Ángeles Vázquez Mejuto
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
María Ángeles Vázquez Mejuto, nada en Melide o 3 de abril de 1972[1], é unha política galega do PPdeG. Dende 2018 é a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.
Ángeles Vázquez Mejuto | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 3 de abril de 1972 |
Melide | |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | política |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela na especialidade de Xeografía Aplicada. É profesora e técnica en información e cultura. Traballou na radio municipal de Melide.
Nas eleccións municipais de 2003 presentouse na candidatura do PPdeG en Melide e foi elixida concelleira. Foi deputada provincial. En 2004 foi elixida alcaldesa de Melide logo da dimisión do alcalde Miguel Pampín Rúa para centrarse no Senado. Nas eleccións xerais de 2008 foi candidata a deputada polo PPdeG pola provincia da Coruña, chegando a deputada en 2010 substituíndo a Gerardo Conde Roa[2]. Nas municipais de 2011 encabezou a candidatura do PPdeG a alcaldía de Melide e foi elixida alcaldesa con maioría absoluta. Nas municipais de 2015 volveu ser elixida alcaldesa con maioría absoluta.
En outubro de 2015 foi nomeada Conselleira de Medio Rural[3]. Foi elixida deputada nas eleccións ao Parlamento de Galicia 2016. En xaneiro de 2017 renunciou ao seu cargo de deputada no Parlamento de Galicia[4].
Predecesor: Miguel Pampín Rúa |
Alcaldesa de Melide 2004 - 2007 |
Sucesor: María Socorro Cea Vázquez |
Predecesor: María Socorro Cea Vázquez |
Alcaldesa de Melide 2011 - 2015 |
Sucesor: Dalia García Couso |
Predecesor: Rosa Quintana |
Conselleira de Medio Rural 2015 - 2018 |
Sucesor: José González Vázquez |
Predecesor: Beatriz Mato |
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda 2018 - |
Sucesor: − |
NotasEditar
- ↑ "La biografía de la Conselleira de Medio Rural en la Xunta tiene más "trampas" que el máster de Cifuentes, Casado y los lobos de O Caurel. - Xornal Galicia". www.xornalgalicia.com. Consultado o 26 de febreiro de 2019.
- ↑ "A melidense Ángeles Vázquez substituirá no Congreso ao popular Conde Roa", artigo en El Progreso, 8 de setembro de 2010.
- ↑ Núñez Feijoo destitúe a Rocío Mosquera nunha ampla reestruturación do seu Goberno, artigo en Praza Pública, 4 de outubro de 2015.
- ↑ AMP.- Renuncian á súa acta de deputado os conselleiros de Facenda, Infraestruturas, Cultura, Sanidade e Medio Rural
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ángeles Vázquez Mejuto |
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
- Ficha no congreso dos Deputados
- "Deixarei o Congreso en xullo para dedicarme a Melide en exclusiva", entrevista en El Progreso, 19 de xuño de 2011.