Igrexa de Santa María de Oza
A igrexa de Santa María de Oza é un templo relixioso situado en Monelos, Oza (A Coruña).
Igrexa de Santa María de Oza | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | igrexa ![]() | |||
Diocese | Arquidiocese de Santiago de Compostela ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia da Coruña | |||
Concello | A Coruña | |||
Parroquia | Oza ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Arquitecto/a | Faustino Domínguez Domínguez ![]() | |||
[ Wikidata ] |
Descrición
editarÉ unha igrexa con planta de cruz grega alterada pola adición da fachada, que ten tres tramos e frontón. O cruceiro está rematado por unha cúpula semiesférica.
O retablo ten partes de mármore e pezas procedentes do pazo de Xelmírez.[1] No interior consérvase unha pía bautismal da capela.[2]
Historia
editarA igrexa parroquial de Oza atopábase nunha pequena capela que quedara pequena para a poboación, polo que o arcebispado de Santiago de Compostela decidiu trasladar a sede.[3]
A nova igrexa, obra de Faustino Domínguez Domínguez,[4] inaugurouse o 2 de febreiro de 1863.[1] Foi incendiada o 20 de xullo de 1936 cando principiou a Guerra Civil Española,[5][6] polo que tivo que ser reconstruída en 1940.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Lorenzo, Ana (3 de febreiro de 2013). "La iglesia de Santa María de Oza cumple 150 años". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2 de xaneiro de 2016.
- ↑ Santa María de Oza 1912
- ↑ Gutiérrez, José Manuel (16 de febreiro de 2010). "Un final traumático para Oza". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 2 de xaneiro de 2016.
- ↑ PXOM
- ↑ José Temprano (Bardos Cultural). "Iglesia parroquial de Santa María de Oza". Archived from the original on 04 de agosto de 2010. Consultado o 20 de abril de 2016.
- ↑ "El día de la Asunción". Hoja oficial del lunes nº 26. 16 de agosto 1937. p. 3. (en castelán)
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |