Milagros Rey Hombre

arquitecta galega

Milagros Rey Hombre, nada en Madrid o 22 de outubro de 1930 e finada o 17 de marzo de 2014, foi unha das primeiras arquitectas de Galicia[2].[3][4][5]

Infotaula de personaMilagros Rey Hombre
Biografía
Nacemento22 de outubro de 1930 Editar o valor em Wikidata
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Morte17 de marzo de 2014 Editar o valor em Wikidata (83 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Santa María de Pastoriza (Arteixo)[1] 
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónarquitecta Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiSantiago Rey Pedreira Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

 
Torre Dourada.
 
Fonte de Catro Camiños.

Filla do arquitecto Santiago Rey Pedreira, estudou o bacharelato no Colexio Compañía de María da Coruña e comezou a carreira de arquitectura en Madrid en 1952.[3]

En 1960 conseguiu o seu título e ano e medio despois estableceu o seu estudio na Coruña, compaxinando o labor co desempeño de traballos municipais.[6] Un dos seus primeiros traballos na cidade herculina foi a reforma da capela da Compañía de María en 1962, seguindo as orientacións do Concilio Vaticano II logrou un espazo sobrio pero cun coidadoso emprego da luz.[7] Entre as súas obras destacan o local social de pescadores de Fisterra, a fonte de Catro Camiños e a Torre Dourada, primeiro rañaceos coruñés, na rúa de Juan Flórez.[8][3] Como xefa da sección técnica do concello, realizou a xestión do chan para a construción de polígonos como o de Elviña e o Barrio das Flores ou para o establecemento da refinaría.[6] Tamén realizou diferentes obras en Betanzos.[9]

Foi catedrática da Escola Universitaria de Arquitectura Técnica da Coruña.[3]

Recoñecementos editar

En 2005 foi condecorada coa Medalla Castelao.[10][11] En 2012 o concello da Coruña realizoulle unha homenaxe.[12] En 2014 o Proxecto MAGA, Mulleres Arquitectas de Galicia, rendeulle unha homenaxe na Escola técnica superior de Arquitectura da Coruña.[13]

Notas editar

  1. Fallece Milagros Rey, pionera de la arquitectura y Medalla Castelao (autora de la “Fuente de Cuatro Caminos”)
  2. María Cristina Gonzalo Pintor e Rita Fernández Queimadelos (A Cañiza, 1911) licenciáronse en 1940, sendo consideradas a segunda e terceira arquitectas mulleres en España, tras Matilde Ucelay, que se licenciara en 1936.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Proyecto de Investigación Mujeres Arquitectas de Galicia. "Milagros Rey Hombre 1930-2014" (PDF). Universidade da Coruña. Proyecto MAGA. Arquivado (PDF) dende o orixinal o 7 de xuño de 2022. Consultado o 23 de maio de 2019.  (en castelán)
  4. Coruña, Isabel Bugallal (2010-03-09). ""El profesor me dijo ¿por qué no haces arquitectura femenina?"". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 2022-06-07. 
  5. Falecemento Milagros Rey Hombre
  6. 6,0 6,1 Un día, una arquitecta
  7. Lema Panisse, C.; Veleiro Pérez, A. (2017). Cen anos educando: Compañía de María A Coruña 1917-2017. Fundación Edelvives. 
  8. Adiós a una mujer pionera
  9. Aspres, Alberta Lorenzo (2022). "Testemuños arquitectónicos de Rey Hombre en Betanzos". Anuario brigantino (45): 265–276. ISSN 1130-7625. 
  10. Seis gallegos y tres cubanos reciben las medallas Castelao
  11. "DOG 107 do 06/06/2005 - DECRETO 143 /2005, do 2 de xuño, polo que se concede a Medalla Castelao.". www.xunta.gal. Consultado o 2023-11-01. 
  12. Falece a primeira arquitecta de Galicia
  13. "HOMENAJE (IN MEMORIAM) A MILAGROS REY HOMBRE". euat.udc.es. Arquivado dende o orixinal o 23 de maio de 2019. Consultado o 23 de maio de 2019. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar