O Pedrouzo, Arca, O Pino

capital do concello do Pino e lugar da parroquia de Arca, no mesmo concello

O Pedrouzo é un lugar da parroquia de Arca no concello coruñés do Pino, na comarca de Arzúa. Segundo o IGE[1], en 2019 tiña 898 habitantes (440 homes e 458 mulleres). Neste lugar está situada a capital municipal, ao ser trasladada a casa do concello desde Santa Irene no século XX.

O Pedrouzo

Casa do Concello do Pino
ParroquiaArca
ConcelloO Pino
Coordenadas42°54′16″N 8°21′45″O / 42.9044, -8.36253
Poboación898 hab. (2019)
editar datos en Wikidata ]

Xeografía

editar
 
Placa altimétrica da casa do concello

O Pedrouzo está situada nunha encosta que vai desde A Igrexa (ou Santaia) cara á Chousa do Pedrouzo, o punto máis elevado das súas inmediacións con 301 m de altitude[2]. Toda esta área é como un promontorio encaixado entre os vales do rego do Xeimar e do rego do Burgo, sobre o que se sitúa como un balcón natural. É unha zona de prados abundantes, fontes e pozos, hoxe altamente urbanizada.

A actual casa do concello atópase ao carón dos edificios máis antigos, a farmacia de Pazos (no número 6 da avenida de Lugo) e a casa da avenida de Santiago 33, a unha altitude de 287 m sobre o nivel do mar no Mediterráneo, segunde describe a placa altimétrica colocada no exterior do edificio.

O Pedrouzo está atravesado pola N-547, que fai aquí as veces de grande eixo lonxitudinal, ao longo do cal se vai distribuíndo o casarío, tanto ao norte como ao sur. Na parte norte do Pedrouzo está o antigo lugar de Reboredo, onde tense desenvolvido un feixe de infraestruturas locais, concretamente o centro de saúde, o Centro Sociocultural Luís Seoane, o CPI Camiño de Santiago, o Campo de fútbol de Reboredo e o Pavillón municipal de Reboredo. Cara ao sur ábrese o casarío da Igrexa, nunha leve pendente de baixada.

Etimoloxía e microtoponimia

editar
 
Toponimia da área do Pedrouzo[3][4][2]

O Pedrouzo é un dos numerosos topónimos (un estudo calcula que cerca de 48 % dos que existen en Galicia) que contan cun artigo que o antecede, e que a Comisión de Toponimia considera parte integrante do mesmo[5]. A orixe etimolóxica do termo O Pedrouzo presenta varias formulacións:

  • como un orónimo, é dicir, baseado na análise do relevo ou das variacións do terreo[6]. Neste sentido, aínda que Mateo Sanz non recolle exactamente este termo, si poderíanse extraer os lexemas que compoñen a palabra Pedrouzo. Sendo así, teríamos sempre como prefixo o lexema petar-, que significaría costa ou pendente, e despois as posibles combinacións petar-ots (pendente fría, lexema que se pode atopar en voces como en Camozo[7], Carozo[8] e Drozo[9]), petar-utx-on (a carón das penas da pendente, como se extrae das voces Bruzos[10], Gouzón[11] e Pedruzo[12]) ou petar-aiz-on (a carón das penas da pendente, como é o caso dos topónimos Pedrazón[12] e Pedrón[12]).
  • como un litónimo, baseado na súa relación co termo ou a idea de pedra, que é a tese máis estendida, con valedores como González e López Boullón. Seguindo as acepcións que esta voz ten nos diferentes dicionarios galegos desde o século XIX[13], atópanse vinte e dúas correspondencias que, en termos xerais, virían significar «unha morea de pedras», un «penasco elevado» ou unha «cima penascosa». Ademais, consígnase que, do mesmo xeito que sucede en portugués[14], se introduce un matiz despectivo a través do sufixo prerromano -ouzo (-ouço), derivado do latín vulgar -uc(c)eus e formado sobre -uccus/-iccus[15], aínda que Edelmiro Bascuas pensa que vén de -aceu, variante do sufixo prerromano abundancial -auko[16]. Analizando os diferentes artigos de González sobre a toponimia no norte de Galicia, atopamos este termo nos concellos de Barreiros (Os Pedrouzos, microtopónimo en Benquerencia)[17], Cervo (O Pedrouzo, microtopónimo en Vilaestrofe)[18], Foz (Os Pedrouzos, microtopónimo en San Martiño de Mondoñedo)[19], Ribadeo (Pedrouzos, microtopónimo en Couxela)[20], O Valadouro (Pedrouzos e un microtopónimo idéntico en Santa Cruz do Valadouro)[15] e Viveiro (Pedrouzos e Pedrouzos)[16]. López Boullón chega á mesma conclusión con respecto aos do concello de Ames, resaltando que o topónimo xa vén recollido no Tombo de Toxos Outos, tanto nesta variante que acaba en -ouzo coma na que latiniza o sufixo (Pedroso). Incluso na Idade Moderna emprégase a grafía Pedrouço[21], hoxe propia do portugués.
 
Á dereita, suba ao Monte de Arca desde o CSC Luís Seoane

A toponimia da contorna do Pedrouzo, e particularmente a microtoponimia, é dicir, as denominacións dos espazos que non son de habitación, como por exemplo fontes, regos, labradíos, espazos arborados etc., son relevantes no tocante á correcta interpretación da súa etimoloxía. Da análise conxunta de ferramentas como a Cartografía Catastral de España, o Proxecto Toponimia de Galicia e dos mapas do Centro Nacional de Información Geográfica de España, vese, en primeiro lugar, que o topónimo orixinal do Pedrouzo coincide aproximadamente coa situación da actual casa do concello, comezando nese lugar unha pendente cara ao nordés que recibe o nome do Monte de Arca e acada os 301 metros de altitude. Esta cima está rodeada por varios microtopónimos que conteñen o termo chousa[22], especialmente na cara norte, e un que coincide co termo O Calvario, que probablemente fai referencia ao tramo de calzada en suba que vindo do Burgo vai cara a Reboredo subindo até o devandito O Monte de Arca. Por outra banda, desde O Pedrouzo baixa o terreo ao oeste cara ao val do rego do Burgo e ao sur cara á Igrexa, cuxo topónimo principal (Arca) pode significar lugar de unión ou que está xunto a outro[23], é dicir, A Igrexa sería un espazo que uniría as costas que van cara ao Monte de Arca cos vales dos regos do Burgo e de Xeimar. Polo tanto, O Pedrouzo atoparíase nun terreo de pendente (petar-) que explicaría o topónimo, tal como suxire Mateo Sanz.

Patrimonio natural

editar
 
Sobreiras que dan nome á rúa das Corticeiras

Aínda que no Pedrouzo existen pequenos espazos que albergan árbores de certo porte e relevo, como os que se atopan no xardín privado do número 6 da avenida de Santiago, os carballos da rúa das Corticeiras ou as palmeiras e o topiario do número 7 da rúa de Forcarei, son as chamadas Corticeiras de Arca[24] o elemento vexetal de maior importancia dentro deste núcleo urbano.

As Corticeiras de Arca encóntranse no principio da avenida da Igrexa, facendo esquina coa rúa das Corticeiras, á que dan nome, nunha encosta que baixa cara ao casarío da Igrexa e a une ao Pedrouzo. Son tres sobreiras duns dous metros e medio de diámetro cada unha, especie que nesta área se chama corticeira[25], posto que desta árbore se extrae a cortiza, que tantos usos ten, como nas industrias de illantes térmicos e sonoros, a de fabricación de colmeas, a do calzado e a de confección de tapóns para as botellas de vidro. Do seu nome científico, quercus suber, ven a etimoloxía do seu nome en galego: *SUBER + -ARIA. O termo suber en latín significa, precisamente, cortiza[26]. Con moita probabilidade as Corticeiras de Arca ten sido aproveitadas no pasado pola propia veciñanza do Pedrouzo, extraendo a cortiza.

Outras árbores que se poden atopar na contorna son cedros novos, piñeiros e amieiros nas inmediacións e beiras do rego do Burgo, ou plantacións de eucaliptos, especialmente no norte da poboación, en dirección a Pazos e O Lameiro.

Patrimonio humano e obra civil

editar

A Casa do Concello

editar
 
Antiga casa familiar de Luís Seoane, actual oficina de Correos
 
CPI Camiño de Santiago

Tras estar establecida, primeiro, en San Vicenzo do Pino no século XIX e, máis tarde, ser trasladada a Santa Irene, nun edificio que hoxe é o Albergue público, a Casa do Concello do Pino foi levada ao Pedrouzo. Ocupou primeiro un humilde edificio que pertenceu aos pais de Luís Seoane[27], quen viviu nela. Hoxe en día é oficina de Correos e oficina de información turística no verán[28]. É a partir deste momento cando a localidade comezou a experimentar un crecemento paulatino.

Posteriormente, en 1978, trasladouse a un novo edificio que se atopa no centro da vila[29], cuxo proceso de adxudicación deu comezo a finais de 1976[30]. Esta construción segue as liñas do chamado estilo internacional, moi de moda nos anos 70. Inaugurouse o 27 de xaneiro do devandito ano de 1978, segundo indica a placa que se encontra á entrada.

O edificio conta na súa fronte cun espazo axardinado. Neste xardín encóntrase un monumento en metal erixido en 2017 dedicado á Festa do galo piñeiro, que se celebra anualmente nesta poboación. É obra do escultor Cándido Pazos[31]. Ademais, neste mesmo espazo álzase tamén un cruceiro de feitura moderna, erixido no ano 2005. O fuste ten forma de pirámide truncada e está coroada por unha cruz de Santiago, tendo esculpidas diferentes inscricións en cada lado.

CPI Camiño de Santiago

editar
Artigo principal: CPI Camiño de Santiago.

O edificio comezou a construírse en 1975 e foi inaugurado pouco tempo despois. En 1999 sufriu unha importante reforma e en 2020 cursaban estudos nel alumnos de educación infantil, educación primaria e educación secundaria.

Campo de Fútbol de Reboredo

editar
 
Exterior do campo de fútbol de Reboredo

Tamén coñecido como Campo de Fútbol Municipal de Arca, é un campo de céspede artificial con chanzos cubertos que, debido ao seu mellor estado de conservación en comparación ao do Lameiro, adoita ser o empregado pola Sociedade Deportiva O Pino para disputar os seus partidos de fútbol, que en 2020 militaba no grupo 2º de Primeira Galicia[32]. Encóntrase ao carón do CPI Camiño de Santiago e desde o 2010 conta con céspede artificial[33][34]. En 2020 foi aprobada unha partida pola Deputación da Coruña para reformar diversos aspectos do campo, como os vestiarios, que se atopaban en mal estado[35].

Neste campo teñen adestrado seccións da Selección Nacional Galega[36].

Segundo un informe da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, o Camiño de Santiago ao seu paso polo Pedrouzo mantén vestixios históricos neste campo de fútbol[37].

Pavillón municipal de Reboredo

editar
 
Exterior do Pavillón de Reboredo

Tamén chamado Pavillón municipal de O Pino, xa que ata o 2012 só existía este, engadíndoselle entón o de Lameiro. Estas instalacións están preparadas para a práctica de fútbol sala, ximnasia, voleibol, baloncesto e balonmán[38]. Ao seu carón, o CPI Camiño de Santiago dispón dun pequeno pavillón de deportes para o alumnado no que, do mesmo xeito, tamén se practica o fútbol sala, baloncesto e balonmán. O Camiño francés a Santiago pasa mesmo ao lado das partes norte e leste deste edificio.

As condicións de conservación deste polideportivo ten levantado en diversos momentos críticas[39], polo que en 2017 se fixeron unhas obras de substitución das súas cubertas por un importe de máis de 68 mil euros[40][41], de acordo a un convenio entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o propio Concello asinado en xuño deste ano[42]. Por outra banda, nese mesmo ano, dotóuselle dun sistema de calefacción[43], despois das reclamacións do CPI de contar cun ximnasio propio[44]. Porén, segue a ter unha peor fama que o centro deportivo de Lameiro, debido á súa frialdade e ao anticuado de parte das instalacións[45].

Neste pavillón ten adestrado algunhas das Seleccións Galegas de Fútbol Sala[46], e así mesmo xogan equipos de fútbol sala locais[47].

En diversas edicións da Carreira Pedestre Popular do Concello do Pino tense empregado estas instalacións como punto de duchas para os participantes, como na X Carreira[48] ou na XIV Carreira[49]. Tamén deuse o mesmo servizo no III Medio Maratón O Gran Camiño, celebrado o 6 de xullo de 2019[50].

Este espazo adoitábase empregar como albergue para acoller en momentos de grande afluencia aos peregrinos do Camiño de Santiago, como en xullo de 2010, podendo chegar a aloxar ata 300 persoas[51]. Todo isto propiciou tanto a construción en 2010 do novo Pavillón municipal de Lameiro[52] como en 2012 do Albergue Público de Arca.

CSC Luís Seoane

editar
 
CSC Luís Seoane, na rúa do Peregrino

Tamén coñecida como Casa de Cultura de Arca, este edificio comezou o seu deseño en 1997 dentro do Plan 2000, sendo financiado pola Deputación da Coruña[53]. A obra foi rematada no 2007[54] despois dun longo proceso construtivo[55], sendo asumida a súa xerencia directamente polo Concello[56]. Atópase entre o Pavillón municipal de Reboredo e o Centro médico de Arca, que á súa vez foi construído entre 2005 e 2007 cunha superficie de 1.200 m²[57][58].

O 27 de marzo de 2008 o Concello do Pino por unanimidade decidiu nomear fillo predilecto a Luís Seoane, atendendo ao feito de que boa parte da súa xuventude viviu no Pedrouzo e a que na súa obra escrita e gráfica son recorrentes as referencias a esta terra, especialmente á parroquia de Arca[59]. Asemade, nun acto celebrado o 31 de maio do mesmo ano que contou coa presenza de Víctor Freixanes, Isaac Díaz Pardo e Xosé Neira Vilas, rebautizouse a nova Casa de Cultura como Centro Sociocultural Luís Seoane[60][61].

O centro acolle nas súas dependencias un espazo para exposicións temporais máis desde 2017 unha permanente dedicada ao empresario e político republicano Jesús Canabal[62]. Ademais contén as oficinas de Cultura do Concello, unha oficina de información turística, dependencias auxiliares para clases e seminarios, un auditorio con capacidade para 240 espectadores sentados, unha cafetería e, desde 2008, a Biblioteca municipal do Pino[63][64], que ata ese momento estaba nunhas dependencias da Casa do Concello.

Albergue Público de Arca

editar
 
Albergue Público de Arca

Ao comezo do Pedrouzo, seguindo o Camiño de Santiago desde Arzúa, ao carón da N-547, atópase o Albergue Público de Arca ou Albergue do Peregrino, destinado ao aloxamento de peregrinos. Foi construído orixinalmente en 1993[65] cunha capacidade de 80 prazas e 5 cortes para cabalos[66]. O incremento de usuarios da Ruta Xacobea e o conseguinte colapso dos albergues[67], fixeron necesario aumentar as dotacións e capacidades de moitos deles. Antes do Xacobeo 2004 foi ampliado, contando desde entón de tres pisos e unha superficie de 966 m²[68], así como 126 prazas[69], quedando as cortes para bestas inutilizadas. Tras outras pequenas reformas, foi reinaugurado en 2012[70].

Escola municipal de música

editar
 
Escola municipal de música e GDR

Unha vella aspiración da Banda de Arca era contar cun espazo propio moderno e axeitado onde poder ensaiar. En xaneiro de 2010 anunciouse a construción dun edificio que sería destinado a ser a Escola municipal de música cun orzamento de case 114 mil euros[71], derrubando para iso o antigo centro de saúde, que fora trasladado anos atrás a unhas novas dependencias no barrio de Reboredo. O centro foi inaugurado o 28 de marzo de 2011[72][73], situado á entrada do Pedrouzo, na avenida de Lugo, a poucos metros da oficina de Correos e antiga Casa do Concello. Destaca polo seu deseño contemporáneo e a cor negra das súas paredes exteriores. Está construído sobre unha superficie de 162,43 m² e dispón de cinco aulas de música, un salón polivalente e despachos administrativos nunha parte do edificio, mentres que outro contén salas de reunións e despachos de usos múltiples[74].

 
Hórreo mixto na avenida de Lugo

No seu interior ocupan un espazo de oficinas o Grupo de Desenvolvemento Rural Ulla-Tambre-Mandeo, asociación sen ánimo de lucro fundada no 2008, herdeira do Programa Leader Portodemouros, que «ten como obxectivo fundamental promover o desenvolvemento do territorio, actualmente formado polos concellos de Arzúa, Boimorto, Melide, O Pino, Santiso, Sobrado, Touro, Toques e Vilasantar»[75].

Outras construcións

editar

Dentro da arquitectura popular, pódense encontrar ata catro hórreos. Especialmente destacan un de madeira sobre cepas de cantería que sorprendentemente se asemella a un hórreo de tipo mariñán, outro mixto semellante aos de tipo Noia (ámbolos dous na avenida de Lugo) e un último de tipo Mahía (na rúa das Corticeiras). Tamén existen lavadoiros, como o que está na confluencia da rúa do Picón co rego do Burgo.

Cultura

editar

Luís Seoane

editar
Artigo principal: Luís Seoane.
 
Texto de Luís Seoane gravado nunha parede do CSC Luís Seoane, no Pedrouzo

O escritor, xornalista e pintor galego Luís Seoane, nado en Bos Aires o 1 de xuño de 1910, era fillo de Luis Santiago Seoane Brocos, nado en Oíns, e María López Mosquera, que era de Arca[27].

Ao regresar o matrimonio da emigración desde Arxentina en 1916, a nai recibiu en herdanza unha leira en Arca na que decidiron construír unha casa que pasaría a ser a de residencia. Esta casa semella ser a mesma que décadas despois foi, brevemente, unha das casas consistoriais que ten existido no concello e que hoxe en día é a oficina de Correos. Luís, pola súa banda, comezou a ir ao Instituto de Santiago, polo que só vivía na casa de sábado a luns na mañá e nos meses de verán. Ademais, preto do cemiterio municipal, ao sur do lugar da Igrexa, estaba a chamada Casa de Brey, que era onde vivía a súa avoa e o resto da famila materna, que visitaba a miúdo.

Ao comezar os seus estudos universitarios, a familia mudouse a Santiago, deixando así a casa de Arca. Porén, Seoane mantivo sempre presente a terra piñeira nos seus escritos, como cando di:

Pecho os ollos e vexo Arca. Ao ver Arca cos ollos pechados condúceme a nostalxia. Como podo ver Irlanda se pecho os ollos, para iso bástanme a historia e o son do mar. Podo evocar todo aquilo que vivín ou ouvín e o que coñezo a través doutros. É curioso o que ven por non querer ver algunhas persoas. Eu pecho os ollos e vexo o que quero. Algunha vez crin percibir incluso o cheiro daquel mar ou o daquela aldea.
Luís Seoane, "Pecho os ollos e vexo" (10/08/1978)

Tamén O Pino foi descrito na súa obra gráfica. En merecemento deste compromiso coa súa terra familiar, o Concello do Pino aprobou por unanimidade o 27 de marzo de 2008 nomear a Luís Seoane fillo predilecto[76], procedendo ademais a rebautizar a nova Casa de Cultura como Centro Sociocultural Luís Seoane.

Galería de imaxes

editar

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Arca

editar
Lugares da parroquia de Arca no concello do Pino (Provincia da Coruña)

Astrar | O Burgo | A Igrexa | O Lameiro | O Monte | O Outeiro | Pazos | O Pedrouzo | O Picón | A Rúa | Samil | Santa Irene | Santo Antón | Vilaboa

Parroquias do Pino

editar
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias do Pino

Arca (Santaia) | Budiño (Santa María) | Castrofeito (Santa María) | Cebreiro (San Xiao) | Cerceda (San Miguel) | Ferreiros (San Breixo) | Gonzar (Santa María) | Lardeiros (San Xiao) | Medín (Santo Estevo) | Pastor (San Lourenzo) | Pereira (San Miguel) | O Pino (San Vicenzo) | San Mamede de Ferreiros (San Mamede)

  1. Xunta de Galicia (ed.). "Instituto Galego de Estatística, consulta do nomenclátor" (en galego). Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 26 de abril de 2021. 
  2. 2,0 2,1 Centro Nacional de Información Geográfica, ed. (2014). Mapa Topográfico Nacional de España. MTN25. 95-III (09-14). San Marcos (Mapa) (3ª ed.). 1:25.000. Madrid. 
  3. Real Academia Galega / Xunta de Galicia (ed.). "Estado de recolleita: topónimos por concello. O Pino" (xls). Toponimia de Galicia. Consultado o 4-9-2020. 
  4. Dirección General del Catastro, Secretaría de Estado de Hacienda, Ministerio de Facenda e Administracións Públicas de España (ed.). "Cartografía Catastral. Pedrouzo". Sede Electrónica del Catastro. Consultado o 5-9-2020. 
  5. Boullón Agrelo, Ana Isabel (2011). "O artigo na toponimia galega: aspectos da estandarización". Revista Galega de Filoloxía: 12. ISSN 1576-2661. 
  6. Xunta de Galicia (ed.). "Os orotopónimos". Espazo Abalar. Consultado o 4-9-2020. 
  7. (Mateo Sanz & xullo de 2019, p. 140)
  8. (Mateo Sanz & xullo de 2019, p. 142)
  9. (Mateo Sanz & novembro de 2019, p. 115)
  10. (Mateo Sanz & novembro de 2018, p. 104)
  11. (Mateo Sanz & novembro de 2019, p. 123)
  12. 12,0 12,1 12,2 (Mateo Sanz & xullo de 2020, p. 11)
  13. Universidade de Vigo (ed.). "Pedrouzo". Dicionario de dicionarios. Consultado o 3-9-2020. 
  14. "pedrouço". Priberam (en portugués). Consultado o 3-9-2020. 
  15. 15,0 15,1 González, Xosé (6-7-2013). "Toponimia do Concello de Valadouro". Toponimia do Concello do Valadouro. Consultado o 3-9-2020. 
  16. 16,0 16,1 González, Xosé (3-5-2013). "Apuntes de toponimia do Concello de Viveiro". Toponimia do Concello de viveiro. Consultado o 3-9-2020. 
  17. González, Xosé (8-3-2014). "Apuntes sobre a toponimia de Barreiros". Toponimia do Concello de Barreiros. Consultado o 3-9-2020. 
  18. González, Xosé (28-2-2014). "Estudo da toponimia de Cervo". Toponimia do Concello de Cervo. Consultado o 3-9-2020. 
  19. González, Xosé (23-2-2014). "Estudo da toponimia do Concello de Foz". Toponimia do Concello de Foz. Consultado o 3-9-2020. 
  20. González, Xosé (5-6-2020). "Toponimia de Ribadeo". Toponimia do Concello de Ribadeo. Consultado o 3-9-2020. 
  21. López Boullón, Xosé Ramón. Toponimia de Ames. Real Academia Galega. p. 79. ISBN 978-84-947823-7-4. Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2020. Consultado o 04 de setembro de 2020. 
  22. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para chousa (nótese a segunda acepción).
  23. (Mateo Sanz & xullo de 2018, p. 43)
  24. "Espazos de interes forestal" (pdf). Patrimonio de O Pino. p. 6. Consultado o 1-9-2020. 
  25. "Quercus suber L. Sobreira. Alcornoque". Ríos Galegos. Consultado o 1-9-2020. 
  26. "Mini Atlas xeobotánico de Galicia. Sobreira (quercus suber)". Espazo Abalar. Consultado o 1-9-2020. 
  27. 27,0 27,1 "Persoeiros históricos. Luís Seoane". Web oficial do Concello do Pino. Consultado o 18-8-2020. 
  28. "Casa do Concello - contacto. Historia da casa consistorial". Web oficial do Concello do Pino. 
  29. Lizancos Mora, Plácido; Agrasar Quiroga, Fernando; del Río Surribas, Juan Manuel; Marqués Solla, Carlos (2006). "O Pino. Arquitectura original levantada con los recursos del llamado estilo internacional". Casas consistoriales de Galicia (en castelán). A Coruña: La Voz de Galicia. p. 222. Es éste un original edificio, expresivo de un modo de hacer con escasa implantación en Galicia como fue la de intentar, con los recursos propios del llamado estilo internacional acometer el diseño de edificios públicos en lugar de recurrir para ello a los lenguajes más próximos a la arquitectura doméstica o bien a los tomados de la tradición paciega. Arquitectura llamativa, su expresividad procede de una osada volumetría, hoy algo distorsionada por la superposición de ampliaciones. 
  30. "El Ayuntamiento de El Pino tendrá una nueva Casa Consistorial". El Pueblo Gallego (en castelán) (Vigo). 6-11-1975. p. 17. Consultado o 21-8-2020. 
  31. "O Pino descubrirá una escultura del «galo piñeiro» por su fiesta". La Voz de Galicia (en castelán) (Santiago). 6-8-2017. Consultado o 18-8-2020. 
  32. "O Pino Sociedad Deportiva". siguetuliga.com. Consultado o 17-8-2020. 
  33. "Anuncio de Licitación. Expediente: Arranxo de terreo de xogo de herba artificial no campo de fútbol de Reboredo". acobur (en castelán). 15-2-2010. Consultado o 23-8-2020. 
  34. "El BNG denuncia el mal estado de los campos de fútbol". El Correo Gallego (en castelán) (Santiago de Compostela). 27-8-2010. Consultado o 17-8-2020. 
  35. "A Deputación da Coruña achega 210.000 euros ao Concello do Pino para reformar os vestiarios do campo de fútbol de Reboredo". Noticiario Galego. 29-7-2020. Consultado o 20-8-2020. 
  36. "La selección gallega sub-18 entrena esta tarde en O Pino". La Voz de Galicia (en castelán) (Santiago). 3-11-2015. Consultado o 23-8-2020. 
  37. "Delimitación do trazado e o ámbito vinculado ao Camiño Francés o seu paso por Galicia. Concello de O Pino. Separata n. 11" (pdf). Xunta de Galicia. p. 6. Consultado o 23-8-2020. 
  38. "Enquisa sobre Infraestutura e Equipamentos Locais (EIEL). O Pino (15066). 38.- Tipo de deportes nas instalacións" (PDF). Deputación da Coruña. 2017. Consultado o 23-8-2020. 
  39. "Peregrinos indignados en O Pino". El Correo Gallego (en castelán) (Santiago). 10-8-2010. Consultado o 23-8-2020. 
  40. "A Deputación financia melloras no pavillón municipal de Arca, en O Pino". Lindeiros. O xornal da bisbarra de Compostela. 3-4-2017. Arquivado dende o orixinal o 25-08-2020. Consultado o 23-8-2020. 
  41. "Marta Míguez comproba no concello do Pino (A Coruña) o estado do pavillón municipal tras a substitución da cuberta". Xunta de Galicia. Sala de Comunicación. 24-11-2017. Consultado o 23-8-2020. 
  42. "RESOLUCIÓN de 18 de septiembre de 2017, de la Secretaría General para el Deporte, por la que se da publicidad a los convenios de colaboración suscritos por esta secretaría con las federaciones deportivas gallegas durante el cuatrimestre anterior". Diario Oficial de Galicia (en castelán). 28-9-2017. Consultado o 28-3-2020. 
  43. "Calefacción e tellado para o polideportivo". Faísca. Revista de información municipal (9): 15. 2017. 
  44. "O Psoe de O Pino reclama un ximnasio para o CPI Camiño de Santiago". Lindeiros. O xornal da bisbarra de Compostela (Santiago). 26-11-2016. Arquivado dende o orixinal o 07-09-2020. Consultado o 01-09-2020. 
  45. "El tiro por la culata". Club Baloncesto Ames (en castelán). 12-11-2019. Consultado o 23-8-2020. Una instalación de otra época, fría, en mal estado de conservación, con unos vestuarios sin espacio y más sucio que la mentalidad de un adolescente. Como colofón a esta descripción, significar que la línea de tres puntos estaba a la distancia antigua de 6,25 en lugar de los 6,75 iniciales, cuestión que fue comentada a la pareja arbitral en los prolegómenos del partido. 
  46. "As Seleccións Galegas de Fútbol Sala regresan esta semana ao traballo". Real Federación Galega de Fútbol. 18-11-2019. Consultado o 20-8-2020. 
  47. "Los equipos de Autonómica y Provincial vuelven a jugar tras la Navidad". Comarcal A Fervenza FSF (en castelán). 8-1-2010. Consultado o 23-8-2020. 
  48. "X Carreira Pedestre Popular Concello de O Pino. Regulamento". 2010. p. 5. Arquivado dende o orixinal (pdf) o 25-08-2020. Consultado o 23-8-2020. 
  49. "A XIV Carreira Pedestre Popular de O Pino incluirá unha categoría de Canicross". Lindeiros. O xornal da bisbarra de Compostela. 23-4-2017. Arquivado dende o orixinal o 25-08-2020. Consultado o 23-82020. 
  50. "Información". O Gran Camiño. Media Maratón Arzúa - O Pino. Consultado o 23-8-2020. 
  51. Míguez, María; Varela, Lara (22-7-2010). "Medio millar de peregrinos 'toma' un pueblo a las puertas de Santiago". El Mundo (en castelán) (Madrid). Consultado o 23-8-2020. 
  52. "El Concello buscará subvenciones para habilitar y equipar el pabellón". El Correo Gallego (en castelán) (Santiago). 30-4-2010. Consultado o 23-8-2020. Y es que, precisamente en verano, es cuando más se necesitará esta instalación, ya que son numerosos los grupos de peregrinos que ya han solicitado pernoctar en el pabellón municipal (ubicado al lado del CPI Camiño de Santiago). 
  53. "ANUNCIO de concurso con procedimiento abierto para la contratación del Plan 2000, 2ª fase, anualidad 1998, plurianuales". Diario Oficial de Galicia (en castelán): 2750. 18-3-1998. Consultado o 23-8-2020. 
  54. "Nova Escola Galega. XXIV Asemblea Anual. Compostela, 29 de marzo do 2008" (pdf). Nova Escola Galega. 2008. p. 12. Consultado o 24-8-2020. Recentemente inaugurada, a Casa da Cultura municipal resultaba un lugar idóneo para albergar boa parte das actividades que conforman o programa (...). 
  55. Noguerol, Natalia R. (29-7-2004). "El PSOE denuncia obras sin contrato en la Casa da Cultura de O Pino. La construcción está a punto de concluir. La oposición asegura que el Concello y la empresa no firmaron la adjudicación". La Voz de Galicia (en castelán) (Santiago). Consultado o 24-8-2020. La segunda fase del proyecto de construcción de la Casa de la Cultura de O Pino ya se ha ejecutado, al menos, en un 50% (...). 
  56. "El presupuesto del Concello de O Pino se acerca a los 3 millones". La Voz de Galicia (en castelán) (Santiago). 27-12-2007. Consultado o 24-8-2020. «(...) xa que a única dedicación exclusiva que hai a maiores é a da concelleira delegada de Cultura, que, ademáis das súas funcións, asume a xerencia da Casa da Cultura (...)». 
  57. Rodríguez Noguerol, Natalia (22-6-2005). "El nuevo centro de salud de O Pino abrirá antes de dos años. El Sergas ha anunciado ya la contratación de las obras. Estará situado al lado de la Casa da Cultura de Arca, en un solar de más de 5.000 metros". La Voz de Galicia (en castelán) (Santiago). Consultado o 24-8-2020. 
  58. Concello de O Pino, ed. (2007). "Novo centro médico. Visita oficial ás obras do novo centro médico, situado en Arca e que conta cun investimento de máis de un millón de euros". Faísca. Revista de información municipal (1): 12-13. 
  59. "El Concello de O Pino nombra hijo predilecto del municipio al intelectual Luís Seoane". La Voz de Galicia (en castelán) (Santiago). 28-3-2008. Consultado o 18-8-2020. 
  60. Rodríguez Noguerol, Natalia (1-6-2008). "Luis Seoane recibe o título de fillo predilecto da «súa patria»". La Voz de Galicia (Santiago). Consultado o 24-8-2020. 
  61. "Isaac Díaz Pardo en la Casa de la Cultura del Concello de O Pino – Galicia". Blog de Manuel Losa (en castelán). 5-1-2014. Consultado o 24-8-2020. 
  62. Concello de O Pino, ed. (decembro de 2017). "Exposición permanente de Xesús Canabal". Faísca. Revista de información municipal (9): 29. 
  63. "El Concello de O Pino traslada la biblioteca a la casa da cultura de Arca". El Correo Gallego (en castelán) (Santiago). 4-7-2008. Consultado o 24-8-2020. 
  64. "La biblioteca de O Pino se traslada al centro cultural Luis Seoane". La Voz de Galicia (en castelán) (Santiago). 6-7-2008. Consultado o 24-8-2020. 
  65. "Os albergues do Camiño. Lista dos albergues do Camiño. Camiño Francés". Xacopedia. Consultado o 24-8-2020. 
  66. "Albergues del Camino". Faro de Vigo (en castelán) (Vigo). 25-5-1993 páxina=14. El albergue de Arca dispone de 80 camas y 8 unidades de caballerizas, invirtiendo en su construcción más de 54 millones de pesetas. 
  67. "Colapso en los albergues ante la 'avalancha' de peregrinos". El Correo Gallego (en castelán) (Santiago). 24-7-2009. Consultado o 24-8-2020. 
  68. "Albergues del Camino". El Correo Gallego (en castelán) (Santiago). 17-12-2006. p. 136. 
  69. "Albergue de O Pino". Web oficial de Turismo de Santiago (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 10-08-2020. Consultado o 19-8-2020. 
  70. "Los Albergues: Albergue de Arca do Pino". Eroski consumer. Consultado o 17-9-2020. 
  71. "El Concello de O Pino creará la ansiada escuela de música". El Correo Gallego (en castelán) (Santiago). 29-1-2010. Consultado o 24-8-2020. 
  72. "La escuela de música de O Pino estrena sede este mes". El Correo Gallego (en castelán) (Santiago). 16-3-2011. Consultado o 24-8-2020. 
  73. "La Escuela". Banda de Arca (en castelán). Consultado o 28-8-2020. 
  74. Concello de O Pino, ed. (2012). "A Escola de música de O Pino, en funcionamento dende marzo". Faísca. Revista de información municipal (3): 7. 
  75. "Que é o GDR?". GDR Ulla Tambre Mandeo. Consultado o 25-8-2020. 
  76. "El Concello de O Pino nombra hijo predilecto del municipio al intelectual Luís Seoane". La Voz de Galicia (en castelán) (Santiago). 28-3-2008. Consultado o 18-8-2020. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar