Igrexa de Santiago da Coruña
A igrexa de Santiago é o templo coruñés principal e o máis antigo. Comezouse a construír no século XII, durante o reinado de Fernando II. No seu adro reuníase o concello ata o século XV.
Igrexa de Santiago da Coruña | |
---|---|
![]() Fachada da igrexa de Santiago. | |
Datos xerais | |
Tipo | Igrexa parroquial |
Advocación | Santiago o Maior |
Localización | A Coruña |
Coordenadas | 43°22′10″N 8°23′38″O / 43.36944444, -8.39388889Coordenadas: 43°22′10″N 8°23′38″O / 43.36944444, -8.39388889 |
Culto | |
Culto | Católico |
Diocese | Santiago de Compostela |
Arquitectura | |
Construción | Séculos XII-XVIII |
Estilo | Románico |
[ editar datos en Wikidata ] |
HistoriaEditar
As primeiras noticias da igrexa de Santiago son de 1218 e durante a Idade Media reuníase no seu adro o concello, ata que no século XV pasou a ocupar o convento de San Domingos.[1]
A igrexa tiña dúas torres, unha con campás e outra na que se gardaban escrituras e pólvora, entre outros obxectos. Ambas as torres ameazaban ruína, polo que se recomendou a súa demolición en 1531. A nova torre, construída en 1607, obrigou a reformar a ábsida da Epístola.[1]
O 1 de abril de 1779 sufriu un incendio que levou a ter que realizar profundas reparacións. No século XIX o arquitecto Juan de Ciórraga creou o rosetón da fachada e as escaleiras de acceso.[1]
DescriciónEditar
A planta orixinal contaba con tres naves, que foron reducidas a unha soa, de estilo oxival, no século XV.
A fachada principal é románica e sobresae do muro nun bloque. Na arquivolta central aparecen os vinte anciáns da Apocalipse cos seus instrumentos musicais escoitando ao Salvador. O tímpano está sostido por anxos e nel aparece Santiago o Maior a cabalo. Esta figura, e algunha outra, proceden doutra parte. Polo leste hai tres ábsidas románicas, divididas no exterior por columnas con capiteis vexetais; a da esquerda está seccionada por un esquinal da torre. A igrexa conta con tres portas, das que a do norte é a máis antiga. O tímpano está sostido por dúas mochetas con cabezas de bovinos e representa un año entre dous circos que sostén unha cruz coas patas. A porta sur tamén é románica e ábrese á sancristía.
A torre foi construída no 1607. A ábsida forma un curioso recuncho que é a rúa máis curta da Coruña, a da Reixa Dourada.[2] Resaltan os canzorros que sosteñen o beiril do tellado e o rosetón no testeiro da nave.
Galería de imaxesEditar
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Fernández Fernández, Xosé. La iglesia de Santiago de La Coruña (en castelán). Colección Recortables de La Coruña.
- ↑ «Correos pasa de longo pola rúa máis curta» La Voz de Galicia, 29/7/2006.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Igrexa de Santiago da Coruña |
A Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |