Escola Galega de Administración Pública

centro galego de investigación e docencia

A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) é un centro oficial de docencia e de investigación en todas aquelas materias que foren de interese para o persoal ao servizo da Xunta de Galicia e, de ser o caso, doutras administracións galegas. Ten a súa sede en Santiago de Compostela.

Escola Galega de Administración Pública
Logo
Sede da Escola Galega de Administración Pública
Tipoinstitución educativa pública
Data de fundación1982
EnSantiago de Compostela
PaísGalicia
Na rede
https://egap.xunta.gal/
editar datos en Wikidata ]

Orixe editar

A Escola Galega de Administración Pública foi creada de acordo co Decreto 163/1982, do 1 de decembro, como órgano administrativo sen personalidade xurídica propia. Posteriormente, e de acordo coa Lei 4/1987, do 27 de maio (modificada pola Lei 10/1989, do 10 de xullo), a EGAP constitúese nun organismo autónomo de carácter administrativo adscrito á Consellería de Presidencia e Administración Pública, con personalidade xurídica de seu e con plena autonomía funcional para o cumprimento dos seus fins.

Funcións editar

  • Formación de directivos e persoal ao servizo da administración pública de Galicia e entes locais da comunidade. Na mesma liña de actuacións leva a termo unha importante tarefa de formación mediante a organización de cursos, presenciais e por vía de Internet.
  • Estudos e investigación: para o fomento da investigación en materia de Administración Pública e ciencia da administración.