Cebreiro, O Pino

parroquia civil do concello do Pino

San Xiao de Cebreiro[1] é unha parroquia do concello coruñés do Pino. Segundo o IGE en 2018 tiña 214 habitantes (104 homes e 110 mulleres), o que supón unha diminución respecto do ano 1999 cando tiña 281 habitantes.

Cebreiro
Igrexa de San Xiao de Cebreiro.
ConcelloO Pino[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas42°53′23″N 8°18′33″O / 42.8898, -8.3093
Poboación214 hab. (2018)
Entidades de poboación9[1]
editar datos en Wikidata ]

O seu topónimo procede do latín CEBRARIUM, "lugar onde hai moitos asnos bravos", tamén chamados onagros e "cebros" <(e)quos feros + o sufixo abundancial -arium>[2]

Patrimonio

editar

Nela está unha carballeira onde se celebraba a feira do Vinte. Na actualidade aínda se pode ir comer o polbo o día 20 de cada mes. Nesta carballeira hai restos da antiga aldea e da capela de San Sadurniño. Foi unha das localizacións escollidas para a rodaxe da película Divinas palabras, na que participaron como extras moitos dos veciños da parroquia.

Galería de imaxes

editar

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Cebreiro

editar
Lugares da parroquia de Cebreiro no concello do Pino (A Coruña)

Angumil | A Carboeira | O Casal | O Castelo | A Feira | A Modorra | O Pazo | Quintás | San Sadurniño

Parroquias do Pino

editar
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias do Pino

Arca (Santaia) | Budiño (Santa María) | Castrofeito (Santa María) | Cebreiro (San Xiao) | Cerceda (San Miguel) | Ferreiros (San Breixo) | Gonzar (Santa María) | Lardeiros (San Xiao) | Medín (Santo Estevo) | Pastor (San Lourenzo) | Pereira (San Miguel) | O Pino (San Vicenzo) | San Mamede de Ferreiros (San Mamede)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar