O termo Imperio Anxevino[1] é un termo moderno que describe o conxunto de estados gobernados nalgún momento pola dinastía anxevina Plantagenet. Os Plantagenet gobernaron sobre unha área que se estendía dos Pireneos a Irlanda durante os séculos XII e XIII. O "imperio" abranguía máis ou menos a metade occidental da Francia medieval, toda Inglaterra e toda Irlanda. Porén, a pesar do seu poder, os Plantagenet foron derrotados por Filipe Augusto, da Casa dos Capetos, que partiu o imperio en dous tras desposuílos de Normandía e Anjou. Esta derrota sementaría o terreo para as guerras de Saintonge e dos Cen Anos.

Modelo:Xeografía políticaImperio Anxevino

Localización
Editar o valor em Wikidata
Poboación
Lingua oficialfrancês antigo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Creación1154 Editar o valor em Wikidata
Disolución1242 Editar o valor em Wikidata
Sucedido porReino de Francia Editar o valor em Wikidata

Orixe e usos do termo editar

O Imperio anxevino é un neoloxismo creado para designar os territorios dos Plantagenet: Henrique II e os seus fillos Ricardo e Xoán. Outro dos seus fillos, Godofredo, gobernou a Bretaña e estabeleceu unha póla separada. Até onde se sabe, non houbo un termo contemporáneo para designar a rexión baixo control anxevino; porén, foron usadas descricións como "o noso reino e calquera cousa suxeita ó noso goberno, sexa cal sexa".[2] O termo Imperio Anxevino foi creado por Kate Norgate na súa obra de 1887, England under the Angevin Kings.[3] En Francia, o termo Espace Plantagenêt é usado en ocasións para describir os feudos que os Plantagenet adquiriran.[4]

A adopción da etiqueta Imperio Anxevino marcou unha revisión da época, considerando que as influencias francesas e inglesas afectaron ós territorios durante o medio século de unión. O mesmo termo "anxevino" é un adxectivo aplicado ós habitantes de Anjou e da súa capital histórica Angers; os Plantagenet eran descendentes de Godofredo, conde de Anjou, de onde deriva o termo.[5]

O uso do termo imperio suscitou a controversia entre os historiadores, xa que a área era un conxunto de terras herdadas ou adquiridas por Henrique. Non está claro se estes dominios compartían ou non unha identidade común.[6][7][8]

Algúns historiadores afirman que o termo debería reservarse exclusivamente para o Sacro Imperio Romano Xermánico, a única estrutura política de Europa occidental coñecida como imperio na época.[9] Outros historiadores afirman que o imperio de Henrique II non foi nunca poderoso, grande e centralizado abondo como para merecer ser chamado imperio de maneira formal.[10] En ningún momento existiu título imperial, como se supón debería existir nun imperio.[11] Porén, mesmo se os propios Plantagenet non pretenderon ningún título imperial, algúns cronistas, con frecuencia a soldo do propio Henrique II usaron p termo imperio para describir este conglomerado de propiedades.[12] Esencialmente, o título máis importante era o de "rei de Inglaterra", ó que se lle engadían os títulos ducais e condais franceses que eran totalmente independentes do título real e independentes da lei real inglesa.[13] Por iso, moitos historiadores prefiren o termo mancomunidade a imperio, facendo énfase en que o Imperio anxevino era máis un conglomerado de sete estados soberanos completamente independentes e difusamente vinculados entre eles.[14]

Notas editar

  1. Definición de anxevino, -na no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  2. John Gillingham: "The Angevin Empire" página 2, segunda edición, Arnold Editions.
  3. Norgate, Kate, England Under the Angevin Kings.
  4. Martin Aurell - L'empire des Plantagenêt page 11: En 1984, résumant les communications d'un colloque franco-anglais tenu à Fontevraud (Anjou), lieu de mémoire par excellence des Plantagenêt, Robert Henri-Bautier, coté français, n'est pas en reste, proposant, pour cette "juxtaposition d'entités" sans "aucune structure commune" de substituer l'imprécis "espace" aux trop contraignants "Empire Plantagenêt" ou "Etat anglo-angevin".
  5. Definition of "Angevin" from "Laboratoire d'Analyse et de Traitement Informatique de la Langue Française".
  6. "Capetian France 937 - 1328" Editions Longman page 221: "Investigacións máis achegadas suxiren que varias destas asuncións carecen de fundamento. Unha é que os dominios anxevinos formaron algunha vez un imperio en calquera senso da palabra."
  7. David Carpenter "The Struggle for Mastery" page 191: "Inglaterra y Normandía eran parte agora dunha entidade política moito maior á que os historiadores chaman a cotío (sen significado preciso) o 'Imperio Anxevine'."
  8. The Angevin Empire página 3: "Sen lugar a dúbidas, se se usa en combinación cos atlas nos que as terras de Henrique II están coloreadas en vermello, é un termo petigoso, porque as notas do Imperio Británicos son inevitables e politicamente evidentes. Pero en inglés coloquial, 'imperio' no ten un significado máis específico que un territorio extenso, especialmente un agregado de moitos estados, gobernados por un só gobernante. Se se compara con 'anxevino', debería, en calquera caso, implicar un imperio francés máis que 'británico'."
  9. Martin Aurell "L'empire des Plantagenet" page 10: Il n'empêche que des réticences ont naguère été exprimées par quelques historiens. Elles contiennent leur part de vérité, et ont le mérite de nuancer un problème complexe. D'abord elles proviennent de ceux qui considèrent que le terme "empire" devrait être réservé à l'Empire Romano-Germanique, seule réalité institutionelle de l'Occident mediéval nommée explicitement par les sources d'époque
  10. Martin Aurell - L'empire des Plantagenet page 10: Plus solides, d'autres critiques émanent, ensuite, de spécialistes du droit et de la science politique pour qui l'étendue des domaines d'Henri II, si impressionnante soit-elle pour le XIIème siècle, fait bien pâle figure en comparaison des vastes Empires helléniques, romains, byzantins, abbasside, ottoman ou Habsbourg, sans mentionner les empires coloniaux du XIXème siècle.
  11. Capetian France page 222: "Para a idea de que as tierras dos Plantagenet fosen vistas como un imperio, no senso de unidade política, non hai substancia para este uso no pensamento contemporáneo. Por que é preciso usar este termo? Henrique II e Ricardo I non o fixeron."
  12. Martin Aurell - L'empire des Plantagenet page 10: Dans "le dialogue sur l'échiquier" (vers 1179), un ouvrage technique sur le principal organe financier de l'Angleterre, rédigé par l'évêque de Londres et trésorier d'Henri II, Richard Fitz Nigel (vers 1130 - 1198), on peut lire: "par ses victoires le roi élargit (dilataverit) son empire au loin."
  13. The Angevin Empire páxina 5: "Nestas circunstancias hai un perigo de atribuír a Inglaterra unha importancia que puido non ter tido. En certo senso, Inglaterra 'era', innegablemente, a parte máis importantes - outorgaba ó gobernante unha corona real. Tendo en conta que o primeiro elemento do título era 'Rex Anglorum', isto implicaba que a forma breve máis conveniente para referirse ó gobernante era "rei de Inglaterra" ou mesmo - así o crían os franceses - como o rei inglés, "il reis Engles".
  14. Martin Aurell- L'empire des Plantagenets page 11: De même en 1973, William L. Warren rejette explicitement l'expression "Empire", au nom du lien trop lâche unissant les différentes principautés territoriales gouvernées par Henri II; tout au plus admet-il l'existence d'un "Commonwealth", souple fédération regroupant sept "Dominions" autonomes, dont le seul point commun serait leur dépendance, à peine fondée sur la vassalité et le serment de fidélité, au roi.