Manuel Taboada Vigo
Manuel Taboada Vigo, nado en 1965, é un político galego do PPdeG, alcalde do Pino e deputado provincial da Coruña[1].
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1965 (58/59 anos) |
Alcalde do Pino | |
1997 – ← Miguel Seco Seco | |
Actividade | |
Lugar de traballo | O Pino |
Ocupación | político, industrial |
Traxectoria
editarIndustrial autónomo de profesión, foi tenente de alcalde do concello do Pino polo PPdeG de 1987 a 1997, baixo a alcaldía de Miguel Seco Seco. Nas municipais de 1995 volveu presentarse como número 2 nas listas do PP no Pino, que seguiron encabezadas por Miguel Seco,[2] gañando este as eleccións outra vez por maioría absoluta. A nova corporación tomou posesión o 17 de xuño, aínda que Miguel Seco non chegou a completar o mandato como alcalde porque o 7 de marzo de 1997 renunciou tras ser obxecto dunha moción impulsada polo seu propio grupo político[3][4][5]. Así pois, foi substituído como alcalde por Manuel Taboada,[6] quen volveu ser elixido nas sucesivas convocatorias electorais, sempre con maioría absoluta.
Desde 2004 a 2006 foi presidente rotatorio da Mancomunidade de Municipios Galegos do Camiño Francés[7], tras deter a vicepresidencia os inmediatos dous anos anteriores. No período 2015 a 2016 volveu ser presidente[8][9][10].
Nas eleccións municipais de 2019 acadou de novo a alcaldía con maioría absoluta[11], aínda que nesta ocasión co apoio do 55,48 % dos votos emitidos, resultado que foi o menor dun partido gañador na historia das eleccións municipais do concello ata ese momento, sempre durante o período da Democracia do 78.
Obras públicas e outras actuacións
editarDurante o seu mandato tense realizado no concello as seguintes obras públicas e monumentos:
- Piscina municipal en Lameiro (1997), financiada pola Deputación provincial da Coruña
- Campo de Fútbol de Lameiro (1997-2001)[12][13]
- Cruceiro da Casa do Concello (2005)
- Casa da Cultura de Arca ou CSC Luís Seoane (1997-2007)
- Centro médico de Arca (2005-2007)[14][15]
- Escola de música do Pino (2011)[16]
- Pavillón municipal de Lameiro (2010-2012)[17], financiado pola Deputación provincial da Coruña
- Escola infantil A Galiña Azul (2012)[18], que deu comezo os seus servizos no 2013
- Tanatorio de Arca (novembro de 2012)[19]
- ampliación do Albergue Público de Arca (2012)[20]
- inicio da rede de contedores subterráneos (2017)[21], financiada polo Ministerio de Medio Ambiente de España
- monumento á Festa do Galo Piñeiro, obra do escultor Cándido Pazos (2017)[22]
Turismo
editarBaixo o seu mandato tense producido un notable incremento do turismo no termo municipal, especialmente pola influencia do Camiño de Santiago, posto que no concello se estende tanto o tramo Francés como o do Norte. Ademais, impulsouse a creación de diversos eventos turísticos e deportivos que ten contribuído ao seu desenvolvemento, tales como a Festa do Galo Piñeiro (chamada na súa primeira edición Festa do Galo de Curral) e a Mosta Cabalar, desde 1999[23], a Carreira Pedestre Popular Concello do Pino, desde 2004, a Festa da Narración Oral do Pino, celebrada nos anos 2007[24][25][26] e 2008[27], e a Festa Celta, desde 2009[23]. Como consecuencia de todo isto, tense creado unha ampla infraestrutura de servizos turísticos, tanto hoteleira[28] como de restauración, que en agosto de 2020 chegou ás 1.862 prazas, distribuídas nunha ampla rede de hoteis, pensións, casas de turismo rural, albergues, vivendas de uso turístico e campings[29].
No mandato iniciado en 2019, comprometeuse ao regulamento das vivendas de uso turístico a través dunha ordenanza[30].
Predecesor: Miguel Seco Seco |
Alcalde do Pino 1997 – no cargo |
Sucesor: no cargo |
Notas
editar- ↑ "Acta de la Junta de Gobierno, celebrada el cinco de agosto de dos mil once" (pdf). Deputación da Coruña (en castelán). A Coruña. 5-8-2011. Consultado o 20-8-2020.
- ↑ "Elecciones municipales 1995. Junta Electoral de Zona de Santiago. Municipio de O Pino" (PDF). Boletín Oficial Provincia de A Coruña (en castelán): 3016. 26-4-1995.
- ↑ "Galicia". Faro de Vigo (en castelán) (Vigo). 22-2-1997. p. 25.
Los responsables de la moción presentan al actual teniente de alcalde, Manuel Taboada Vigo, como candidato a la alcaldía.
- ↑ "GALICIA. MIGUEL SECO SECO Alcalde de O Pino, censurado por su propio grupo del PP, su partido «de toda la vida»". Faro de Vigo (en castelán) (Vigo). 6-3-1997. p. 33.
Mañana jueves, 6 de marzo de 1997, el PP de O Pino dice que los presidirá Miguel Seco, quien ha dejado su futuro en las manos de su sus propios compañeros en O Pino, el grupo que le ha presentado la moción. «Esto es algo similar a lo que le hizo Barreiro a Fernández Albor», explica Seco, quien en el grupo popular del ayuntamiento se resigna
- ↑ "GALICIA". Faro de Vigo (en castelán) (Vigo). 8-3-1997. p. 34.
(...) la dimisión del alcalde Miguel Seco Seco, quien gobernaba en el ayuntamiento desde 1970.
- ↑ Ministerio de Política Territorial e Función Pública (ed.). "Alcaldes de la legislatura de 1.995 a 1.999". mptfb.gob.es (en castelán). Madrid. Arquivado dende o orixinal (xls) o 06-12-2021. Consultado o 20-8-2020.
- ↑ "Mancomunidade de Municipios Galegos do Camiño Francés". El Progreso (en castelán) (Lugo). 4-2-2004. p. 20.
- ↑ "ANUNCIO de modificación dos estatutos da Mancomunidade". Diario Oficial de Galicia. 18-11-2015. Consultado o 24-8-2020.
- ↑ "El Camino Francés mejora en seguridad y en la señalización". El Correo Gallego (en castelán) (Santiago). 22-1-2016. Consultado o 24-8-2020.
- ↑ "Segundo ano consecutivo asumindo a presidencia da Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés". Faísca. Revista de información municipal (8): 35. 2016.
- ↑ Concello do Pino na FEGAMP
- ↑ "Campo de Futbol en O Pino". Alberto Corral Arquitecto (en castelán). Consultado o 20-8-2020.
- ↑ Santalla, Luis (14-2-2013). "Campo de fútbol de O Pino". Arquitectura de Galicia (en castelán). Consultado o 23-8-2020.
- ↑ Rodríguez Noguerol, Natalia (22-6-2005). "El nuevo centro de salud de O Pino abrirá antes de dos años. El Sergas ha anunciado ya la contratación de las obras. Estará situado al lado de la Casa da Cultura de Arca, en un solar de más de 5.000 metros". La Voz de Galicia (en castelán) (Santiago). Consultado o 24-8-2020.
- ↑ Concello do Pino, ed. (2007). "Novo centro médico. Visita oficial ás obras do novo centro médico, situado en Arca e que conta cun investimento de máis de un millón de euros". Faísca. Revista de información municipal (1): 12-13.
- ↑ Concello de O Pino, ed. (2012). "A Escola de música de O Pino, en funcionamento dende marzo". Faísca. Revista de información municipal (3): 7.
- ↑ Concello do Pino, ed. (2012). "Rematadas as obras de urbanización do Polideportivo de Arca". Faísca. Revista de información municipal (3): 7.
- ↑ Concello de O Pino, ed. (2012). "Finalizada a construcción da nova escola infantil". Faísca. Revista de información municipal (3): 8.
- ↑ Concello do Pino, ed. (2012). "Inaugurado o Tanatorio de Arca". Faísca. Revista de información municipal (3): 8.
- ↑ "Albergue do Pino". Web oficial de Turismo de Santiago (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 10-08-2020. Consultado o 19-8-2020.
- ↑ "El Concello de O Pino instala en Arca los primeros contenedores enterrados". El Correo Gallego (en castelán) (Santiago). 15-9-2017. Consultado o 20-8-2020.
- ↑ "O Pino descubrirá una escultura del «galo piñeiro» por su fiesta". La Voz de Galicia (en castelán) (Santiago). 6-8-2017. Consultado o 18-8-2020.
- ↑ 23,0 23,1 "Cambios y cancelaciones para el tradicional arranque festivo del mes de agosto. Festa do Galo Piñeiro. O Pino". Turismo de Galicia (blog). 24-7-2020. Arquivado dende o orixinal o 06-08-2020. Consultado o 20-8-2020.
- ↑ Colectivo Tatalo (xuño 2008). "A Festa da Narración Oral de Galicia: unha experiencia para dar que falar". Revista Galega de Educación (41): 47–50. ISSN 1132-8932. Consultado o 24-8-2020.
- ↑ Salgado, Daniel (21-7-2007). "Primera 'Festa da Narración Oral' el próximo sábado en O Pino". El País (edición Galicia) (en castelán) (Santiago). Consultado o 24-8-2020.
- ↑ "Nova Escola Galega. XXIV Asemblea Anual. Compostela, 29 de marzo do 2008" (pdf). Nova Escola Galega. 29-3-2008. p. 12. Consultado o 24-8-2020.
- ↑ "Actividades realizadas. Ano 2008. Presentación". Nova Escola Galega. 2008. Arquivado dende o orixinal o 24-09-2020. Consultado o 24-8-2020.
- ↑ Rodríguez Noguerol, Natalia (25-6-2020). "Anhelado y cauteloso saludo jacobeo". La Voz de Galicia (en castelán) (Santiago).
- ↑ "Directorio de empresas e establecementos turísticos. Alojamientos turísticos Agosto 2020" (xls). Turismo de Galicia. agosto 2020. Consultado o 21-8-2020.
- ↑ "Taboada compromete regular las viviendas turísticas en O Pino". La Voz de Galicia (en castelán) (Santiago). 12-5-2019. Consultado o 20-8-2020.
Promoverá además una ordenanza para regular la actividad de los pisos turísticos, una cuestión de interés «nun municipio que recibe cada ano a milleiros de pereginos».