Olimpia Valencia

xinecóloga galega

Olimpia Valencia López, nada en Baltar (Ourense) o 14 de decembro de 1898 e finada en Vigo o 10 de xullo de 1987, foi a primeira galega titulada en medicina en Galicia.[1] Especializouse en xinecoloxía.

Olimpia Valencia
Nome completoOlimpia Valencia López
Nacemento14 de decembro de 1898
Lugar de nacementoBaltar
Falecemento10 de xullo de 1987
Lugar de falecementoVigo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónxinecóloga e médica
PaiAnacleto Valencia Lama
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Era a única filla de Anacleto Valencia Lama, industrial hostaleiro que en 1910 se trasladou a Vigo coa familia. Realizou os estudos de bacharelato no Instituto de Pontevedra (actual IES Sánchez Cantón).[2] Estudou Maxisterio, para o que se preparou por libre na Academia Minerva. Sen vocación para o ensino, en 1919 comezou os estudos de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Licenciouse en 1925,[3] con premio extraordinario e dezanove matrículas de honra.[4] Ese mesmo ano marchou a Madrid facer a tese de doutoramento, que presentou en 1930 co título de La colesterinemia en la sangre en relación con la anestesia quirúrgica[5] dirixida polo doutor Sebastián Recaséns, da Cátedra de Obstetricia.[6]

En Madrid aloxouse durante tres anos na Residencia de Señoritas da rúa Fortuny, onde tamén exerceu outras funcións para gañar unha bolsa co fin de pagar a estancia. No curso 1926-27 impartiu clases de cultura xeral ás residentes. O seguinte curso foi nomeada médica titular do Instituto Escuela, institución docente experimental xurdida do contorno da Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas.[5]

Etapa en Vigo editar

 
Placas conmemorativas no edificio de Vigo onde viviu e tivo a súa consulta Olimpia Valencia

En 1928 trasladouse a Vigo. Puxo en marcha un consultorio de medicina xeral e xinecoloxía no número 11 da rúa do Príncipe.[7], Alí exerceu a profesión ata a súa xubilación, non exenta de dificultades ao principio pola súa condición de muller. Olimpia mantivo conexión coa investigación e preocupouse por contactar coas técnicas e os avances médicos que se estaban a dar no estranxeiro. En 1929 solicitou unha bolsa á Junta para Ampliación de Estudios para ampliar coñecementos en clínicas xinecolóxicas de Alemaña e Suíza.[5]

Foi unha das fundadoras en 1930 da Academia Médico-Quirúrgica de Vigo, institución da que chegou a ser vicepresidenta (1935).[5] Como investigadora, presentou un relatorio nas I Jornadas Médicas Gallegas, celebradas na Coruña en 1929. En 1934 fixo unha comunicación na Academia de Vigo: La mujer gallega ante el homenaje a Paz Pardo. Tamén foi membro fundadora da Alianza Francesa de Vigo.[8]

Muller de inquietudes culturais e vinculada a Galicia, tivo relación con recoñecidos intelectuais e galeguistas, como Valentín Paz-Andrade, Álvaro das Casas ou Ramón Fernández Mato. Aceptou encabezar en xuño de 1931 un chamamento de apoio á candidatura galeguista da provincia de Pontevedra e outro en xuño de 1936 en prol do SI no Plebiscito do Estatuto de Autonomía de Galicia. Ambos documentos estaban asinados só por mulleres. En febreiro de 1937 foi detida e pasou catro días no cuartel da Garda Civil, acusada de pertencer ao Partido Galeguista e de ter trato con xente de esquerdas.[9] Os bos informes sobre o seu comportamento e un "donativo" conseguiron que saíse en liberdade.[10] Os anos seguintes foron de gran dureza: acusada de "roxa", moitas persoas deixaron de ir á súa consulta. Na década de 1940 conseguiu un posto na Seguridade Social e xubilouse na década de 1960.

Formou parte do comité organizador das Jornadas Médicas Galaico-Portuguesas, celebradas en 1958.[11]

Olimpia Valencia seguiu a traballar con máis de 80 anos na súa consulta particular, na liña dunha vida austera dedicada á profesión e ao estudo. Morreu no verán de 1987.[8]

 
Edificio das Seccións da Audiencia de Vigo, que será reconvertido nun centro de saúde co nome de Olimpia Valencia

Recoñecementos editar

 
Representación de Olimpia Valencia como pioneira nun mural da Marcha Mundial das Mulleres en Vigo en 2021

Notas editar

  1. Cid Galante, Rosa María (2007). "As primeiras ourensás ante o reto de educación universitaria (1900-1930) (I)". Minius: Revista do Departamento de Historia, Arte e Xeografía (11): 139–156. ISSN 1131-5989. 
  2. Cid Galante, Rosa María (2004). "As primeiras ourensás ante o reto da educación universitaria. (1900-1940) (II)". Minius: Revista do Departamento de Historia, Arte e Xeografía (XII): 73–102. ISSN 1131-5989. 
  3. Rey Albite (3 xuño 1925). "Nuevos médicos". El Correo Gallego : diario político de la mañana (16816): 4. 
  4. [n.a.] (17 de xuño de 1923). "Triunfo de una viguesa: Olimpia Valencia". Galicia : diario de Vigo (279): 1. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Gurriarán, Ricardo. "Olimpia Valencia. Baltar 1898 - Vigo 1987: A primeira doutora galega". Album da JAE. Consultado o 10 de marzo de 2018. 
  6. Gurriarán, Ricardo (2006). Ciencia e conciencia na Universidade de Santiago (1900-1940). Universidade de Santiago de Compostela. p. 537. ISBN 9788497506441. 
  7. Carballeira, Juan (28 de xaneiro de 1930). "Como trabaja la mujer en Galicia : gallegas insignes". Estampa. 
  8. 8,0 8,1 Pérez Pais, Carmen. "Olimpia Valencia:A primeira galega licenciada en Medicina pola USC". Álbum de Mulleres. Consultado o 10 de marzo de 2018. 
  9. "Olimpia Valencia López". Nomes e Voces. Consultado o 10 de marzo de 2018. 
  10. 10,0 10,1 Montero, Tamara (23 de febreiro de 2018). "Olimpia Valencia, la primera gallega licenciada en Medicina". La Voz de Galicia (edición dixital). 
  11. [n.a.] (10 de xullo de 1958). "Comites de las Jornadas Médicas Galaico-Portuguesas". La Noche : único diario de la tarde en Galicia (11643). 
  12. "La sociedad médica honra con una placa a Olimpia Valencia, primera licenciada en Medicina de Galicia". 27 novembro de 2017. Consultado o 10 de marzo de 2018. 
  13. "Vigo inaugura o centro de investigación Olimpia Valencia". GCiencia: O portal da ciencia galega. Consultado o 10 de marzo de 2018. 
  14. De Los Ríos conde, Alexandre (23 de febreiro de 2018). "Olimpia Valencia, la primera médica de Galicia". Via Lethes. Consultado o 10 de marzo de 2018. 
  15. "La Xunta convertirá el edificio de la Audiencia en el mayor centro de salud de Vigo". Atlántico (en castelán). 2019-10-18. Consultado o 2020-11-18. 
  16. "Olimpia Valencia, primeira licenciada galega en Medicina, dará nome á biblioteca desta facultade". Praza Pública. 24 de febreiro de 2020. Consultado o 26 de febreiro de 2020. 
  17. García, Victoria (2019-03-07). "Vinte mulleres de ciencia en Galicia que tes que coñecer". GCiencia. Consultado o 2023-02-11. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar