Marshall Sahlins
Marshall David Sahlins, nado en Chicago o 27 de decembro de 1930 e finado o 5 de abril de 2021,[1] foi un antropólogo estadounidense.
(2003) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Marshall David Sahlins 27 de decembro de 1930 Chicago, Estados Unidos de América |
Morte | 5 de abril de 2021 (90 anos) Chicago, Estados Unidos de América |
Educación | Universidade Columbia - Doutor en filosofía (–1954) Universidade de Míchigan - mestría en artes (–1952) Universidade de Míchigan - grao en Artes (–1951) |
Actividade | |
Campo de traballo | Antropoloxía, Antropologia política (pt) e antropologia histórica (pt) |
Ocupación | antropólogo, profesor universitario |
Empregador | Universidade de Chicago (1973–) Universidade de Míchigan |
Membro de | |
Interesado en | Antropoloxía económica |
Influencias | |
Obra | |
Doutorando | David Graeber |
Familia | |
Fillos | Peter Sahlins |
Irmáns | Bernard Sahlins |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Traxectoria
editarDoutorouse en Antopoloxía pola Universidade de Columbia. Nos anos 60 foi politicamente activo, participando en protestas contra a guerra de Vietnam e asinando o manifesto de escritores e editores norteamericanos polo que se negaban ao pagamento de impostos en sinal de protesta polo conflito bélico. Dende 1973 traballou na Universidade de Chicago, onde foi Profesor Emérito de Antropoloxía.
O seu traballo centrouse en demostrar o poder que ten a cultura para moldear a actuación das persoas á marxe da bioloxía. Deste xeito, os sistemas económicos adáptanse ás circunstancias particulares de cada cultura. Distingue entre dous tipos de evolución das sociedades, por un lado, unha evolución xeral, entendida como a tendencia dos sistemas sociais e culturais a incrementaren o seu nivel de complexidade, organización e adaptación ao ambiente. Mais, por outro, as comunidades humanas non están illadas, de xeito que interaccionan e difunden as súas competencias tecnolóxicas, acabando por se desenvolveren de distintos xeitos ao tempo que son introducidos estes elementos anovadores en combinacións diferentes e en distintas etapas.
En relación directa co anterior entra o cualificativo de sociedades opulentas co que describiu a certas sociedades mesolíticas. Fronte á visión tradicional de comunidades anguriadas pola procura permanente de alimentos nunha natureza hostil, Sahlins xulga unhas comunidades humanas plenamente adaptadas á contorna, eficaces nas súas estratexias de subsistencia e con moito tempo de lecer para atenderen as súas inquietudes intelectuais e de relacións sociais. Así, chega a afirmar que a evolución da cultura trae consigo un aumento da fame, así como unha diminución do tempo libre. Xa que logo, concibe a pobreza como un status social inventado polas sociedades modernas unha vez introducida unha diferenciación entre clases sociais.
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Ripoll, S. et al (2011). Prehistoria. Las primeras etapas de la Humanidad. Editorial Universitaria Ramón Areces.
Ligazóns externas
editar- The Original Affluent SocietyArquivado 24 de xullo de 2019 en Wayback Machine., artigo de Marshall Sahlins sobre os cazadores-recolectores do Neolítico (en inglés).