Xesús Manuel Valcárcel

escritor galego

Xesús Manuel Valcárcel López,[1][2] nado en Romeán (Lugo) en 1955, é un profesor e escritor galego[3].

Modelo:BiografíaXesús Manuel Valcárcel
Biografía
Nacemento1955 Editar o valor en Wikidata (68/69 anos)
Romeán, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, profesor de ensino secundario Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoNarrativa, ensaio, poesía
Familia
IrmánsXulio López Valcárcel Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1050972 BUSC: valcarcel-xesus-manuel-1955

Traxectoria

editar

Estudou no Seminario de Lugo e no Instituto da mesma cidade, licenciouse en Filoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e accedeu a catedrático de Lingua galega e Literatura de secundaria.[4] Tamén exerceu a docencia nas Universidades de Santiago e Granada e ten desempeñado diferentes actividades na administración educativa galega.[5]

Entrou, co seu irmán Xulio, no colectivo poético Cravo Fondo en 1977[6][7]. É promotor da teoría filosófica do movemento artístico e literario galego denominado sentimentalismo e a editorial Bubela.[5]

Colaborou no Boletín da Real Academia Galega e no Boletín galego de literatura.

Obra en galego

editar

Poesía

editar

Narrativa

editar

Ensaio

editar
  • Normalización e currículo: posibilidades interdisciplinares, 1993, Xunta de Galicia.[9][10]
  • Animal sentimental (1997) Ir Indo. ISBN 84-7680-236-6.
  • Dialéctica sentimental (1997). Ir Indo. ISBN 84-7680-237-4.
  • Práctica sentimental (1997). Ir Indo. ISBN 84-7680-252-8. Estas tres obras foron traducidas ao castelán como Trilogía sentimental no 2009, publicado por Editorial Bubela.
  • "A formación do profesorado de lingua galega e literatura: dificultades e necesidades" (2002). En Actas da VIII Conferencia Internacional de Linguas Minoritarias.
  • Manifesto sentimentalista. Movemento de vangarda artística e literaria (2006). Santiago: Editorial Bubela. ISBN 84-934933-1-7.
  • Trilogía sentimental (2009). Santiago de Compostela: Bubela. ISBN 978-84-937176-3-6.
  • A arte da liberación persoal (2010). Santiago: Editorial Bubela. ISBN 978-84-937176-8-1.
  • O gran saber (2010). Editorial Bubela. ISBN 978-84-937176-7-4.
  • Rebelde stil novo: fundamentos teóricos do sentimental_ISMO. Terceiro manifesto (2010) Editorial Bubela. ISBN 978-84-938451-2-4.
  • Aprendizaxe sent (2011). Santiago: Editorial Bubela. ISBN 978-84-938451-5-5.
  • Un novo camiño a Compostela: a vía sentimentalista (2011). Santiago: Editorial Bubela. ISBN 978-84-938451-2-4.[11]
  • Organización, estratexia e símbolos do sentimentalismo (2011). Santiago: Editorial Bubela. ISBN 978-84-938451-7-9

Debuxos e artes plásticas

editar

Obras colectivas

editar
  • Cravo fondo, 1977, Follas Novas.
  • O relato breve. Escolma dunha década (1980-1990), 1990, Galaxia.
  • Escolma de poesía galega (1976-1984), 1984, Sotelo Blanco.
  • Poemas e contos da muralla, 2001, A Nosa Terra.
  • Materia prima. Relatos contemporáneos, 2002, Xerais.[6]
  • Narradio. 56 historias no ar, 2003, Xerais.
  • Sentimentalismo. Antoloxía de referencia. Etapa de fundación, 2011
  • Sentimentalismo. I Antoloxía transcendental, 2015
  • Sentimentalismo. II Antoloxía transcendental, 2017
  • Sentimentalismo. III Antoloxía transcendental, 2017

Premios

editar

Obra en castelán

editar

Poesía

editar
  • Pulsando la ciudad atormentada (1975). Edición do autor, Lugo.

Vida persoal

editar

Naceu Xesús Manuel López Valcárcel[6][12], pero mudou legalmente a orde dos apelidos. É irmán de Xulio López Valcárcel, tamén escritor[6].

  1. O autor cambiou legalmente a orde dos seus apelidos.
  2. Anuncio dunha charla de Xesús Manuel Valcárcel López na Biblioteca Nodal da Coruña
  3. "López Valcárcel, Xesús Manuel". Diciopedia do século 21 2. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1250. ISBN 978-84-8288-942-9. 
  4. "Carlos Casares e a Xeración dos 60". www.castrelo.gal. Consultado o 2022-06-20. 
  5. 5,0 5,1 "SENTIMENTALISMO Editorial Bubela". www.editorialbubela.com. Consultado o 2022-06-20. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 6,7 6,8 Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada
  7. "Editorial Galaxia Xesús Manuel Valcárcel". Editorial Galaxia. Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2022. Consultado o 2022-06-20. 
  8. Vilavedra, Dolores, ed. (2000). Diccionario da Literatura Galega. Obras III. Galaxia. ISBN 84-8288-365-8. 
  9. O autor publicou este libro co nome de Xesús López Valcárcel
  10. Ficha no Proxecto Meiga do libro Normalización e curriculo: posibilidades interdisciplinares
  11. Armandorequeixo. "Un novo Camiño a Compostela. A vía sentimentalista". Criticalia. Consultado o 2022-06-20. 
  12. Na Diciopedia do século 21: "Valcárcel, Xesús V. López Valcárcel, Xesús".

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar