Brais Rodríguez
Brais Rodríguez Verde, nado en Brión en 1980, é un debuxante e guionista galego de banda deseñada.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1980 ![]() Brión, España ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarEstudou na Facultade de Belas Artes de Pontevedra especializándose en pintura. Comezou a publicar en fanzines, como Dynamo ou Carne líquida, do que foi un dos promotores. Participou no álbum do colectivo Chapapote H2Oil (2003) e formou parte do colectivo Polaqia, publicando arreo na súa revista Barsowia e en varios álbums colectivos. No ano 2009 publicou Doentes, adaptación da obra Doentes de Roberto Vidal Bolaño. En 2011 publicou A man do diaño.
En outubro de 2019 deseñou unha intervención no muro leste do CPI Camiño de Santiago, no Pedrouzo, capital do concello do Pino. Na súa execución participaron alumnos de 4º da ESO do centro escolar[1][2]. No mural atópanse motivos relacionados co concello, como o Camiño de Santiago, que pasa ao carón do muro, a Festa do Galo Piñeiro, a Feira Cabalar, a propia escola e unha benvida aos visitantes da vila.
Notas
editar- ↑ "El alumnado del CPI Camiño de Santiago crea un gran mural". La Voz de Galicia (en castelán) (Santiago de Compostela). 3-10-2019. Consultado o 17-8-2020.
- ↑ "O Pino se rinde a la cultura urbana". El Correo Gallego (en castelán) (Santiago). 4-10-2019. Consultado o 17-8-2020.
Galería de imaxes
editar-
Muro leste do CPI "Camiño de Santiago", na rúa do Peregrino
-
Mural completo deseñado por Brais Rodríguez
-
Detalle da intervención de Brais Rodríguez no CPI "Camiño de Santiago": o galo piñeiro
-
Detalle da intervención de Brais Rodríguez no CPI "Camiño de Santiago": o Camiño
Este artigo sobre unha personalidade galega é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |