CPI Camiño de Santiago

centro de ensino no Pedrouzo (Arca, O Pino)

Coordenadas: 42°54′29″N 8°21′59″O / 42.9081397, -8.3664491

O CPI Camiño de Santiago é un centro de ensino situado na localidade do Pedrouzo, no concello do Pino, no barrio de Reboredo.

CPI Camiño de Santiago
Emblema CPI Camiño de Santiago.jpg
O Pedrouzo, Arca CPI Camiño de Santiago 1.jpg
CPI Camiño de Santiago.
Enderezo
Rúa Concello, 16, O Pedrouzo, Arca, O Pino (A Coruña)
Datas
Creación1975
Reformas1999
Educación
EnsinanzasEducación infantil (4º a 6º) e primaria (1º a 6º), ESO (1º a 4º)
Xestión
TipoPúblico
Xunta de Galicia
DirectorBeatriz Vives Campos
Xefe de estudosAna Belén Gil Ferro / Carlos Vázquez Pereiro
SecretarioMª José Baltasar Pazos
Na rede
https://www.edu.xunta.gal/centros/cpicaminosantiago/
Facebook

Ao tratarse dun centro público integrado nel pode cursarse educación infantil, educación primaria e educación secundaria. O ciclo de educación infantil contra cunha única liña nos tres niveis: 3 anos, 4 anos e 5 anos. Dispón dun pequeno pavillón de deportes para o alumnado no que se practica o fútbol sala, baloncesto e balonmán[1].

Ao seu carón pasa o Camiño Francés a Santiago e hai instaladas algunhas das infraestruturas de maior relevo do concello, como son o Centro médico de Arca (2007), o Centro Sociocultural Luís Seoane (2007), o Campo de fútbol de Reboredo e o Pavillón municipal de Reboredo.

HistoriaEditar

O edificio no que se atopa o CPI Camiño de Santiago foi construído en 1975 sobre unha superficie de 10.710 m², segundo o catastro[2]. As obras foron costeadas polo Ministerio de Eduación e Ciencia como centro de Educación Xeral Básica e dotada de dezaseis unidades mixtas para albergar un total de seiscentos alumnos, ascendendo o orzamento a uns trinta millóns de pesetas (pouco máis de 180.000 euros)[3].

En 1999 sufriu unhas grandes reformas derivadas da súa necesidade de adaptación á ESO. Dispoñía nese momento de súas unidades de infantil, doce de primaria e oito de secundaria, sendo o orzamento da ampliación do centro de máis de 143 millóns de pesetas (pouco máis de 859.000 euros)[4]. As obras provocaron un certo atraso no curso escolar de 1999-2000[5].

En 2014 a Xunta propuxo reducir o número de profesores do centro, o que produciu unha forte contestación no municipio[6]. Outra das reivindicacións destacadas sobre o centro foi a reclamación feita en 2016 de dotalo cun ximnasio propio, para evitar usar o municipal que está ao seu carón[7]. Pouco despois deu comezo o estudo para arranxar as cubertas do centro e o chan do patio cuberto, así como a construción dun almacén[8] e en 2017 dotouse de calefacción propia ao polideportivo de Reboredo, que deste xeito pasou a ser definitivamente o ximnasio do CPI, cun investimento duns 135 mil euros[9].

Arte urbanaEditar

Nas paredes dos muros leste e suroeste desenvolvéronse unhas intervencións de arte urbana. A primeira delas tivo lugar no ano 2018 no muro suroeste e foi executada por un colectivo do que formaron parte Mutante Creativo, Lidia Cao e Azor.

En outubro de 2019, o debuxante Brais Rodríguez deseñou a intervención do muro leste. Na súa execución participaron alumnos de 4º da ESO do centro escolar[10][11]. No mural atópanse motivos relacionados co concello, como o Camiño de Santiago, que pasa ao carón do muro, a Festa do Galo Piñeiro, a Feira Cabalar, as propias actividades escolares e unha benvida aos visitantes da vila.

Galería de imaxesEditar

NotasEditar

  1. "Enquisa sobre Infraestutura e Equipamentos Locais (EIEL). O Pino (15066). 38.- Tipo de deportes nas instalacións" (PDF). Deputación da Coruña. 2017. Consultado o 23-8-2020. 
  2. "Referencia catastral 2010212NH5511S0001DF". Sede Electrónica del Catastro (en castelán). Consultado o 31-8-2020. 
  3. "El ayuntamiento de El Pino tendrá nueva casa consistorial". El Pueblo Gallego (en castelán) (Vigo). 6-11-1975. p. 17. 
  4. Dasilva, Manuel G. (22-7-1999). "Educación reforma el colegio de O Pino para adaptarlo a los requisitos de la ESO". La Voz de Galicia (en castelán) (Santiago). p. 52. 
  5. "Educación asume «cierto retraso» en el inicio de las clases en O Pino". La Voz de Galicia (en castelán) (Santiago). 11-9-1999. p. 47. 
  6. Araújo, Emma (4-7-2014). "Aumentan las movilizaciones en O Pino para no perder profesorado" (PDF). La Voz de Galicia (en castelán) (Santiago). p. L7. 
  7. "O Psoe de O Pino reclama un ximnasio para o CPI Camiño de Santiago". Lindeiros. O xornal da bisbarra de Compostela (Santiago). 26-11-2016. 
  8. "Obras de mellora no CPI Camiño de Santiago". Faísca. Revista de información municipal (8): 7. 2016. 
  9. "Calefacción e tellado para o polideportivo". Faísca. Revista de información municipal (9): 15. 2017. 
  10. "El alumnado del CPI Camiño de Santiago crea un gran mural". La Voz de Galicia (en castelán) (Santiago de Compostela). 3-10-2019. Consultado o 17-8-2020. 
  11. "O Pino se rinde a la cultura urbana". El Correo Gallego (en castelán) (Santiago). 4-10-2019. Consultado o 17-8-2020. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar