Godofredo II de Villehardouin

Godofredo II de Villehardouin (en francés: Geoffroi II de Villehardouin, grego: Γοδεφρείδος Β' Βιλλεαρδουίνος), nado aproximadamente en 1194 e finado despois do 6 de maio de 1246, foi o terceiro príncipe de Acaia desde aprox. 1229 até 1246[1][2]. Desde o seu ascenso ao trono de príncipe, era unha persoa poderosa e respectada, e mesmo chegaban cabaleiros de Francia ao principado para entrar ao seu servizo[3]. Godofredo II emerxeu como o vasalo máis poderoso do Imperio latino de Constantinopla, a persoa ao redor da cal os estados cruzados en Grecia progresivamente se reagruparon[2]. Acudiu ao rescate da capital imperial en tres ocasións[2]. Como recompensa polos seus servizos ao Imperio latino, foille concedida a soberanía sobre a illa de Eubea polo seu cuñado, o emperador Balduíno II de Constantinopla[2][4]. Tamén foi un príncipe humanitario, benevolente e atento á condición da xente común[5].

Modelo:BiografíaGodofredo II de Villehardouin
Biografía
Nacementoc. 1195 Editar o valor en Wikidata
Mortec. 1246 (>6 de maio de 1246) Editar o valor en Wikidata (50/51 anos)
Lugar de sepulturaAndravida (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Príncipe de Acaia
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca, gobernante Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloPríncipe de Acaia Editar o valor en Wikidata
FamiliaVillehardouin (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeInés de Courtenay (princesa de Acaia) Editar o valor en Wikidata
PaisGodofredo I de Villehardouin Editar o valor en Wikidata  e Elisabeth (de Chappes) Editar o valor en Wikidata
IrmánsGuilherme II de Villehardouin Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Primeiros anos

editar

Godofredo foi o fillo máis vello de Godofredo de Villehardouin, un cabaleiro francés de Champaña e a súa esposa, Isabel de Chappes.[1] O seu pai uniuse á Cuarta Cruzada en 1199, despois conquistou unha parte importante do Peloponeso e tomou o trono do Principado de Acaia despois da morte do seu primeiro príncipe, Guillerme I. O novo príncipe chamou á súa esposa de Champaña durante o primeiro período da súa residencia no Peloponeso[6][7]. Ela chegou co seu pequeno fillo, Godofredo e a familia asentou a súa residencia nos castelos da Crémonie (agora Esparta, Grecia) e Kalamata[8]. Godofredo casou en 1217 coa filla do emperador Pedro I de Constantinopla, Inés[1]. Asociado ao goberno do principado, foi ameazado de excomuñón co seu pai en 1222 debido a un conflito coa Igrexa en relación á construción do castelo de Clermont[4][9].

Príncipe de Acaia

editar

Godofredo II sucedeu ao seu pai á idade de aproximadamente 35 anos[2][10]. Vivía nun estilo señorial, tendo sempre na sa corte 80 cabaleiros con esporas de ouro, compatíbel coa súa xenerosidade[2]. Comezou o seu reinado durante un período moi crítico na historia do Imperio latino de Constantinopla, porque a caída do Reino de Tesalónica en 1224 interpuxera inimigos formidábeis entre a capital do imperio por unha banda e os estados cruzados no Peloponeso polo outro[3][11]. Pero a derrota do emperador Teodoro Comneno Ducas de Tesalónica polo tsar Iván Asen II de Bulgaria en Klokotnitsa en abril de 1230 liberounos dos perigos inherentes na gran concentración de poder en mans de Teodoro Comneno Ducas[3].[6][12]. Tendo boas relacións cos seus veciños do sueste do Peloponeso (bizantinos e tribos eslavas de Monemvasia, de tsakonios e do monte Taixeto), Godofredo II asegurou a paz e a prosperidade do seu principado[5][13][14]. Con frecuencia enviaba investigadores ás cortes dos baróns para informarlle da súa forma de vida e da forma en que trataban aos seus vasalos[5].

Defensa de Constantinopla

editar

Os seus recursos permitíronlle enviar axuda financeira ao seu señor feudal, o emperador Xoán I de Constantinopla[4][5]. En 1236 interveu en persoa para socorrer Constantinopla, cercada polas forzas gregas do emperador Xoán III Vatatzés de Nicea[5][15]. Cunha frota tripulada por 100 cabaleiros, 300 besteiros, e 500 porteiros, forzou o bloqueo e logo, xunto cos venecianos, pisanos, e xenoveses, repeleu a frota grega e liberou a capital.[5]. Nese mesmo ano, o conde de Cefalonia Mateo I Orsini púxose baixo a soberanía de Godofredo II[5][16]. En xullo de 1237 deu aos Cabaleiros Teutónicos un hospital en Andravida[17].

En 1238, unindo as súas naves coas de Venecia, novamente acudiu ao rescate de Constantinopla, unha vez máis asediada polo emperador de Nicea[5]. Ao ano seguinte, Godofredo II quixo tomar parte na cruzada do seu señor de Francia, o conde Teobaldo IV de Champaña, pero o papa Gregorio IX ordenoulle volver as súas forzas contra o emperador grego a fin de garantir a seguridade de Constantinopla[5]. O 9 de febreiro de 1240, o papa concedeulle unha indulxencia aos efectos do voto que fixera de ir como cruzado a Terra Santa cumprísese con todos os beneficios, mediante a prestación de axuda continúa ao acosado Imperio Latino[18]. En 1243, co falso rumor da morte do seu cuñado, o emperador Balduíno II de Constantinopla, Godofredo II regresou á capital do imperio para garantir a rexencia durante a minoría do sobriño da súa esposa, Filipe[4][5].

Morte e sucesión

editar

Godofredo II morreu en 1246 e foi enterrado na sa capital, Andravida, na igrexa do mosteiro de Santiago[1][19]. Sucedeuno o seu irmán Guillerme[20].

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 (Bon 1969, p. 76)
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 (Longnon 1969, p. 242)
  3. 3,0 3,1 3,2 (Setton 1976, p. 56)
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 (Fine 1994, p. 614)
  5. 5,00 5,01 5,02 5,03 5,04 5,05 5,06 5,07 5,08 5,09 (Longnon 1969, p. 243)
  6. 6,0 6,1 (Fine 1994)
  7. (Setton 1976, p. 49)
  8. (Setton 1976)
  9. (Longnon 1949, p. 165)
  10. (Longnon 1949, p. 166)
  11. (Fine 1994, p. 119)
  12. (Fine 1994, p. 120)
  13. (Longnon 1949, p. 176)
  14. (Fine 1994, p. 122)
  15. (Fine 1994, p. 613)
  16. (Longnon 1949, p. 175)
  17. (Longnon 1969)
  18. (Setton 1976, p. 63)
  19. (Longnon 1949, p. 193)
  20. (Miller 1908)

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Bon, Antoine (1969). La Morée franque. Recherches historiques, topographiques et archéologiques sur la principauté d’Achaïe (en francés). Paris: De Boccard. 
  • Fine, John V. A. (1994). The Late Medieval Balkans: A Critical Survey from the Late Twelfth Century to the Ottoman Conquest (en inglés). The University of Michigan Press. ISBN 0-472-08260-4. 
  • Jean, Longnon (1949). L'empire latin de Constantinople et la principauté de Morée (en francés). Paris: Payot. 
  • Longnon, Jean (1969). "The Frankish States in Greece, 1204–1311". En Setton, Kenneth M.; Wolff, Robert Lee; Hazard, Harry W. A History of the Crusades, Volume II: The Later Crusades, 1189–1311 (en inglés). The University of Wisconsin Press. ISBN 0-299-04844-6. 
  • Miller, W. (1908). The Latins in the Levant. A History of Frankish Greece (1204-1566) (en inglés). 
  • Setton, Kenneth M.; Wolff, Robert Lee; Hazard, Harry W. (1969). "VII: The Frankish States in Greece, 1204-1311". A History of the Crusades, Volume II: The Later Crusades, 1189-1311 (en inglés). The University of Wisconsin Press. ISBN 0-299-04844-6. 
  • Setton, Kenneth M. (1976). The Papacy and the Levant (1204-1571) (en inglés). I: The Thirteenth and Fourteenth centuries. The American Philosophical Society. ISBN 0-87169-114-0. 

Ligazóns externas

editar