Polaqia foi un colectivo galego de autoras e autores de banda deseñada. Nado en 2001, tiña por obxecto a promoción, creación e difusión da banda deseñada. O grupo desapareceu en 2011.[1]

O seu principal medio de acción era o fanzine Barsowia (do cal editaron polo menos 15 números), que definía a súa visión da banda deseñada tanto no estético como no organizativo. O colectivo tamén editou publicacións como APB (A Prueba de Balas) de Emma Ríos, Alter ego de Alberto Vázquez, Tanque Familiar ou Pinche Mundo.

No verán de 2008 tivo lugar un encontro co colectivo Calavera Cómics de Nova York. Isto permitiu que os álbums de Polaqia estivesen á venda no MoCCA (Museo do Cómic de Nova York) durante un dos festivais de BD independente máis importante dos EUA. En troques, algunhas obras do colectivo Calavera puideron ser adquiridas no posto de Polaqia na edición dese ano do Viñetas desde o Atlántico.

O primeiro presidente do colectivo foi Kike Benlloch, dende 2001 até 2006. Foi substituído por Hugo Covelo até 2008, momento en que o relevou no posto David Rubín.

Os integrantes do colectivo, segundo os datos da súa web, eran Roque Romero, Diego Blanco, Álvaro López, Luís Sendón, Sergio Covelo, David Rubín, José Domingo, Hugo Covelo, Brais Rodríguez, Bernal e Emma Ríos.

Notas editar

  1. "La muerte de Polaqia". Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2016. Consultado o 28 de novembro de 2016. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar