María López Sández
María López Sández, nada en Lugo o 17 de setembro de 1973, é unha filóloga e ensaísta galega.[1]
María López Sández | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | María López Sández |
Nacemento | 17 de setembro de 1973 |
Lugar de nacemento | Lugo |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | filóloga |
Premios | Premio Ramón Piñeiro de Ensaio e Premio Narrativa Breve Repsol |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Licenciada en Filoloxía Hispánica, Inglesa e Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, e doutora en Teoría da Literatura e Literatura Comparada por esta universidade coa tese A descrición topográfica, o seu papel na construción dun imaxinario cultural no discurso literario galego ("Cantares gallegos", "Arredor de si" e o ciclo textual de "Tagen Ata"). Premio Fin de Carreira da Comunidade Autónoma de Galicia.[2] Impartiu docencia no ensino secundario (IES Xulián Magariños de Negreira),[3] sendo tamén profesora asociada na Facultade de Ciencias da Educación da USC.[4] O seu labor de investigadora centrouse na relación da literatura galega co imaxinario paisaxístico e co espazo urbano, así como no estudo da cartografía como semiótica do espazo.[5]
É autora de artigos e estudos sobre Rosalía de Castro (Rosalía e a paisaxe galega, Os efectos da aculturación en “El cadiceño” de Rosalía de Castro”). Participou en Congresos Internacionais con relatorios sobre Rosalía (O ensaio como subtexto na prosa de Rosalía de Castro, Cantares gallegos, novas perspectivas de análise).[6]
Obra en galegoEditar
EnsaioEditar
- Paisaxe e nación. A creación discursiva do territorio (2008). Galaxia. 216 páxs. ISBN 978-84-9865-130-0.[7]
- Movendo os marcos do patriarcado en coautoría con Marilar Aleixandre. 2021[8] Traducido ao castelán polas propias autoras.[9]
NarrativaEditar
- A forma das nubes (2012). Galaxia. 98 paxs. 2ª Ed. en 2014. ISBN 978-84-9865-469-1.[10] En castelán La forma de las nubes (2015). Mar Maior. Tradución Xosé Antonio López Silva.[11]
- O faro escuro (2015). Galaxia. 136 páxs. ISBN 978-84-9865-591-9.[12]
- A noite da deusa (2020). Galaxia, Costa Oeste. 220 páxs. ISBN 978-84-9151-469-5.
Obras colectivasEditar
- Libres e vivas (2021). Galaxia. 196 páxs. ISBN 978-84-9151-586-9.[13]
PremiosEditar
- Premio Ramón Piñeiro de Ensaio no 2007, por Paisaxe e nación. A creación discursiva do territorio.
- Premio Narrativa Breve Repsol no 2012, por A forma das nubes.[14]
- Finalista do Premio de novela por entregas de La Voz de Galicia por O faro escuro.
NotasEditar
- ↑ "María López Sández". www.aelg.gal. Consultado o 2019-05-19.
- ↑ "PoesiaGalega: María López Sández". web.archive.org. 2011-05-19. Consultado o 2019-05-19.
- ↑ "María López Sández". www.ub.edu (en inglés). Consultado o 2019-05-19.
- ↑ "Horario do profesor - Facultade de Ciencias da Educación - USC". www.usc.es. Consultado o 2019-05-19.
- ↑ "Galaxia de autores". web.archive.org. 2012-06-29. Consultado o 2019-05-19.
- ↑ "María López Sández". mar.maior.com (en castelán). Consultado o 2019-05-19.
- ↑ "Catálogo de libros: Ficha dun libro". web.archive.org. 2012-06-29. Consultado o 2019-05-19.
- ↑ Triñáns, Ana. "Marilar Aleixandre e María López reivindican nun libro o feminismo de Pardo Bazán". Nós Diario. Consultado o 2021-03-03.
- ↑ "Moviendo Los Marcos Del Patriarcado". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2022-01-25.
- ↑ "A forma das nubes". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-05-19.
- ↑ "María López Sández: La forma de las nubes". Libros Prohibidos (en castelán). 2016-04-13. Consultado o 2019-05-19.
- ↑ "O faro escuro". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-05-19.
- ↑ "Libres e vivas". Editorial Galaxia. Consultado o 2021-02-10.
- ↑ "María López Sández recibiu o VI Premio de Narrativa Breve Repsol". Editorial Galaxia. 2012-12-18. Consultado o 2019-05-19.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Culturgal 2012. María López Sández: A forma das nubes. YouTube. 24/01/2013.