Eusebio da Guarda

empresario e filántropo galego

Eusebio da Guarda González, nado na Coruña en 1825 e finado na mesma cidade o 20 de marzo de 1897, foi un empresario e filántropo galego.

Infotaula de personaEusebio da Guarda

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1825 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte20 de marzo de 1897 Editar o valor em Wikidata (71/72 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario , filántropo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Fillo dun zapateiro portugués chamado Gonzalo da Guarda e dunha coruñesa chamada Lorenza González, formouse como piloto e ingresou na mariña mercante. Traballou co armador de orixe cubana Juan Menéndez Fuertes[1] e acadou para A Coruña a representación dos vapores de Antonio López e da Compañía Transatlántica Española.

Menéndez finou en 1852 e dous anos despois da Guarda casou coa súa viúva, Modesta Goicouría Cabrera, once anos máis vella ca el.[1] Xunto con ela reuniu unha gran fortuna que empregou na construción de grandes edificios. Construíu o Instituto de Segunda Ensinanza, as Escolas da Guarda e o mercado da praza de Lugo. Realizou a reconstrución da igrexa de Santo André, propiedade do gremio de mareantes (cos que mantivo un preito de nove anos) coa condición de que el e a súa dona fosen enterrados nela.[2] A igrexa é unha capela castrense dende 1937.[2]

Galería

editar
 
Eusebio da Guarda en Hijos ilustres de Galicia, de Manuel Curros Enríquez.
  1. 1,0 1,1 "Eusebio da Guarda, el benefactor de la ciudad". El Ideal Gallego (en castelán). 17 de maio de 2015. Consultado o 6 de decembro de 2015. 
  2. 2,0 2,1 "De capilla para pescadores a templo de los militares". La Voz de Galicia (en castelán). 29 de novembro de 2004. Consultado o 6 de decembro de 2015. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar