Pedro II de Courtenay

Pedro II de Courtenay (en francés, Pierre II de Courtenay, grego: Πέτρος του Κουρτεναί, trans. Pétros tu Kurtenaí), nado aprox. en 1165 e finado en 1219, foi brevemente emperador latino de Constantinopla desde 1217 até 1219.

Pedro II de Courtenay
Petrus2.jpg
Nacementoanos 1150
Falecemento1219
Lugar de falecementoÉpiro
NacionalidadeFrancia
Ocupacióngobernante
PaiPedro I de Courtenay
NaiElisabeth de Courtenay
CónxuxeIolanda de Flandres e Agnes I, Countess of Nevers
FillosPhilip II, Marquis of Namur, Roberto I de Constantinopla, Henry II of Namur, Balduíno II de Constantinopla, Margarida de Namur, Elisabeth of Courtenay, Iolanda de Courtenay, María de Courtenay, Mathilde von Courtenay, Inés de Courtenay (princesa de Acaia) e Eleonor of Courtenay
IrmánsAlice de Courtenay e Robert Ier de Courtenay-Champignelles
Na rede
WikiTree: Courtenay-511
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fillo de Pedro de Courtenay e neto do rei francés Luís VI, obtivo os condados de Auxerre e Tonnerre do seu primeiro matrimonio. Logo casou con Iolanda, irmá de Balduíno I e Henrique de Flandres, os dous primeiros emperadores latinos de Constantinopla, levándoa ao condado de Nevers.

Elixido sucesor do seu cuñado Henrique de Flandres cando este morreu sen descendencia en 1216, Pedro foi consagrado emperador na Basílica de San Lourenzo Extramuros, Roma, polo Papa Honorio III o 9 de abril de 1217. Acompañado por un exército e un legado papal, embarcouse en Brindisi en barcos fornecidos polos venecianos, para quen tratou de conquistar Durazzo de Teodoro Comneno Ducas, déspota de Epiro. Fallando nesta empresa, Pedro continuou por terra cara a Tesalónica. Nas montañas preto de Elbasan, foi tomado prisioneiro por Teodoro. Morreu probabelmente asasinado.

Pedro casou con Inés de Nevers (Agnes), que achegou como dote ao matrimonio tres condados: Nevers, Auxerre e Tonerre. Casou en segundas nupcias con Iolanda, irmá de Balduíno e de Henrique, que foron o primeiro e segundo emperador do Imperio Latino de Constantinopla. Pedro acompañou ao seu primo o rei Filipe II de Francia na cruzada de 1190, e loitou contra os albixenses. Estivo presente na Batalla de Bouvines en 1214. En 1215 entregou como esposa a unha das súas fillas, Iolanda de Courtenay ao rei cruzado André II de Hungría, quen pretendía con isto estreitar as relacións políticas co Imperio Latino.

Ao morrer sen descendencia o cuñado de Pedro Courtenay, o emperador Henrique en 1216, Pedro foi elixido o seu sucesor e, cun pequeno exército, partiu de Francia para tomar posesión dos seus novos dominios. Consagrado emperador en Roma polo Papa Honorio III o 9 de abril de 1217, tomou prestadas algunhas naves venecianas, prometendo a cambio a conquista de Durazzo, pero fracasou na empresa e tivo que continuar por terra o seu camiño cara a Constantinopla. No camiño foi asediado polo déspota de Epiro Teodoro Anxo e, tras estar prisioneiro durante dous anos, faleceu. Pedro xamais chegou a gobernar o seu imperio, que quedou en mans da súa esposa Iolanda.

Matrimonio e descendenciaEditar

Dos seus matrimonios tivo numerosa descendencia, da súa primeiro esposa Inés de Nevers tivo a Matilde de Courtenay, e con Iolanda de Flandres tivo a:

DevanceirosEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • (en francés) René Grousset, L'Empire du Levant : Histoire da Question d'Orient, París, Payot, coll. «Bibliothèque historique», 1949 (réimpr. 1979), 648 p. (ISBN 2-228-12530-X)
  • (en francés) «Pierre II de Courtenay», Jean François Michaud, Biographie Universelle Ancienne et Moderne, vol. 33, París, Ch Delagrave et Cie, XIXe siècle, p. 249-250

Ligazóns externasEditar