Silverio Cerradelo
veterinario e escritor galego
Silverio Cerradelo Gómez, nado en Ourense en 1964, é un escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1964 (59/60 anos) Ourense, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Formación profesional | Veterinaria e Filoloxía Galega |
Educación | Universidade Autónoma de Barcelona |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Xénero artístico | narrativa |
Lingua | Lingua galega |
Traxectoria editar
Licenciado en Veterinaria e Filoloxía Galega na Universidade Autónoma de Barcelona, ten traballado sobre todo con fauna salvaxe. Foi membro dos grupos de teatro universitario galego de Barcelona. Traballou tamén como tradutor, como xornalista (colaboracións na revista Integral, en El Periódico de Barcelona e en Vieiros) e en temas de educación ambiental. Dirixiu o proxecto educativo Contacontos nos Pireneos e na cordilleira Cantábrica, para a sensibilización sobre o oso pardo, patrocinado polo WWF/Adena (Fondo Mundial para a Natureza), que durou máis de dous anos. É impulsor do proxecto na rede A Chave.[1]
Obras editar
Literatura infanto-xuvenil editar
- A historia da Bavar e do Kiwi, os osos do hospital de fauna de Vallcalent, 2001, publicado en catalán, castelán, éuscaro, occitano, aragonés e galego.
Narrativa editar
Traducións editar
- Introducción á fonética: o son na comunicación humana, de Eugenio Martínez Celdrán, 2002, Galaxia. Con Sabela Labraña.