Faísca (revista)

Revista de información municipal

Faísca. Revista de información municipal é unha publicación anual en lingua galega editada polo Concello do Pino, que ofrece información das actividades, proxectos, investimentos e novas producidas no municipio ao longo do ano.

Faísca
PaísEspaña
LugarO Pino
Lingualingua galega
Fundacióndecembro de 2007
EditorialO Pino
editar datos en Wikidata ]

Descrición

editar

Naceu en decembro de 2007, durante o mandato do alcalde Manuel Taboada Vigo, co compromiso de saír cunha periodicidade trimestral[1], aínda que nunca chegou a tal e, tras uns primeiros anos dubitativos, nos que incluso chegou suspenderse a publicación, finalmente acadou desde o 2011 unha frecuencia anual.

A edición é a toda cor, con numerosas fotografías e infografías e cun número de páxinas que xira arredor das 40. A temática é a de información municipal do concello do Pino.

Adoita ser publicado a finais de cada ano cun formato de 297 x 210 mm (DIN A4). Non está integrada no sistema internacional de identificación de publicacións periódicas.

Os números publicados o foron nos anos e co número de páxinas que seguen:

  • número 1: 2007, 52 páxinas
  • número 2: 2011, 64 páxinas
  • número 3: 2011, 40 páxinas
  • número 4: 2012, 36 páxinas
  • número 5: 2013, 32 páxinas
  • número 6: 2014, 32 páxinas
  • número 7: 2015, 36 páxinas
  • número 8: 2016, 40 páxinas
  • número 9: 2017, 40 páxinas
  • número 10: 2018, 40 páxinas
  • número 11: 2019, 40 páxinas
  • número 12: 2020, 40 páxinas
  • número 13: 2021, 44 páxinas
  • número 14: 2022, 48 páxinas

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar