Andrónico II Paleólogo

Andrónico II Paleólogo (1260 - 13 de febreiro de 1332), emperador bizantino, foi o fillo máis vello de Miguel VIII Paleólogo, a quen sucedeu en 1282. Reinou ata 1328.

Andrónico II Paleólogo
Nacemento25 de marzo de 1259
Lugar de nacementoİznik
Falecemento13 de febreiro de 1332
Lugar de falecementoConstantinopla
NacionalidadeImperio Bizantino
RelixiónCristianismo ortodoxo
OcupaciónEmperador
PaiMiguel VIII Paleólogo
NaiTeodora Ducaina Vatatzina
CónxuxeAna da Hungria e Irene de Monferrato
FillosMiguel IX Paleólogo, Teodoro I de Montferrato, Simonida Paleóloga, João Paleólogo, Demétrio Paleólogo (filho de Andrônico II), Constantino Paleólogo, Irene Paleologina, Maria Palaiologina, Bartholomaios Palaiologos e Maria notha Palaiologaina
IrmánsMaria Paleóloga, Eudóxia Paleóloga, Irene Paleóloga, Anna Palaiologina, Teodoro Paleólogo e Constantino Paleólogo
Na rede
WikiTree: Palaiologos-7
editar datos en Wikidata ]
Moeda de Andrónico II.

Traxectoria editar

Durante o seu reinado, deixou que a frota, que o seu pai organizara, entrase en decadencia, e deste xeito ao imperio resultoulle máis difícil opoñerse ás demandas de tributo por parte das potencias rivais de Venecia e Xénova.

Na súa época, os turcos otománs baixo Osman I conquistaron case toda Bitinia. Para loitar contra eles, o emperador pediu axuda ao catalán Roger de Flor, capitán dun rexemento de mercenarios aragoneses e cataláns coñecidos como os Almogávares. Os turcos foron derrotados, pero Roger de Flor converteuse nun inimigo de talle similar para o poder imperial. Roger foi asasinado polo fillo de Andrónico e co-emperador (ao que a miúdo se coñece como Miguel IX, aínda que nunca reinou no seu propio nome) en 1305. Os almogávares, mercenarios de Roger de Flor (tamén coñecidos como a Gran Compañía Catalá ou, en catalán, a Companyia Catalá) declararon a guerra a Andrónico e, tras devastar Tracia e Macedonia, conquistaron o Ducado de Atenas e Tebas.

A partir de 1320, o emperador estivo en guerra co seu neto Andrónico. Abdicou en 1328 e morreu en 1332.

En 1274 casou con Ana de Hungría, filla do rei Estevo V, con quen tivo dous fillos:

  1. Miguel IX Paleólogo.
  2. Constantino.

Trala morte desta en 1281, Andrónico casou con Iolanda, filla de Guillerme IX de Montferrato, que tomou o nome de Irene e lle deu catro fillos:

  1. Xoán (h. 1286 - 1308).
  2. Teodoro I, marqués de Montferrato (1291 - 1338).
  3. Demetrio (morreu logo de 1343).
  4. Simonis (1294 - logo de 1336), que casou co rei de Serbia, Estevo II Uroš Milutin.

Tamén tivo, polo menos, dúas fillas ilexítimas:

  1. Irene, esposa de Xoán II, déspota de Tesalia.
  2. María, esposa de Tokhta ou Tojta, khan da Horda de Ouro.
Imperio Bizantino

Segue a:
Miguel VIII Paleólogo
Andrónico II Paleólogo
Precede a:
Andrónico III Paleólogo
Dinastía Paleólogo