Salvador García-Bodaño
Salvador García-Bodaño Zunzunegui, nado en Teis (Vigo) o 17 de xullo de 1935 e finado en Veitureira[1] (Lampai, Teo) o 7 de marzo de 2023,[2] foi un escritor galego, membro do plenario da Real Academia Galega dende 1992 e vicesecretario desa institución no período 2001-2009. Cultivou exclusivamente a poesía en lingua galega e está considerado como membro da Xeración das Festas Minervais. Foi procurador dos tribunais e dedicouse a diversas actividades mercantís.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de xullo de 1935 Teis, España |
Morte | 7 de marzo de 2023 (87 anos) Veitureira, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela Universidade de Oviedo |
Actividade | |
Ocupación | poeta |
Membro de | |
Xénero artístico | Poesía, narrativa e ensaio |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Xulia Rodríguez Blanco |
Pai | Salvador García-Bodaño Fernández |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada Dicionario biográfico de Galicia Diccionario enciclopédico galego universal |
Traxectoria
editarFillo de Salvador García-Bodaño Fernández, cando nin contaba un mes de idade os seus pais trasladáronse para Santiago de Compostela, cidade na que se formou intelectualmente, coa influencia de Carlos Maside e Ramón Piñeiro. Colaborou con La Noche e pertenceu ao Partido Socialista Galego do que foi Secretario de Información e Propaganda.[3]
Estudou Dereito nas Universidades de Santiago e Oviedo.[4] Formou parte de numerosas empresas culturais: foi fundador en 1961 da Agrupación Cultural O Galo; formou parte do Consello da Mocedade. Participou nos Xogos Florais da Coruña de 1962, na celebración do primeiro Día das Letras Galegas (1963) e na homenaxe a Antonio Machado de 1964. En 1974 foi sancionado polo Tribunal de Orde Pública por un recital no Círculo Recreativo e Cultural de Perlío, Fene, no que se incluían uns poemas á Revolución dos Caraveis e a Pablo Neruda.[5] Colaborou na realización do proxecto da revista Teima (1976); na editorial Escola Aberta; no Museo do Pobo Galego (1976), sección etnográfica de oficios e da arte popular; na directiva da primeira Asociación de Escritores en Lingua Galega (1980); no Ateneo de Santiago de Compostela xa desaparecido e do que foi presidente; na Fundación Padroado do Pedrón de Ouro; no Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside, no novo Seminario de Estudos Galegos (1983); fundador da actual Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG); do Instituto Galego da Información (IGI); da Asociación de Tradutores en Lingua Galega (ATLG); da Fundación Castelao; do PEN Clube de Galicia e da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil. A proposta de Antón Fraguas, Constantino García e Andrés Torres Queiruga, ingresou como membro numerario na Real Academia Galega o 25 de novembro de 1992, pronunciando o discurso Compostela e as nosas letras ata o Manifesto Máis Alá,[6] respondido por Carlos Casares. Foi vicesecretario desa institución durante dous períodos consecutivos, de 2001 a 2009.[5]
Mantivo unha columna dominical en El Correo Gallego, titulada “No pasar dos días”.[7]
Foi presidente do Ateneo de Santiago entre 2008 e 2021 cando pasou a ser presidente de honra.[8]
Vida persoal
editarCasou con Aurichu Pereira, con quen tivo catro fillos, e de quen se separou en 1979.[9]
En 1982 casou con Xulia Rodríguez Blanco, que sería a musa dos seus célebres Poemas de amor a Xulia e con que celebrou en 2022 os 40 anos de casados.
Obra
editarPoesía
editar- Ao pé de cada hora (1967). Vigo: Galaxia.[10] 2ª edición na Colección Dombate en 1980. 64 páxs. ISBN 978-84-7154-083-6.
- Tempo de Compostela (1978). Edición numerada gran formato; con gravados de Alfonso Costa. Barcelona: Editorial Gráficas Femando.
- Tempo de Compostela (1979). Santiago: Edicións do Cerne.[11] ISBN 84-85650-00-X.
- Tempo de Compostela (1989). Edición en lingua italiana e galega, ó coidado do profesor Giuseppe Tavani. Con "Tempo di Compostela", a Editorial Japadre, iniciou a colección "Poeti e Prosatori Galeghi". Roma: Editorial Japadre.[12]
- 37 debuxos para un país (1985). Sada: Ediciós do Castro.[13] Textos para un álbum de debuxos de Felipe Criado. 168 páxs. ISBN 978-84-7492-246-2.
- Compostela (1989). Barcelona: Talleres Gráficos Iberia.[14] Con gravados de Alfonso Costa.
- Compostela (1991). Santiago: Ed. Compostela. Edición popular "Biblioteca 114", Nº 18.
- Obra poética (1993). Culleredo: Espiral Maior.[15] Compilación da súa obra publicada, que inclúe dous inéditos: Poemas de amor a Xulia e As palabras e os días. 224 páxs. ISBN 9788488137166.
- Pegadas no alcatrán (1994). Barcelona: Café Central.
- Ao pé de cada hora / Tempo de Compostela (2022). Vigo: Xerais.
- Cidade virtual (2003). Betanzos: Biblos Clube de Lectores.
- Cantos de ausencia. (Elexías 1959-2002) (2004). Vigo: A Nosa Terra.
Narrativa
editar- O caleidoscopio (1992). Contos do Castromil, Vigo: Ir Indo. Despois titulado O Mosteiro.
- Os misterios de Monsieur D'Allier (1992). Vigo: Galaxia. 128 páxs. ISBN 978-84-7154-832-0. Relatos.
- O Sinatra (2007). Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística.[16]
Ademais os relatos curtos A Pedra (1991), Conto de Reis (1991) e Ruth (1993).
Ensaio
editar- De onte a hoxe. Ensaios xornalísticos dende Compostela (1993). Santiago: Editorial Compostela. 143 páxs. ISBN 84-8064-034-0.
- Rafael Dieste: vida e obra en lingua galega (1995). A Coruña: Real Academia Galega). 164 páxs. ISBN 84-87987-09-5.
Tradución
editar- Eu son unha árbore, de J. L. García Sánchez e M. A. Pacheco (1979). Madrid: Altea. ISBN 978-84-372-1368-2.
- Eu son unha fera, de J. L. García Sánchez e M. A. Pacheco (1979). Madrid: Altea. ISBN 978-84-372-1367-5.
- Eu son unha rocha, de J. L. García Sánchez e M. A. Pacheco (1979). Madrid: Altea. ISBN 9788437213668.
- Eu son o aire, de J. L. García Sánchez e M. A. Pacheco (1979). Madrid: Altea. ISBN 84-372-1369-X.
- Eu son o sol, de J. L. García Sánchez e M. A. Pacheco (1979). Madrid: Altea. ISBN 84-372-1371-1
- Eu son unha pinga, de J. L. García Sánchez e M. A. Pacheco (1979). Madrid: Altea. ISBN 84-372-1370-3.
- Eu son o lume, de J. L. García Sánchez e M. A. Pacheco (1979). Madrid: Altea. ISBN 84-372-1375-4.
- Haruchan, de Anna Gasol e M. Gasol (1988). Barcelona: Onda. ISBN 84-7552-179-7.
- Qomolangma: asalto al Everest, de Antoni Ricart de Mesones (1988). Barcelona: Onda. ISBN 84-7552-180-0.
- Viaxe por Galicia 1837, de George Borrow (1993). Vigo: Edicións Xerais de Galicia). ISBN 84-7507-694-7.
Obras colectivas
editar- Homenaxe a Fermín Penzol (1972, Galaxia).
- Homenaxe a Francisco Fernández del Riego (1972, Galaxia).
- Ocho siglos de poesía gallega (1972, Alianza).
- Chile en el corazón. Homenaxe a Pablo Neruda (1975, Península).
- Homenaxe a Otero Pedrayo (1976, Galaxia).
- Poesía gallega de postguerra (1976, Ediciós do Castro).
- Homenaxe a Luís Seoane (1977, Cuco-Rei).
- Galicia: realidade económica e conflicto social (1979, Banco del Noroeste).
- Maside, un pintor para unha terra (1979, COAG Santiago).
- Antoloxía de poesía galega. Dos posmodernistas aos novos (1980, Galaxia).
- Coroa poética para Rosalía de Castro (1985, Xerais).
- Homenaxe a Laxeiro de escritores e artistas de Galicia (1991).
- Homenaxe a Ramón Piñeiro (1991, Caixa Galicia).
- Os contos da campaña (1992, Xunta de Galicia).
- Rolda de amigos derredor de Francisco Fernández del Riego (1993).
- Ultreia. Poetas e pintores galegos fronte á droga (1993).
- 50 anos de poesía galega (1994, Penta).
- Desde mil novecentos trinta e seis: homenaxe da poesía e da plástica galega aos que loitaron pola liberdade (1995, Ediciós do Castro).
- Coroa poética para un mártir (1996, Xerais).
- O entrelazo das palabras (1999).
- Río de son e vento, de César Morán (1999, Xerais).
- Manuel Luís Acuña (2000, Xerais).
- Homenaxe a Xavier Pousa (2001, Fundación Xoán Piñeiro).
- A poesía é o gran milagre do mundo, 2001, PEN Clube de Galicia.
- Poetas e narradores nas súas voces. I, 2001, Consello da Cultura Galega.
- Un futuro para a lingua (2002, Xunta de Galicia).
- Homenaxe a Francisco Fernández del Riego (2002, Fundación Premios da Crítica-Galicia).
- O libro dos abanos (2002, Follas Novas).
- Antoloxía consultada da poesía galega 1976-2000 (2003, Tris Tram). Por Arturo Casas.
- Antón Avilés de Taramancos: 1935-1992, unha fotobiografía (2003, Xerais).
- Carlos Casares. A semente aquecida da palabra (2003, CCG).
- Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina (2003, Fundación Araguaney).
- Narradio. 56 historias no ar (2003, Edicións Xerais de Galicia).
- Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra (2003, Espiral Maior).
- 23 poetas galegos cantan a don Antonio Machado (2004, Hipocampo).
- Son de poesia (2005, Edições Fluviais, Lisboa).
- Cartafol poético para Alexandre Bóveda (2006, Espiral Maior).
- Poemas pola memoria (1936-2006) (2006, Xunta de Galicia).
- Poetas con Rosalía (2006, Fundación Rosalía de Castro).
- Poetízate. Antoloxía da poesía galega (2006, Xerais).
- Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo (2006, Difusora).
- A Coruña á luz das letras (2008, Trifolium).
- Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade (2009, Difusora).
- Lois Pereiro en 17 voces (2011, La Voz de Galicia).
- Tamén navegar (2011, Editorial Toxosoutos).
- Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro (2011, AELG), libro electrónico.
- 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015).[17]
Premios
editar- Gañador do Premio de Poesía Galega e Poesía Castelá nas Festas Minervais en 1959.
- Premio da Crítica de poesía galega no 1978, por Tempo de Compostela.
- Premio da Xunta de Galicia á Creación Cultural en 1988.
- Premio da Crítica de narrativa galega no 1992, por Os misterios de Monsieur D´Aillier.
- Premio O Escritor na súa Terra da AELG no 2004.
- Premio Cultura Galega das Letras no 2012[18]
- Insignia de Ouro da Universidade de Santiago de Compostela no 2012.
- Premio Voz da Liberdade do PEN Clube de Galicia no 2013.
- Medalla de ouro e título de Fillo adoptivo de Santiago de Compostela en 2014.[19] Ademais, o concello de Santiago dedicoulle unha praza no barrio de San Lázaro.
Notas
editar- ↑ González Martínez, Xosé (2023-03-07). "A manda testamentaria de García-Bodaño". La Voz de Galicia. Consultado o 2023-03-07.
- ↑ "A RAG expresa o seu fondo pensar polo pasamento do académico Salvador García-Bodaño". Real Academia Galega. 7 de marzo de 2023.
- ↑ Méndez Ferrín 1984.
- ↑ "tradutor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2023-03-07.
- ↑ 5,0 5,1 "Salvador García-Bodaño Zunzunegui". Real Academia Galega.
- ↑ García-Bodaño, S. (2005). Compostela e as nosas letras ata o Manifesto Máis Alá. Real Academia Galega.
- ↑ "No pasar dos días, de Salvador García-Bodaño". El Correo Gallego. Arquivado dende o orixinal o 26/02/2022. Consultado o 26/2/2022.
- ↑ "Homenaje del Ateneo de Santiago a Salvador García-Bodaño". La Voz de Galicia (en castelán). 21/12/2021.
- ↑ "Muere Aurichu Pereira, referente de la pintura gallega que inició sus pasos bajo el pincel de Carlos Maside". La Vanguardia (en castelán). 2 de novembro de 2023. Arquivado dende o orixinal o 24 de novembro de 2023. Consultado o 24 de novembro de 2023.
- ↑ Vista previa da 2ª ed (1980) en Google Books.
- ↑ Vilavedra, Dolores, ed. (2000). Diccionario da Literatura Galega. Obras III. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-365-8.
- ↑ "Tempo di Compostela". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-04.
- ↑ Con debuxos de Felipe Criado.
- ↑ 2ª edición en Biblioteca 114, 1991, El Correo Gallego.
- ↑ Compilación da súa obra publicada, que inclúe dous poemarios inéditos (Poemas de amor a Xulia e As palabras e os días).
- ↑ "O Sinatra" (PDF). galeguizargalicia.gal.
- ↑ 150 Cantares para Rosalía de Castro
- ↑ "Salvador García-Bodaño, Premio Cultura Galega das Letras 2012" 19/11/2012, RAG.
- ↑ "A Corporación outorga a medalla de Ouro e o título de Fillo Adoptivo a…". El Correo Gallego. 26/12/2014. Arquivado dende o orixinal o 26/12/2014. Consultado o 26/12/2014.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Salvador García-Bodaño |
Bibliografía
editar- "García-Bodaño Zunzunegui, Salvador". Diccionario enciclopédico galego universal 30. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 60. ISBN 84-7680-429-6.
- "García-Bodaño Zunzunegui, Salvador". Dicionario biográfico de Galicia 2. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 151.
- "García-Bodaño Zunzunegui, Salvador". Diciopedia do século 21 2. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 976. ISBN 978-84-8288-942-9.
- "García-Bodaño Zunzunegui, Salvador". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "García-Bodaño Zunzunegui, Salvador". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). El Correo Gallego. p. 250. ISBN 84-8064-113-4.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 167. ISBN 84-7492-465-0.
- Méndez Ferrín, Xosé Luis (1984). De Pondal a Novoneyra. Edicións Xerais de Galicia. pp. 297–299. ISBN 84-7507-139-2.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. p. 257-258. ISBN 84-8288-019-5.
Ligazóns externas
editar- Salvador García-Bodaño: Páxina web oficial
- Salvador García-Bodaño na Biblioteca Virtual Galega.
- Entrevista de Literatura Galega do S.XX do alumnado do IES Manuel García Barros
Predecesor: Luz Pozo Garza |
Vicesecretario da Real Academia Galega 2001-2009 |
Sucesor: Francisco Fernández Rei |