Andrónico III Paleólogo
Andrónico III Paleólogo, nado contra o 1296 e finado o 15 de xuño de 1341, foi un emperador bizantino e fillo de Miguel (IX) e da princesa Rita de Armenia.
Andrónico III Paleólogo | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 25 de marzo de 1297 |
Lugar de nacemento | Constantinopla |
Falecemento | 15 de xuño de 1341 |
Lugar de falecemento | Constantinopla |
Nacionalidade | Imperio Bizantino |
Ocupación | monarca |
Pai | Miguel IX Paleólogo |
Nai | Rita da Armênia |
Cónxuxe | Irene de Brunswick e Ana de Saboia |
Fillos | Xoán V Paleólogo, Miguel Paleólogo, Maria-Irene Palaiologina, Irene Paleóloga de Trebisonda e Maria Palaiologos |
Irmáns | Teodora Paleóloga, Anna Palaiologina e sen etiquetar |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Durante a súa mocidade, o seu comportamento foi tan violento que, trala morte do seu pai Miguel en 1320, o seu avó Andrónico II decidiu desposuílo do seu dereito ao trono. Andrónico rebelouse, pois contaba cun poderoso grupo de apoios, e iniciouse unha guerra civil cuxa primeira fase acabou coa súa coroación e aceptación como co-emperador do seu avó en 1325. As disputas reiniciáronse e, a pesar do apoio dos búlgaros, o vello emperador viuse obrigado a abdicar en 1328.
O seu primeiro ministro durante esta época foi Xoán Cantacuzeno, que logo reinaría como Xoán VI. Durante o seu reinado, Andrónico III estivo case constantemente en guerra, sobre todo cos turcos otománs, que expandiron o seu territorio, conquistando case toda Asia Menor antes da chegada ao poder de Andrónico. No seu reinado, Nicea caeu en mans do emir otomán Orhan I en 1331, e Nicomedia en 1337. Tras estas perdas, só Filadelfia e algúns portos seguiron estando baixo control bizantino. Andrónico anexionou gran parte de Tesalia e de Epiro, pero se perderían poucos anos logo da súa morte, durante un novo período de guerra civil, arrebatados polo crecente poder de Serbia baixo Stefan Dusan. Tamén reorganizou a armada e recuperou Lesbos, Focea e Quíos que estaban en mans dos xenoveses. Morreu en 1341, e foi sucedido polo seu fillo Xoán V Paleólogo.
Imperio Bizantino | ||
---|---|---|
Segue a: Andrónico II Paleólogo |
Andrónico III Paleólogo | Precede a: Xoán V Paleólogo |
Dinastía Paleólogo |