
Michael VIII Palaiologos.jpg
Nacemento1224
 Anatolia
Falecemento11 de decembro de 1282
 Tracia
NacionalidadeImperio Bizantino
RelixiónCristianismo ortodoxo
Ocupaciónpolítico
PaiAndrônico Ducas Comneno Paleólogo
NaiTheodora Angelina Palaiologina
CónxuxeTeodora Ducaina Vatatzina
Fillossen etiquetar, Andrónico II Paleólogo, Constantino Paleólogo, Irene Paleóloga, sen etiquetar, Eudóxia Paleóloga, Teodoro Paleólogo, Eufrozina Paleolog e Maria Paleóloga
IrmánsConstantino Paleólogo, Irena Eulogia Paleologina, João Paleólogo, sen etiquetar e sen etiquetar
editar datos en Wikidata ]

Índice

Ascenso ao tronoEditar

Miguel VIII era o fillo do megas domestikos Andrónico Ducas Comneno Paleólogo e de Teodora Paleoloxina, neta de Aleixo III Anxo, o último emperador bizantino lexítimo. Malia que os nosos coñecementos sobre xenealoxía bizantina son bastante incompletos, pódense atopar ata once emperadores entre os antepasados de Miguel VIII. Era un dos homes de máis nobre estirpe na Constantinopla da súa época, e seguramente nacería emperador se non fose pola conquista latina de Constantinopla en 1204.

A idade moi temperá alcanzou moitas distincións e chegou a capitanear un corpo de mercenarios franceses contratados polo emperador de Nicea. Poucos días logo da morte de Teodoro II Láscaris en 1259, Miguel, grazas ao asasinato de Muzalon (que se supón que o alentou, aínda que non está probado), converteuse en rexente, xunto co patriarca Arsenio, do novo emperador Xoán IV Ducas Láscaris, que entón era un neno de oito anos. Pouco despois sería investido co título de déspota, para ser finalmente proclamado emperador conxunto co apoio dos xenoveses.

ReinadoEditar

En 1261, Miguel arrebatou Constantinopla ao emperador latino Balduíno II de Constantinopla, e fíxose coroar co seu fillo menor Andrónico como co-emperador. A finais do mesmo ano, mandou cegar e deportar a Xoán Láscaris. Por mor disto, foi excomungado por Arsenio, condena que non foi levantada ata seis anos despois (1268) cando se nomeou un novo patriarca. Tras incapacitar deste xeito a Xoán Láscaris para o trono, Miguel casou ás irmás de Xoán con príncipes estranxeiros, para evitar así que os seus descendentes ameazasen os dereitos dos seus propios fillos ao título imperial.

Ao acceder ao trono, Miguel aboliu todos os costumes latinos e restaurou moitas das cerimonias e institucións bizantinas que existiran antes da conquista latina. A súa maior ambición era reconstruír o Imperio grego como un forza a ter en conta na política internacional. Pero era consciente do perigo que supoñía o Occidente latino, en especial que os seus veciños de Italia (Carlos de Anjou, o Papa Martiño IV e os venecianos) se aliasen na súa contra; por iso procurou evitar os erros de Manuel I Comneno.

En 1263 e 1264 respectivamente, Miguel, co apoio do Papa Urbano IV, asinou as paces con Guillerme II Villehardouin, príncipe de Acaia, e con Miguel, déspota de Epiro, que foran incitados polo Papa a atacalo, pero que foron derrotados na batalla de Pelagonia en Tesalia (1259). Villehardouin viuse obrigado a ceder Mistra, Monemvasia e Maina, en Morea. Posteriormente, Miguel tamén loitou contra os xenoveses e venecianos, cuxa influencia en Constantinopla quería reducir, mantendo o equilibrio de forzas entre ambos grupos de italianos.

Co fin de aproximarse ao Papado, e separalo dos seus outros inimigos, Miguel decidiu unificar a Igrexa bizantina coa católica: para iso, asinouse unha débil unión entre ambas igrexas no Segundo Concilio de Lión en 1274. Tomou esta decisión con grandes prexuízos no seu Imperio, pois as súas prisións enchéronse con moitas persoas fieis á fe ortodoxa. Durante certo tempo pareceu que a medida funcionara, pero finalmente, o Papa Martiño IV (que en parte seguía as ordes de Carlos de Anjou) o excomungou. Agora necesitaba unha nova táctica e fixo uso da diplomacia bizantina para conseguir que os cataláns de Pedro III de Aragón atacasen Sicilia, nas famosas Vésperas sicilianas, partindo así en dous o reino de Carlos de Anjou.

Ao reconstruír o Imperio bizantino, Miguel recuperou a antiga administración sen preocuparse de corrixir os seus abusos. Así, reduciu a lei das moedas, o que conduciu á decadencia do comercio bizantino. Morreu en Tracia en decembro de 1282, pero a súa dinastía se prolongou durante case dous séculos, un período máis longo có de calquera outra da historia romana.

FamiliaEditar

En 1253, Miguel VIII casou con Teodora Ducas Vatatzaina, sobriña-neta de Xoán III Ducas Vatatzés, emperador de Nicea. Orfa na súa nenez, foi educada polo seu tío Xoán III, de quen se dicía que a amaba como á súa propia filla, e que dispuxo o seu matrimonio con Miguel. Os seus fillos foron:

  1. Manuel (c. 1254 - 1259).
  2. Andrónico II Paleólogo (1259 - 1332).
  3. Constantino (1261 - 1306).
  4. Irene Paleoloxina, casada co tsar Iván Asen III de Bulgaria.
  5. Ana Paleoloxina, casada con Demetrio Anxo.
  6. Eudoxia Paleoloxina, casada co emperador Xoán II de Trebisonda.
  7. Teodora Paleoloxina, casada co rei David VI Narin de Xeorxia e Imereti.

Coa súa amante, unha Diplobatatzaina, tivo dúas fillas ilexítimas:

  1. Eufrosina Paleoloxina, casada con Nogai Khan.
  2. María Paleoloxina, casada con Abaga Khan.

Véxase taménEditar

BiibliografíaEditar

  • Nicol, Donald. The Last Centuries of Byzantium, 1261-1453, 1993
  • Vannier, J-F. Les premiers Paléologues (Études prosopographiques), 1989
Imperio Bizantino

Segue a:
Xoán IV Ducas Láscaris
Miguel VIII Paleólogo
Precede a:
Andrónico II Paleólogo
Dinastía Paleólogo