Inés de Ben
muller que participou na defensa da Coruña durante o asedio de Francis Drake
Inés de Ben foi unha muller que destacou na defensa da Coruña durante o asedio das tropas de Francis Drake en 1589.[1]
Biografía |
---|
Traxectoria
editarA vida de Inés de Ben é pouco coñecida. Estaba casada con Sebastián Fernández e tiña unha mercería na Pescaría.[2]
Durante o asedio de Francis Drake participou na defensa da Coruña, quedou viúva e foi ferida na cabeza e nunha perna.[3][2]
Moi pobre e case cega, houbo un xuízo en 1593 para que se lle devolvese o que achegara durante a loita (por valor de 800 ducados),[1] mais anos despois seguía vivindo na indixencia.[2] Foi soterrada nunha fosa común.[3]
Legado
editarO concello da Coruña nomeou unha rúa co seu nome no lugar de Curramontes.[4]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Costa, Xoán (3/5/2015). Francis Drake e Inés de Ben Nós Diario.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Inés de Ben, la mujer eclipsada por María Pita Galicia Máxica (en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Inés de Ben - A Coruña das mulleres AC Alexandre Bóveda.
- ↑ Cambios de denominación (11/7/2017) Ayuntamiento de A Coruña. Concello da Coruña (en castelán).