Diego Calvo

político galego

Diego Calvo Pouso, nado en San Sadurniño o 24 de abril de 1975, é un político galego do PPdeG.

Diego Calvo
Nacemento24 de abril de 1975
Lugar de nacementoSan Sadurniño
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
Na rede
Twitter: DiegoCalvoPouso Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Papeleta das Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024.

Traxectoria editar

Licenciado en Económicas, especialidade de Facenda Pública e Sistema Fiscal. Foi presidente de Novas Xeracións. Foi deputado autonómico dende febreiro de 2003. En 2009 foi nomeado delegado da Xunta para a provincia da Coruña[1]. Nas eleccións municipais de 2011 resultou elixido concelleiro en Ferrol grazas ó cal foi nomeado deputado provincial e accedeu á presidencia da Deputación da Coruña o 12 de xullo de 2011.

Nas eleccións municipais de 2015 foi elixido de novo concelleiro en Ferrol, como número dous da lista do PP[2], e deixou a presidencia da Deputación tralo pacto acadado entre PSdeG-PSOE e o BNG, pasando a ser voceiro do PP na oposición[3].

É Secretario provincial do PPdeG da Coruña e Vicesecretario do PPdeG. É vicepresidente do Parlamento de Galicia dende setembro de 2016.

En 2022, cando Alberto Núñez Feijóo chegou á presidencia do Partido Popular de España, situou a Diego Calvo como responsable do Comité Electoral da formación.[4] E en maio dese ano, logo de asumir como Presidente da Xunta, Alfonso Rueda, nomeouno Conselleiro de Presidencia e vicepresidente segundo da Xunta de Galicia.[5]

Nas eleccións ao Parlamento galego de 2024, saíu elixido deputado pola Coruña.[6]

Notas editar

  1. El ferrolano Diego Calvo será el delegado de la Xunta para la provincia
  2. Diego Calvo, número dos de la candidatura de Rey Varela a la Alcaldía de Ferrol, www.laopinioncoruna.es, 16/04/2015 (en castelán)
  3. «Si no quieren las diputaciones, ¿por qué se pelean por presidirlas?», www.lavozdegalicia.es, 14/07/2015 (en castelán)
  4. COPE (2022-04-01). "Núñez Feijóo sitúa a Diego Calvo al frente del Comité Electoral del PP". COPE (en castelán). Consultado o 2022-05-21. 
  5. Diario, Nós (2022-05-15). "Diego Calvo entra no Executivo de Alfonso Rueda como vicepresidente segundo". Nós Diario. Consultado o 2022-05-21. 
  6. Cedrón, María; García Calvo, Lorena (19 de febreiro de 2024). "Este es el nuevo Parlamento de Galicia, diputado a diputado". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2024. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar

Predecesor:
Salvador Fernández Moreda
  
Presidente da Deputación da Coruña
 
20112015
Sucesor:
Valentín González Formoso