Irmandiñas é un ensaio de Aurora Marco, publicado en 2021 e editado pola Editorial Laiovento, gañador do Premio Follas Novas do Libro Galego 2021 na categoría de ensaio e investigación.[1]

Irmandiñas
Autor/aAurora Marco
OrixeGalicia
Linguagalego
Xénero(s)Ensaio
EditorialEdicións Laiovento
Data de pub.2020
Páxinas500
ISBN978-84-8487-466-9

Neste ensaio preténdese "recuperar , visibilizar, valorizar e homenaxear mulleres que se entregaron con paixón á defensa da terra e da lingua, ao espallamento do ideal galeguista e republicano, á escrita, ao ensino, ao desenvolvemento editorial galego, á música, ao teatro, á actividade investigadora, á actividade política..." [1]. Un libro que nos seus catorce capítulos recolle as vidas de mulleres vinculadas ás Irmandades da fala, ao Seminario de Estudos Galegos, ao Partido Galeguista, A Nosa Terra ou agrupacións teatrais e coros no período 1916-36. Entre elas Micaela Chao Maciñeira, Elvira Bao Maceiras, María Miramontes, Amalia Álvarez Gallego, Olimpia Valencia, Jacinta Landa, Daría González García, María Luz Morales, Amparo López Jeán, Francisca Herrera Garrido, Emilia Docet, María Antonina Sanjurjo. [2]

Un labor complicado porque como sinala a autora "o desinterese da historiografía galega polas investigacións de xénero, unido á invisibilidade de que foron obxecto as mulleres e a escasa valoración do seu activismo e das súas traxectorias por parte dalgunhas familias, explican que, nesta altura, non poidamos ofrecer uns mínimos trazos biográficos da maioría daquelas doantes, aínda que si reproducimos os nomes de todas porque, como é ben sabido, o que non se nomea, non existe".[3][4]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Diario, Nós. "Aurora Marco: "Fica aínda moito por facer no proceso de visibilizar as mulleres que nos precederon"". Nós Diario. Consultado o 2021-07-18. 
  2. Pérez Pena, Marcos. "Unha ducia de irmandiñas". Praza Pública. Consultado o 2021-07-18. 
  3. González, David (2020-07-30). "Recensión: Aurora Marco, Irmandiñas". palabradegatsby (en castelán). Consultado o 2021-07-18. 
  4. Dopico, Montse (2020-03-06). "Irmandiñas: as mulleres esquecidas das Irmandades da Fala". Praza Pública. Consultado o 2021-07-18. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar