ISO 216
A norma ISO 216 da Organización Internacional para a Estandarización (International Organization for Standardization, ISO) especifica os formatos de papel e é usada actualmente en moitos países do mundo. É o estándar que define o popular A4. A norma ISO 216 equivale á DIN 476, da cal deriva, e á UNE 1011.
Historia
editarAs vantaxes de basear o tamaño do papel nunha relación matemática baseada na raíz cadrada de dous (√ 2) observouna xa en 1786 o científico alemán Georg Christoph Lichtenberg, nunha carta a John Beckmann. Os formatos A2, A3, B3, B4 e B5 desenvolvéronse en Francia, e foron publicados en 1798 durante a Revolución Francesa, pero posteriormente quedaron no esquecemento.
A principios do século XX, Walter Porstmann converteu a idea de Lichtenberg nun sistema adecuado de diferentes tamaños de papel. O sistema Porstmann introducíuse como norma DIN (DIN 476) en Alemaña no ano 1922, en substitución dunha gran variedade de formatos de papel. Hoxe en día os tamaños de papel chámanse Ax DIN no uso diario.
Formatos (ISO/DIN)
editar(Medidas en mm x mm)
A ISO 216 e os estándares relacionados foron publicados por primeira vez entre 1975 e 1995:
- ISO 216:1975, define as series A e B para tamaños de papel
- ISO 269:1985, define as series C para sobres
- ISO 217:1995, define as series RA e SRA en bruto ("sen recortar"), os tamaños de papel
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: ISO 216 |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- AENOR.Normas UNE
- Normas ISO (en inglés) e (en francés)