Estro Montaña

escritor galego

Xosé Montaña Louzao, coñecido como Estro Montaña, nado en Betanzos en 1956[1], é un escritor, profesor e crítico literario galego.

Infotaula de personaEstro Montaña
Biografía
Nacemento1956 Editar o valor em Wikidata (67/68 anos)
Betanzos, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , catedrático de bacharelato Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Realizou estudos de Dereito e Filosofía na Universidade de Santiago.

Publicou a novela en castelán La última isla, e, en galego, o libro de relatos de maquis As armas delicadas e as novelas Pancarta para Xulia, O tesouro de Catoira e Un conto siciliano e outras historias. É autor da biografía Diego Gelmírez. Báculo de gloria en Compostela e da crónica novelada Doña Urraca. Como ensaísta é autor dun traballo sobre O teatro de Blanco Amor e dos estudos A narrativa de Rafael Dieste e Guía comentada de Rafael Dieste.[2][3]

Como autor de libros de viaxes publicou A costa da morte: Un litoral insólito (edición bilingüe) e unha extensa obra: Polos vieiros do vello Miño, que apareceu tamén en castelán baixo o título Por los caminos del viejo Miño, obra que estuda de xeito plural o pai dos nosos ríos, o Miño, desde o nacemento ata a desembocadura, mesmo a parte portuguesa.

Foi membro do Consello de Redacción de Galicia literaria e do Faro das Letras. Publicou artigos, baixo diferentes nomes, en La Voz de Galicia, Faro de Vigo, Diario 16, e El Correo Gallego.

Participou en libros colectivos de relatos como 56 historias no ar e Unha liña no ceo.

Obras editar

Narrativa editar

Ensaio editar

  • A Costa da Morte: un litoral insólito (1999). Nigra Trea. 95 páxs. Con fotos de Nieves Loperena e Tono Arias. ISBN 84-923922-3-1.
  • Polos vieiros do vello Miño (2005). Nigra Trea. 196 páxs. Con fotos de Tono Arias. ISBN 84-95364-34-4.Traducida ao castelán como Por los caminos del viejo Miño (2005).
  • Diego Gelmírez. Báculo de gloria en Compostela (2007). Nigra Trea. 96 páxs. ISBN 978-84-95364-65-4.
  • O teatro de Blanco Amor (1993).
  • A narrativa de Rafael Dieste (1995).
  • Guía comentada de Rafael Dieste (2006).

Obra en castelán editar

  • Claves y enigmas de la novela negra (1988)
  • La última isla (1993). Libertarias/Prodhufi. 183 páxs. ISBN 84-7954-115-6.
  • Por la costa del Eixo Atlántico. Rutas del agua (2009). Nigra Trea. Con José M. de Lima e Costa. Fotografías de Tono Arias. ISBN 978-84-95364-89-0.

Notas editar

  1. "autor/a A. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-02-15. 
  2. "Montaña, Estro (1956-)". datos.bne.es (en castelán). Consultado o 2019-02-15. 
  3. Armandorequeixo. "Estro Montaña. Criticalia". Consultado o 2019-02-15. 
  4. "Ficha de libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-02-15.