Amalia Álvarez Gallego
Amalia Álvarez Gallego, nada en Lugo o 10 de febreiro de 1906 e finada en Pontevedra o 27 de novembro de 2001, foi unha funcionaria galega.
Amalia Álvarez Gallego | |
---|---|
![]() Amalia Álvarez Gallego e Alexandre Bóveda | |
Nacemento | 10 de febreiro de 1906 |
Lugar de nacemento | Lugo |
Falecemento | 27 de novembro de 2001 |
Lugar de falecemento | Pontevedra |
Soterrada | Cemiterio de Santo Amaro de Pontevedra |
Nacionalidade | España |
Ocupación | mestra e funcionaria pública |
Pai | Xerardo Álvarez Limeses |
Cónxuxe | Alexandre Bóveda |
Fillos | 5: Xela, Alexandre, Xosé Lois, Dolores e Amalia |
Irmáns | Xerardo Álvarez Gallego |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Foi a quinta dos seis fillos de Xerardo Álvarez Limeses e Dolores Gallego. Sendo nena, a familia instalouse en Pontevedra. Alí realizou os seus estudos primarios e despois estudou Maxisterio. Coñeceu a Alexandre Bóveda nos ensaios da Sociedad Coral Polifónica de Pontevedra, na que ambos cantaban. Casaron o 20 de outubro de 1930. Rematou a carreira e púxose a dar clases, mentres preparaba as oposicións. Optou por facer as de Facenda en Madrid. Obtivo praza en Cádiz e deixou os fillos con familiares. Foi trasladada a Pontevedra. Tivo complicacións para conseguir un certificado de adhesión ao réxime que lle permitiu ocupar a súa praza de funcionaria. As súas fillas foron sinaladas. Participou nas homenaxes que lle fixeron ao seu home coa chegada da democracia.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Amalia Álvarez Gallego |
BibliografíaEditar
- Marco, Aurora (2007). Dicionario de Mulleres Galegas. Edicións A Nosa Terra. p. 25. ISBN 978-84-8341-146-9.
Ligazóns externasEditar
- Bará, Luís (6/3/2016). "Amalia Álvarez, que se namorou cantando" Non des a esquecemento.
- "Amalia Álvarez Gallego". no Álbum de Galicia do Consello da Cultura Galega.
- Fajardo Pérez, Montse (2017). "Amalia Álvarez Gallego" no Álbum de Mulleres do Consello da Cultura Galega.