Arca, O Pino
Santaia de Arca[1] é unha parroquia do concello coruñés do Pino. Ten unha superficie de 15,85 km². Segundo o IGE en 2019 tiña 1.275 habitantes (632 homes e 643 mulleres) distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 820 habitantes.
Arca | |
---|---|
Igrexa de Santaia de Arca. | |
Concello | O Pino[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°54′N 8°21′O / 42.9, -8.35 |
Área | 15,85 km² |
Poboación | 1.275 hab. (2019) |
Densidade | 80,44 hab./km² |
Entidades de poboación | 15[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Etimoloxía
editarSegundo Mateo Sanz, o topónimo Arca ven do termo prerromano arka, que pode significar lugar que une ou lugar que está xunto a outro[5]. Isto pódese explicar sinalando que o lugar da Igrexa (Santaia de Arca), sería un espazo que uniría as costas que van cara ao Monte de Arca (O Pedrouzo) cos vales dos regos do Burgo e de Xeimar, é dicir, un espazo intermedio entre eles.
Patrimonio
editarA igrexa parroquial de Santaia, baixo a advocación de Baia de Mérida, foi matriz da de San Vicenzo do Pino, estando o seu cura a mediados do século XIX baixo o padroado da familia compostelá dos Peña.[6]
Cultura
editarDesta parroquia era a nai do pintor e escritor Luís Seoane, María López Mosquera[7], quen herdou nesta parroquia unhas terras onde co seu marido construíu unha casa onde residirían varios anos antes de se trasladar a Santiago de Compostela. Tras ser durante un tempo a casa do concello do Pino, hoxe en día é a oficina de Correos[8].
Lugares e parroquias
editarLugares de Arca
editarLugares da parroquia de Arca no concello do Pino (Provincia da Coruña) | |
---|---|
Astrar | O Burgo | A Igrexa | O Lameiro | O Monte | O Outeiro | Pazos | O Pedrouzo | O Picón | A Rúa | Samil | Santa Irene | Santo Antón | Vilaboa |
Parroquias do Pino
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ Real Academia Galega / Xunta de Galicia (ed.). "Estado de recolleita: topónimos por concello. O Pino" (xls). Toponimia de Galicia. Consultado o 4-9-2020.
- ↑ Dirección General del Catastro, Secretaría de Estado de Hacienda, Ministerio de Facenda e Administracións Públicas de España (ed.). "Cartografía Catastral. Pedrouzo". Sede Electrónica del Catastro. Consultado o 5-9-2020.
- ↑ Centro Nacional de Información Geográfica, ed. (2014). Mapa Topográfico Nacional de España. MTN25. 95-III (09-14). San Marcos (Mapa) (3ª ed.). 1:25.000. Madrid.
- ↑ Mateo Sanz, Gonzalo (xullo de 2018). "La naturaleza en la toponimia española (II))". Flora Montibérica (en castelán) (71): 43. ISSN 1138-5952.
- ↑ Madoz, Pascual (1845). "ARCA". Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar (en castelán) I. Madrid. p. 56.
- ↑ "Persoeiros históricos. Luís Seoane". Web oficial do Concello do Pino. Consultado o 18-8-2020.
- ↑ "Casa do Concello - contacto. Historia da casa consistorial". Web oficial do Concello do Pino.