Xoán Costa

filólogo, escritor e profesor galego

Xoán Xosé Costa Casas, nado en Oroso o 23 de febreiro de 1956, é un escritor galego.

Xoán Costa
Nacemento23 de febreiro de 1956
Lugar de nacementoOroso
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónescritor, filólogo e catedrático
Na rede
AELG: 509
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, ampliou estudos na Universidade de Lisboa durante o curso 1981-1982. Foi profesor de Lingua e Literatura Galega no IES de Canido (Ferrol) durante os anos 1982 e 1983, no IES de Elviña (A Coruña) en 1984, e no IES Menéndez Pidal desa mesma cidade desde 1985 a 2016.

Autor de estudos e artigos sobre lingua e sobre literatura galega, e colaborador en publicacións periódicas galegas (A Nosa Terra, Terra e Tempo). Foi director, entre 1985 e 1987, da Revista Agália. Colabora en Nós Diario e Sermos Galiza, do que tamén é Presidente do Consello de Administración.[1] Entre 2001 e 2020 foi presidente da AS-PG, cargo en que o sucedeu Patricia Varela.

Obra editar

Obra colectiva editar

  • Nova gramática para a aprendizaxe da língua, 1988, Vía Láctea. Con César Morán, María dos Anxos González Refoxo e Xoán Carlos Rábade Castiñeira.
  • Actividades de expresión oral e escrita, 1990, Baía Edicións.
  • Actividades de léxico 1 e 2, 1990 e 1991, Baía Edicións. Con María dos Anxos González Refoxo e Xoán Carlos Rábade Castiñeira.
  • Actividades de construción gramatical, 1991, Baía Edicións. Con María dos Anxos González Refoxo e Xoán Carlos Rábade Castiñeira.
  • O ensino da língua: Por un cámbio de rumo, 1995, AS-PG, en colaboración con Pilar García Negro.

Notas editar

  1. "Xoán Costa". sermosgaliza.gal. Arquivado dende o orixinal o 24-12-2019. Consultado o 13-2-2020.  Arquivado 24-12-2019 en Wayback Machine.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar