Araceli Herrero Figueroa
Araceli Herrero Figueroa, nada en Lugo o 22 de xuño de 1948[1] e finada na mesma vila o 10 de xuño de 2020,[2] foi unha filóloga galega.
Araceli Herrero Figueroa | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | María Araceli Herrero Figueroa |
Nacemento | 22 de xuño de 1948 |
Lugo | |
Falecemento | 10 de xuño de 2020 |
Lugo | |
Causa | COVID-19 |
Nacionalidade | España |
Ocupación | escritora e filóloga |
Xéneros | Ensaio |
Estudos | Filosofía e Letras |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Licenciada e doutora en Filosofía e Letras (Filoloxía Románica: Español) e licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa, impartiu docencia no antigo Colexio Universitario de Lugo foi catedrática na Escola de Formación do Profesorado no Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela e titular de universidade na Facultade de Formación de Profesorado de dita Universidade. Foi directora do Departamento de Didáctica da Lingua e da Literatura da mesma universidade.
Foi autora tamén de distintas monografías, capítulos de libros en volumes colectivos sobre lingua, literatura e didáctica, ensaios e estudos varios en diversas publicacións e revistas (Grial, O Ensino, Agália, A Trabe de Ouro, Revista Galega de Teatro, Casahamlet, ANILIJ etc.).
Obras Editar
Ensaio Editar
- O teatro en Fingoi, Cadernos da Escola Dramática Galega.
- Sobre Luís Pimentel, Álvaro Cunqueiro e Carballo Calero: apontamentos de Filoloxía, Crítica e Didáctica da Literatura, 1994, Do Castro.[4]
- Estudos sobre Emilia Pardo Bazán e recompilación de dispersos, 2004, Deputación de Lugo.
- Unha cidade e un poeta (Lugo e Luís Pimentel), 2007, Deputación de Lugo.
Edicións Editar
- Luis Pimentel. Obra inédita o no recopilada, 1981, Celta.
- Armando Cotarelo Valledor. Teatro histórico e mariñeiro (Hóstia, Beiramar e Mourenza), 1984, Edicións do Castro.
- Luís Pimentel. Obra Completa (edición e introdución), 2009, Galaxia.
Obras colectivas Editar
- Os escritores lucenses arredor de Ánxel Fole, 1986, Concello de Lugo.
- O teatro de Xesús Rodríguez López. Estudo e textos, 1988, Edicións do Castro. Con Aurora Marco.
- Congreso Álvaro Cunqueiro: Actas, 1993, Deputación de Lugo. Coordinadora da edición, con Xabier Cordal, Bernardo Penabade e Ramom Reimunde.
Notas Editar
- ↑ Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Herrero Figueroa, Mª Araceli". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 291. ISBN 84-8064-113-4.
- ↑ "Falece a catedrática de Literatura Araceli Herrero". culturagalega.org. 2020-06-11. Consultado o 2021-01-27.
- ↑ Queizán, M. X. (12 de xuño de 2020). "Adeus a Araceli Herrero Figueroa". Praza Pública.
- ↑ Imaxe da portada