Morea
Morea Muraena helena | |||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Muraena helena no Aquarium Finisterrae | |||||||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||||||
Muraena helena Linnaeus, 1758 | |||||||||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||||||||
|
A morea[1] (Muraena helena, Linnaeus 1758), é un peixe teleósteo da orde dos angüiliformes e familia dos murénidos.
Etimoloxía
editarDescrición
editarÉ de corpo serpentiforme, alongado ata alcanzar tamaños de 130–150 cm de lonxitude, sen escamas. A cor é variable pero normalmente acastañada, con manchas irregulares amarelas ou abrancazadas; coa idade adquiren tons azulados.
Posúe unha aleta dorsal e unha anal, continuas e fusionadas coa caudal; unha funda dérmica protexe as aletas dorsal e anal. Carece de aletas pectorais e as aberturas branquiais redúcense a uns pequenos orificios rodeados dunha orla negra.
A cabeza é pequena, curta e alta, con ollos pequenos e unha forte boca provista de numerosos dentes longos e afiados; tamén ten dentes no vómer, pero estes son moito máis pequenos. A comisura da boca é posterior á posición dos ollos.
A súa mordedura é velenosa por mor dunha secreción hemolítica que producen na súa mucosa palatina, pero en calquera caso pode provocar graves feridas e infeccións.
Hábitat e bioloxía
editarA morea vive nas costas do Atlántico oriental, desde as illas Británicas a Senegal, incluíndo as illas Azores, Madeira, Canarias e de Cabo Verde así como no Mediterráneo, ata o mar Negro.
Vive xeralmente entre as rochas, agochada nas fendeduras e ocos dos fondos rochosos dos que, durante o día, só asoma a cabeza, á espera de que pase unha presa sobre a que lanzarse.
É activa de noite, capturando peixes e cefalópodos, dos que se alimenta.
Interese pesqueiro e comercial
editarPéscase habitualmente mediante pesca submarina, aínda que tamén, ocasionalmente, con nasas e palangrees.
Resulta pouco apreciada na cociña galega, se ben nas costas mediterráneas é unha especie de consumo habitual.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para morea.
- ↑ Diccionario ilustrado latino-español español-latino VOX. Madrid: Bibliograf S.A. 19ª ed., 1991. ISBN 84-7153-197-6.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Morea |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Morea |
Bibliografía
editar- DIRECCIÓN XERAL DE FORMACIÓN PESQUEIRA: Guía do consumidor de peixe fresco. Xunta de Galicia 1999.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Ficha de Asturnatura.com (en castelán)
- Muraena helena Linnaeus, 1758 Ampla información da morea, en FishBase (en inglés)
- Descrición da morea (en castelán)