Juan Menéndez Fuertes


Juan Menéndez Fuertes, finado na Coruña o 10 de febreiro de 1852, foi un empresario e político coruñés.

Infotaula de personaJuan Menéndez Fuertes
Biografía
Morte10 de febreiro de 1852 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Senador de España
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónemprendedor , político , alcalde da Coruña Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Juan Menéndez foi fillo de Felipe Menéndez, empresario de orixe asturiana, e a súa muller Teresa Fuertes. Casou na Habana con Modesta Goicouría, filla de Valentín Goicouría, natural de Bilbao, e de María del Tránsito Cabrera, natural da Habana. A parella instalouse na Coruña en 1837.

A súa actividade comercial consistiu en enviar emigrantes dende Galicia cara a Cuba, empregando barcos propios ou arrendados. Menéndez e os seus socios cobraban este servizo co traballo do emigrante por un período de cinco anos, respondendo deste compromiso cos bens que este posuía en Galicia.

Ademais diso foi socio dunha fábrica de vidros en Xixón chamada La Industrial. Posteriormente fundou outra fábrica de vidro na Coruña, chamada La Unión de Gijón, Avilés y Coruña.

En 1841 fundou tamén a compañía de seguros marítimos La Integridad. Foi vicepresidente da Xunta de Comercio en 1843 e 1847. Entre o 31 de marzo e o 20 de xullo de 1844 ocupou o cargo de alcalde da Coruña e o de senador vitalicio en 1847.[1]

Tras a súa morte, Menéndez deixou numerosas propiedades en diversos lugares da costa galega. Os seus negocios pasaron a ser coñecidos pola firma Viuda de Menéndez, da que foron apoderados o seu fillo máis vello, Juan Menéndez, e máis Eusebio da Guarda, que acabou casando posteriormente coa viúva de Menéndez.

Notas editar

  1. Senado de España, Expediente persoal. "Menéndez Fuertes, Juan". Consultado o 04/09/2020. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar