Carlos Meijide
arquitecto español (1936-2001)
Carlos Enrique Meijide Calvo, nado en Monforte de Lemos (provincia de Lugo) en 1936 e finado en Vilalba o 12 de xuño de 2001, foi un arquitecto galego.[1][2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de maio de 1936 Monforte de Lemos, España |
Morte | 2001 (64/65 anos) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | arquitecto |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria
editarObtivo o título de Arquitecto en 1963 pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid e o grao de doutor en 1968.[3] Na Coruña levou a cabo a maior parte do seu labor profesional onde foi arquitecto do Ministerio de Vivienda e subdirector xeral de Patrimonio Histórico da Xunta de Galicia. Foi profesor da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña dende o ano 1977 ata 2001.
Faleceu en 2001 nun accidente de tráfico na estrada N-634.[2]
Obras destacadas
editar- Casa da Cultura de Monforte de Lemos (1962-1985).
- Vivendas e espazos comerciais na rúa de Juan Flórez da Coruña (1970).
- Apartamentos Tenis en San Pedro de Nós (Oleiros) (1973).
- Edificio Trébol da Coruña (1973), que con 75 metros de altura, é un dos máis altos de Galicia.
- Gardería na rúa Eduardo Pondal de Monforte de Lemos (1974).
- Hábitat Residencial Ponte Pasaxe na Coruña (1975).
- Apartamentos en Lago, Miño (1983).
- Escola Galega de Administración Pública en Santiago de Compostela (1988).
- Centro de saúde de Vilalba en Lugo (1995). En colaboración co arquitecto Francisco Vidal Pérez.
- Albergue de peregrinos do Camiño de Santiago en Vilalba (1999)[4]. En colaboración co arquitecto Jorge Meijide Tomás.
- Edificio de obradoiros tecnolóxicos de Enxeñería no Campus de Esteiro en Ferrol (2001). En colaboración co arquitecto Jorge Meijide Tomás.
Premios
editar- Mención no V Premio de Arquitectura Julio Galán Carvajal[5] (2001) na categoría Obra de planta nova polo proxecto Edificio de obradoiros tecnolóxicos de Enxeñería no Campus de Esteiro.
- Premio de arquitectura Rodolfo Ucha Piñeiro 2003[6] pola obra Edificio de obradoiros tecnolóxicos de Enxeñería no Campus de Esteiro.
Notas
editar- ↑ Galegos.info
- ↑ 2,0 2,1 "El autor del edificio El Trébol muere en accidente de tráfico a los 65 años". Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2016. Consultado o 03 de xuño de 2016.
- ↑ Boletín académico nº 25 (2001), Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña, ISSN 0213-3474.
- ↑ Albergue de Vilalba. www.camiño.xacobeo.es.
- ↑ "Acta do xurado." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de setembro de 2010. Consultado o 26 de setembro de 2010.
- ↑ Reseña histórica do Campus de Esteiro Arquivado 27 de decembro de 2009 en Wayback Machine., textos de Mercedes Insua Cabanas. udc.es (consultado o 25 de marzo de 2010).
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarBibliografía
editar- Boletín académico nº 25 (2001), Biografía, Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña, ISSN 0213-3474.
- Boletín académico nº 25 (2001), Obras e Proxectos, Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña, ISSN 0213-3474.
- Boletín académico nº 25 (2001), descricións de Carlos Meijide, Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña, ISSN 0213-3474.