Gloria Sánchez
escritora galega
Gloria Sánchez García, nada en Vilagarcía de Arousa en 1958, é unha escritora galega de literatura infantil e xuvenil.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | febreiro de 1958 (66 anos) Vilagarcía de Arousa, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | mestra , escritora |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria
editarMestra de ensino primario, especializada en lingua e literatura galega, francesa e audición e linguaxe. Moi influenciada pola literatura oral popular escribe prosa, teatro e poesía, ao tempo que se confesa admiradora das vangardas poéticas. A súa obra subxace baixo esta dobre faceta: tradición e innovación. Algunhas das súas obras foron traducidas ao castelán, catalán, éuscaro, portugués e coreano.
Obra
editar- A pequena aventura de Oscariño (Deputación Provincial de Pontevedra. Servizo de Publicacións, 1984) .
- Fafarraios (Xerais, 1991).
- Rimas con letra (Xerais, 1991).
- Bichos con gaseosa (Bruño, 1992)
- Cabeciña a paxaros e outras historias (Bruño, 1993).
- ¡Pum, pum! (Ir Indo, 1993).
- O capitán Ro e o gato Bo (Xerais, 1994).
- Pé mais eu (Rodeira, 1994 ). Traducida ao castelán.[1]
- 303 adiviñas (Xerais, 1994).
- Doutor Rus (Rodeira, 1995). Traducida ao castelán: Doctor Rus (Edebé, 1995),[2] ao catalán (Edebé, 1995)[3] e ao éuscaro: Rus doktorea (Giltza, 1998).[4] Traducida ao koreano.
- A raíña de Turnedó (Xerais, 1996).
- Manual para unha pequena meiga (Rodeira, 1998). Con tradución ao castelán: Manual para una pequeña bruja (Edebé, 1998),[5] ao catalán: Manual per una petita bruixa (Edebé, 1998)[6] e ao éuscaro: Sorgin txikiaren eskuliburua (Giltza, 2000).[7]
- Sete casas, sete bruxas e un ovo. (Edicións SM, 1998). Traducido ao castelán[8] e koreano.
- O Grande Tronante. (Edicións Xerais, 1998) En coautoría con Xan López Domínguez.
- A casa de vidrio do señor Clin (Edicións SM, 1999). Traducido ao castelán[9]
- Teatro Feroz (Editorial Galaxia, 1999).
- Matapitos.com (Edicións Xerais, 2000)
- O home do impermeable amarelo (Edicións SM, 2000)
- Chinto e Tom (Edicións SM, 2001). Con tradución ao castelán: Chinto y Tom.[10]
- A galiña da paz (Rodeira, Edebé, 2002). Con tradución ao castelán.[11]
- Frangulla (Edelvives, 2002). Traducida ao castelán (Peluso)[12] e catalán (Bocinet).[13]
- ¿A onde van as bolboretas no inverno? (Editorial Everest. Tambre, 2003). Traducido ao portugués.
- Contos con letras (Edicións SM, 2003). Traducida ao castelán.[14]
- Adiviñas de animais (Alfaguara. Obradoiro, 2004). Traducida ao castelán.[15]
- Rato Pincho (Editorial Galaxia, 2004)
- Sí, poesía (Alfaguara, 2005).
- Adiviñas monstruosas, (EDEBÉ. Rodeira, 2006) Traducida ao castelán.[16]
- Dez piratas. (Alfaguara. Obradoiro, 2006) Traducida ao castelán.[17]
- Florentino, o príncipe quino. (Edicións Xerais, 2010).
- Olalá (Editorial Galaxia, 2010) Texto e disco co grupo musical Mamacabra.
- A raíña de Turnedó (Kalandraka, 2014).http://www.kalandraka.com/es/colecciones/nombre-coleccion/detalle-libro/ver/a-raina-de-turnedo/ Traducida ao castelán.
- Diez piratas (Santillana, 2016)
- A vaca dixo Mua (Oqueleo, 2017)
- Dez piratas (Oqueleo, 2017)
Obras colectivas
editar- Trazos, trozos e retrincos (Xunta de Galicia, 1992).
- E dixo o corvo... (Xunta de Galicia, 1997).
- Un saquiño de contos (Xerais, 2001).
- Poesía española para niños (Alfaguara, 2002).
- Lucas, o vampiro do leite, en Para cantar e contar (Xunta de Galicia, 2003).
- Narradio: 56 historias no ar (Xerais, 2003).
- Postais do Camiño (Editorial Galaxia, 2004).
- Xa me tardan estes magos (Editorial Galaxia, 2011). Libro-disco.
Premios
editar- Premio Merlín no 1990, por Fafarraios.
- Lista de Honra do IBBY en 1991, por Fafarraios.
- Premio Xacobeo de Teatro de monicreques 1994, por A princesa Socorro, o trobeiro Carolo e o demo dos cornos.
- Premio EDEBÉ no 1995, por Doutor Rus.
- White Ravens 2000, por O Grande Tronante.
- A casa de vidro do Señor Clin (Seleccionado pola Fundación Germán Sánchez Ruipérez como unha das cen mellores obras da literatura infantil española do século XX).
- Premio Lazarillo 2001, por Chinto e Tom.
- White Ravens 2001, por Chinto e Tom.
- Premio Frey Martiño Sarmiento, por Dez Piratas.
Notas
editar- ↑ "Pie y yo". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-12.
- ↑ "Doctor Rus". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-12.
- ↑ "Doctor Rus". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-12.
- ↑ "Rus Doktorea". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-12.
- ↑ "Manual para una pequeña bruja". bibliotraducion.uvigo.es (en e). Consultado o 20 de maio de 2021.
- ↑ "Manual per una petita bruixa". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-12.
- ↑ "Sorgin txikiaren eskuliburua". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-12.
- ↑ "Siete casas, siete brujas y un huevo". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-12.
- ↑ "La casa de cristal del señor Clin". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-12.
- ↑ "Chinto y Tom". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-12.
- ↑ "La gallina de la paz". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-12.
- ↑ "Peluso". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-12.
- ↑ "Bocinet". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-12.
- ↑ "Cuentos con letras". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-12.
- ↑ "Adivinanzas de animales". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-12.
- ↑ "Adivinanzas monstruosas". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-12.
- ↑ "Diez piratas". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-12.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Rodríguez Rodríguez, Á. (2005): A renovación da literatura infantil e xuvenil galega. A obra de Gloria Sánchez. Tese doutoral. Universidade de Santiago de Compostela.
- "Deforma-la linguaxe para forma ideas" e "Obra de Gloria Sánchez". (Fadamorgana nº 6, 2001, p. 23/28) Silvia Gaspar . (Fadamorgana nº 6, 2001, p. 18/22)