Laura Caveiro
escritora galega
Laura Caveiro, nada en Vigo en 1967, é unha escritora galega.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1967 ![]() Vigo, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritora ![]() |
Lingua | Lingua galega ![]() |
![]() ![]() |
Traxectoria
editarDase a coñecer escribindo relatos, con "Lúa chea" acada en 1986 un accésit no concurso de contos da Casa da Xuventude de Ourense. En 1993 colabora na emisora de Radio ECCA, no programa de literatura Os mundos de Horacio Oliveira, e desde 2002 co suplemento literario Faro da Cultura, e colaborou tamén con La Voz de Galicia e Grial como crítica literaria.
Obras
editarNarrativa
editar- Polas inmensas e alleas fortunas, 1995, Xerais.
- As naos afondando, 2000, Liceo Rubia Barcia.
Obras colectivas
editar- Narradoras, 2000, Xerais.
- Narradio. 56 historias no ar, 2003, Xerais.
- Alma de beiramar, 2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
- Escrita contemporánea. Homenaxe a Ánxel Casal, 2005, AELG.
- Letras novas, 2008, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
Premios
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Laura Caveiro na páxina web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
- Ficha da autora en Xerais Arquivado 13 de decembro de 2009 en Wayback Machine.