O Lameiro, Arca, O Pino

lugar da parroquia de Arca no concello do Pino

O Lameiro é un lugar da parroquia de Arca no concello coruñés do Pino, na comarca de Arzúa. Debido a súa localización con respecto ao principal núcleo de poboación do concello, apenas a un quilómetro da casa do concello do Pino, no Pedrouzo, e a proximidade a outros lugares como O Monte, Reboredo (onde hai un bo feixe de instalacións municipais), Pazos, Vilaboa e O Burgo, tense desenvolvido un polo de instalacións municipais nos seus arredores.

O Lameiro

O Lameiro desde o campo de fútbol de Lameiro
ParroquiaArca
ConcelloO Pino
Coordenadas42°54′57″N 8°21′46″O / 42.915833333333, -8.3628055555556Coordenadas: 42°54′57″N 8°21′46″O / 42.915833333333, -8.3628055555556
editar datos en Wikidata ]

Instalacións e infraestruturas editar

Campo de fútbol de Lameiro editar

 
Campo de fútbol de Lameiro

Neste lugar atópase un dos dous campos de fútbol no que se adestra o equipo Sociedade Deportiva O Pino, que en 2020 militaba no grupo 2º de Primeira Galicia[1]. Este campo é o máis antigo dos dous, sendo o outro o campo de fútbol de Reboredo. Ten o céspede de herba[2]. deseñado en 1997 polo equipo de arquitectos de Mario di Felice Vázquez e Alberto Corral Corral, dentro do Concurso de ideas para Campos de Fútbol. Plan 2000, sendo rematado en 2001[3]. O seu deseño baseouse no desexo de que, incluso os asistentes á parte superior dos chanzos, tivesen a sensación de ver o partido case á mesma altura que o propio xogador. Está construída con grandes lousas de formigón, mesturadas con lixeiras estruturas metálicas para a cuberta, cos chanzos e outros complementos en madeira, e cristal vidrado para dar luz aos vestiarios baixo os chanzos. O deseño foi premiado pola Deputación da Coruña co primeiro premio do Concurso do Plan 2000[4].

En 2013 sufriu un roubo de todo o seu cableado e a súa fontanería, o que o deteriorou dun xeito importante[5]. O seu estado no 2020 motivou as queixas da oposición no Concello do Pino[6][7].

Piscina municipal de Lameiro editar

 
Instalacións da piscina de Lameiro

En setembro de 1997 co apoio financeiro da Deputación da Coruña, inaugurouse o complexo de piscinas municipais do concello, que levan o nome deste lugar. Asistiron ao acto o presidente da Deputación, Augusto César Lendoiro e o alcalde do concello, Manuel Taboada Vigo. As piscinas están ao ar libre e son dúas, unha para adultos e outra para nenos. A primeira ten uns 300 m² cun longo duns 20 m, mentres que a segunda ten forma de ril e uns 40 m² de superficie. Dispón dos servizos propios dunha piscina pública, así como un bar de xestión privada.

Ao seu carón construíuse tamén unha área recreativa, con merendeiros cubertos, que conta cun parque infantil e un pequeno campo de fútbol.

Pavillón municipal de Lameiro editar

 
Frontal do Pavillón municipal de Lameiro

Tamén chamado Pista Polideportiva de Lameiro, é un centro deportivo que foi construído en 2010[8] e inaugurado en decembro de 2012 polo presidente da Deputación da Coruña, que foi a principal entidade financeira, Diego Calvo Pouso, e o alcalde do Pino, Manuel Taboada. Ten unha capacidade para 300 espectadores[9]. Veu completar a oferta deportiva no Pedrouzo, que xa contaba con outro pavillón en Reboredo, algo máis preto do centro da capital municipal e integrado no CPI Camiño de Santiago.

Estas instalacións están preparadas para a práctica de fútbol sala, baloncesto e balonmán[10]. Aquí adestran e xogan os equipos de futsal do concello. Neste pavillón algúns combinados nacionais ten realizadas concentracións para a preparación de campionatos, como a Selección Nacional de Futsal de Guatemala para o Premundial de Costa Rica 2016[11][12] ou a Selección Galega de Futsal para o Campionato de España de seleccións autonómicas da RFEF 2019[13][14].

Ao igual que sucedese antes co Pavillón municipal de Reboredo, este espazo tense usado eventualmente como albergue de peregrinos en momentos de grande afluencia.

Galería de imaxes editar

Lugares e parroquias editar

Lugares de Arca editar

Lugares da parroquia de Arca no concello do Pino (Provincia da Coruña)

Astrar | O Burgo | A Igrexa | O Lameiro | O Monte | O Outeiro | Pazos | O Pedrouzo | O Picón | A Rúa | Samil | Santa Irene | Santo Antón | Vilaboa

Parroquias do Pino editar

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias do Pino

Arca (Santaia) | Budiño (Santa María) | Castrofeito (Santa María) | Cebreiro (San Xiao) | Cerceda (San Miguel) | Ferreiros (San Breixo) | Gonzar (Santa María) | Lardeiros (San Xiao) | Medín (Santo Estevo) | Pastor (San Lourenzo) | Pereira (San Miguel) | O Pino (San Vicenzo) | San Mamede de Ferreiros (San Mamede)

Notas editar

  1. "O Pino Sociedad Deportiva". siguetuliga.com. Consultado o 17-8-2020. 
  2. "El BNG denuncia el mal estado de los campos de fútbol". El Correo Gallego (en castelán) (Santiago de Compostela). 27-8-2010. Consultado o 17-8-2020. 
  3. Santalla, Luis (14-2-2013). "Campo de fútbol de O Pino". Arquitectura de Galicia (en castelán). Consultado o 23-8-2020. 
  4. "Campo de Futbol en O Pino". Alberto Corral Arquitecto (en castelán). Consultado o 20-8-2020. 
  5. "Rouban o cableado do campo de fútbol de O Pino". El Correo Gallego (Santiago). 1-4-2013. Consultado o 23-8-2020. 
  6. "O PSOE do Pino critica o lamentable estado do Campo de Fútbol do Lameiro". PSOE-O Pino. 21-2-2020. Consultado o 23-8-2020. 
  7. "Denuncian o abandono do Campo de fútbol do Lameiro en O Pino". Lindeiros. O xornal da bisbarra de Compostela. 27-2-2020. Arquivado dende o orixinal o 25-08-2020. Consultado o 23-8-2020. 
  8. "El Concello buscará subvenciones para habilitar y equipar el pabellón". El Correo Gallego (en castelán) (Santiago). 30-4-2010. Consultado o 23-8-2020. El nuevo polideportivo de Arca (O Pino) tendrá que esperar para abrir sus puertas al menos unos tres meses. Según indicó a este diario el alcalde, el popular Manuel Taboada, las obras correspondientes al Plan Estatal 2009 "xa finalizaron, pero aínda está pendente a urbanización do entorno do pabellón". Y es que los trabajos financiados a través del Fondo Estatal sólo llegaron para completar la estructura de un inmueble, que cuenta con una superficie de más de 2.000 metros cuadrados. Uno de los últimos retoques que queda en el interior de este edificio, que se destinará, principalmente, a actividades deportivas municipales, será "a habilitación dun piso de madeira", según explicó el regidor de O Pino. 
  9. "Pabellones, situación". Torneo de Futsal Base Concello de O Pino (blog) (en castelán). abril 2014. Consultado o 23-8-2020. 
  10. "Enquisa sobre Infraestutura e Equipamentos Locais (EIEL). O Pino (15066). 38.- Tipo de deportes nas instalacións" (PDF). Deputación da Coruña. 2017. Consultado o 23-8-2020. 
  11. Mendoza, Norvin (4-4-2016). "Selección de futsal deja buena impresión en primer juego de fogueo". Prensa Libre (en castelán) (Guatemala). Consultado o 23-8-2020. 
  12. LNFS (5-4-2016). "Guatemala y Santiago Futsal empatan (4-4) en un amistoso en O Pino". Eurosport (en castelán). Consultado o 23-8-2020. 
  13. "Amplia presencia de la Escuela en los entrenamientos de las selecciones gallegas". O Parrulo FS. 12-11-2019. Consultado o 23-8-2020. 
  14. "A sub 16 masculina de fútbol sala traballa pensando en Estremadura". Real Federación Galega de Fútbol. 28-10-2019. Consultado o 23-8-2020.