Formato de papel
O formato do papel tivo variacións ao longo da historia recente, pero na actualidade adóitanse utilizar dous sistemas, o estándar internacional (ISO 216) e o formato norteamericano.
O formato estándar internacional é o máis utilizado en todo o mundo. Foi estandarizado pola Organización Internacional para a Estandarización en 1975, baseándose nos formatos definidos no ano 1922 na norma DIN 476 do Deutsches Institut für Normung, máis coñecido como DIN desenvolvido polo enxeñeiro Walter Porstmann. Tras Alemaña o formato foi primeiro adoptado por Bélxica en 1924, outros países europeos recoñecérono nos anos seguintes como o formato estándar, a Unión Soviética fíxoo en 1931. Tras a segunda guerra mundial adoptárono a maioría dos países, España fíxoo en 1947 e Portugal en 1954. No ano 2009 é o formato estándar de todos os países, agás os Estados Unidos e o Canadá, onde é o estándar o sistema norteamericano, que se basea en sistemas tradicionais utilizado neses países. En Chile é estándar o formato norteamericano para o tamaño carta é un formato propio, denominado oficio, para os documentos oficiais. En Filipinas tamén está en uso o sistema norteamericano para o formato carta e un formato propio para os documentos legais. Noutros países como México ou Colombia o formato estándar é o ISO 216 pero o formato norteamericano é case o único que se emprega na práctica.
Formato ISO 216
editarSeries A | Series B | Series C | |||
---|---|---|---|---|---|
A0 | 841 × 1189 | B0 | 1000 × 1414 | C0 | 917 × 1297 |
A1 | 594 × 841 | B1 | 707 × 1000 | C1 | 648 × 917 |
A2 | 420 × 594 | B2 | 500 × 707 | C2 | 458 × 648 |
A3 | 297 × 420 | B3 | 353 × 500 | C3 | 324 × 458 |
A4 | 210 × 297 | B4 | 250 × 353 | C4 | 229 × 324 |
A5 | 148 × 210 | B5 | 176 × 250 | C5 | 162 × 229 |
A6 | 105 × 148 | B6 | 125 × 176 | C6 | 114 × 162 |
A7 | 74 × 105 | B7 | 88 × 125 | C7 | 81 × 114 |
A8 | 52 × 74 | B8 | 62 × 88 | C8 | 57 × 81 |
A9 | 37 × 52 | B9 | 44 × 62 | C9 | 40 × 57 |
A10 | 26 × 37 | B10 | 31 × 44 | C10 | 28 × 40 |
Formato latinoamericano e norteamericano
editarTamaño | en polgadas | en milímetros |
---|---|---|
Carta | 8.5 × 11 | 216 × 279 |
Oficio | 8.5 × 13 | 216 × 330 |
Legal | 8.5 × 14 | 216 × 356 |
Media carta | 8.5 × 5.5 | 216 × 140 |
Junior Legal | 8.0 × 5.0 | 203 × 127 |
Ledger | 17 × 11 | 432 × 279 |
Tabloide | 11 × 17 | 279 × 432 |