Sentimentalismo (movemento galego)

movemento literario galego
Non confundir co Sentimentalismo

O sentimentalismo é un movemento filosófico, artístico e espiritual fundado polo escritor Xesús Manuel Valcárcel. Segundo os seus textos programáticos, o sentimentalismo “promove a liberación da persoa a través da arte e do coñecemento”.[1]

ASTRAZ, símbolo do sentimentalismo.

Historia editar

Como movemento literario e artístico, o sentimentalismo comezou en Lugo na década de 1970 arredor do semanario Táboa Redonda do xornal El Progreso e do programa radiofónico Fogar de Breogán da Cadena SER, dirixido por Xesús Manuel Valcárcel. Nestes medios, o movemento tivo a editorialización dos seus primeiros comunicados.[2] Tamén está vencellado ao colectivo poético Cravo Fondo, do que foi inspirador. A base teórica do sentimentalismo preséntase nunha triloxía conformada polos ensaios Animal sentimental, Dialéctica sentimental e Práctica sentimental, publicados por Ir Indo Edicións.

Segundo os textos fundacionais, “o sentimentalismo parte do esgotamento da tradición racionalista occidental, da necesidade de alternativas e da importancia dos sentimentos na interpretación e na xestión do mundo; parte da valoración individualista da persoa, a través da rebeldía, para promover un cambio de conciencia, reivindicando a sabedoría ancestral e a rica variedade das culturas e dos seres concretos”[3].

Antoloxías do sentimentalismo editar

O sentimentalismo publicou a través do seu órgano de comunicación as coñecidas como TAR (Tres Antoloxías de Referencia), correspondentes á Etapa de Fundación, á Etapa de Implantación e á Etapa de Expansión.

Na Etapa de fundación (2011), Manuel Celso Matalobos e Olga Patiño Nogueira xuntaron unha selección de textos dos autores que se sumaron nun inicio aos Manifestos do Movemento. A Etapa de implantación (2012) foi coordinada por Carlos Arias Iglesias e Mariña Pérez Rei. Finalmente, na Etapa de Expansión (2013) Xavier Lama e Branca Novoneyra seleccionaron varios poetas novos para compoñer unha nova antoloxía do sentimentalismo, que valoran como un “movemento xa suficientemente vertebrado desde a perspectiva ideolóxica e a adscrición autoral”[4][5].

Autoras e autores editar

 
Autoras e autores do sentimentalismo.

Notas editar

  1. Valcárcel, Xesús Manuel (2014). Que é o sentimentalismo? Ideario básico. Bubela, Grupo de Xestión Cultural SL. ISBN 978-84941864-5-5. 
  2. "Biografía Antón Grande". 
  3. Manifesto sentimentalista. Bubela, Grupo de Xestión Cultural SL. 2006. ISBN 84-934933-1-7. 
  4. Lama, Xavier; Novoneyra, Branca (2013). Sentimentalismo. Antoloxía de referencia. Etapa de Expansión. Bubela, Grupo de Xestión Cultural SL. ISBN 978-84-941864-0-0. 
  5. "Presentación de Antoloxías do sentimentalismo (El Correo Gallego)". Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2017. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar