Clan

grupo de xente unida por lazos de parentesco e ascendencia
Para a canle de televisión véxase: Clan TVE.

Un clan é un grupo de persoas que teñen ligazóns de parentesco e ascendencia, vinculado pola percepción de ser descendentes dun devanceiro común.

Etimoloxía

editar

A denominación provén do gaélico escocés clann, que significa "fillo" ou "descendente"[1] e non é directamente a palabra para "familia", nin en gaélico irlandés nin en gaélico escocés.[2][3] Nalgúns lugares, como a Escocia antiga, designaba ó conxunto de membros dos distintos grupos familiares.[4] Segundo o Oxford English Dictionary, o termo pasou ó inglés cara a 1425, para denominar as organizacións tribais de Irlanda e Escocia.[5]

Relacións de parentesco

editar

O devanceiro común do clan podía ser real ou mitolóxico, humano ou non, e nese caso fálase dun tótem animal ou dunha planta. Aínda se as verdadeiras liñaxes non se coñecen realmente, os membros do clan recoñecen a un pai fundador, símbolo da unidade do clan. En xeral, o parentesco difire das relacións biolóxicas, xa que tamén envolve a adopción, o matrimonio e lazos xenealóxicos convencionais e, mesmo, ficticios. En palabras de Marshall Sahlins, o clan é unha unidade de descendencia común máis "putativa" que "demostrable". Os clans poden ser matrilineais, patrilineais ou cognáticos.

Aínda que se trata dun concepto relacionado coas categorías de parentesco tribal, non é totalmente equivalente a tribo, estando máis vinculado ó concepto de liñaxe, tutelado por un espírito ancestral.[6] O vínculo do clan pode estar tan amplamente arraigado, que determina relacións especiais con todas as persoas do mesmo, aínda que estean fóra do eido territorial propio, mesmo aínda que habiten arredadas e nunca tiveran tido contacto entre si.[7]

Relación co galego

editar

A palabra aparece no dicionario da RAG[8] e noutros,[9][10] tomada do inglés ou do gaélico. En 2022, unha iniciativa lexislativa popular pediu que se restaure o texto orixinal do himno galego escrito por Eduardo Pondal, en cuxo manuscrito aparecía a expresión "valeroso clan" no canto de "valeroso chan".[11]

  1. "Etimología: el origen de las palabras". Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2013. Consultado o 23 de febreiro de 2017. 
  2. Dineen, Patrick S. (1927). Foclóir Gaeďilge agus Béarla [Dictionary of Irish and English]. Dublin and Cork, Ireland: The Educational Company of Ireland. 
  3. Ó Dónaill, Niall (1992). Foclóir Gaeilge–Béarla [Irish–English Dictionary]. Dublin, Ireland: An Gúm. ISBN 1-85791-037-0. 
  4. ASALE. "clan". RAE (en castelán). Consultado o 2023-01-06. 
  5. "Definition of clan". www.dictionary.com (en inglés). Consultado o 2023-01-06. 
  6. Shalins: op.cit., p.35
  7. Sahlins: op.cit., p.36
  8. "Dicionario; clan". Real Academia Galega. Consultado o 2023-01-06. 
  9. "Dicionario de dicionarios". ilg.usc.gal. Consultado o 2023-01-06. 
  10. "Significado de clã no Dicionário Estraviz". estraviz.org. Consultado o 2023-01-06. 
  11. "Unha iniciativa lexislativa popular pide que se restaure o texto orixinal do himno galego escrito por Pondal". G24. Consultado o 2023-01-06. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar