Medín, O Pino

parroquia civil do concello do Pino

Santo Estevo de Medín é unha parroquia que se localiza no norte do concello do Pino. Segundo o IGE en 2013 tiña 214 habitantes (110 homes e 104 mulleres) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 315 habitantes.

Medín
Igrexa de Medín.
ConcelloO Pino[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas42°58′49″N 8°16′24″O / 42.98021278, -8.27320566
Poboación214 hab. (2013)
Entidades de poboación11[1]
editar datos en Wikidata ]

Como parroquia eclesiástica, Santo Estevo de Medín pertence ao arciprestado de Ferreiros, aínda que, ata a reordenación decretada polo arcebispo Julián Barrio en decembro de 2009[2], pertenceu ao desaparecido arciprestado de Benvexo. Historicamente, a liñaxe dos Rey posuían o padroado da parroquia de Medín, é dicir, tiñan dereito de nomeamento do cura da devandita igrexa[3], que é o motivo polo que tantos destes curas foron membros da familia[4].

Nesta parroquia existiron dous pazos, moi próximos entre si, o de Medín, que foi couto secular con xurisdición ordinaria, e o de Portouteiro.

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Medín

editar
Lugares da parroquia de Medín no concello do Pino (Provincia da Coruña)

O Barral | Cabaleiros | Cerdeira | Cimadevila | O Couto Pequeno | Gradamil | Lardeiros de Medín | O Porto Outeiro | Setas | Sobrado | A Torre

Parroquias do Pino

editar
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias do Pino

Arca (Santaia) | Budiño (Santa María) | Castrofeito (Santa María) | Cebreiro (San Xiao) | Cerceda (San Miguel) | Ferreiros (San Breixo) | Gonzar (Santa María) | Lardeiros (San Xiao) | Medín (Santo Estevo) | Pastor (San Lourenzo) | Pereira (San Miguel) | O Pino (San Vicenzo) | San Mamede de Ferreiros (San Mamede)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar