Micaela Chao Maciñeira

política galega

Micaela Chao Maciñeira, nada en 1892 en Viveiro[1] e finada o 27 de novembro de 1928, foi unha política galega.

Micaela Chao Maciñeira
Nacemento1892
Lugar de nacementoViveiro
Falecemento27 de novembro de 1928
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítica
CónxuxeAntón Vilar Ponte
FillosAntonio e Carmen
IrmánsTeresa Chao Maciñeira
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

Da familia de Federico Maciñeira Pardo de Lama, era irmá de Teresa Chao Maciñeira, participou no acto fundacional das Irmandades da Fala, formou parte da delegación das Irmandades que viaxou a Cataluña en 1917. Actuou en diversas pezas teatrais do Conservatorio Nazonal do Arte Gallego e foi a principal animadora da constitución en agosto de 1918 da Sección Feminina da Irmandade coruñesa, da que foi a súa primeira conselleira primeira.

Casou en 1913 con Antón Villar Ponte ao que coñeceu en Cuba.

Finou a consecuencia dunha nefrite contra a que nada puideron os médicos Urbano Losada e Búa.[2]

Galería de imaxes Editar

 
Necrolóxica, 28 de novembro de 1928.
Necrolóxica, 28 de novembro de 1928. 
 
"Liñas de loito", A Nosa Terra nº 255 (01/12/1928), p. 11.
"Liñas de loito", A Nosa Terra nº 255 (01/12/1928), p. 11. 
 
"Necrológicas. Doña Micaela Chao de Villar Ponte".
"Necrológicas. Doña Micaela Chao de Villar Ponte".[3] 

Notas Editar

  1. Marco 2007, p. 107.
  2. Ínsua 2004, p. 105.
  3. Céltiga, nº 95 (10/12/1928) p. 18, Buenos Aires.

Véxase tamén Editar

Bibliografía Editar

Ligazóns externas Editar